En Marea revela que Fomento autorizou a liña de Angrois nunha hora e o cargo que o fixo di que a revisara antes
Un responsable de verificar por parte do ministerio que o AVE Ourense-Santiago cumpría a normativa non é quen de detallar no Congreso que informes entregou Adif para certificar a súa seguridade
Feijóo retruca con prazas de gardería a preguntas sobre igualdade ás portas do 25-N
En Marea e BNG piden maior compromiso da Xunta e o presidente asegura que “non hai ningún goberno máis progresista coas mulleres e a conciliación laboral que este”
Un morto, condena laboral, dano ambiental e anos de demora nun treito do AVE galego investigado no caso Púnica
Un manuscrito do ex-conselleiro de OHL pon o foco en como o contrato máis caro da liña foi adxudicado a unha unión de empresas na que participa a construtora Vimac, da familia Contreras, que segundo os papeis de Bárcenas fixo pagos ao PP
Un cargo de Fomento desmente o argumento oficial de que unha norma obrigaba a desprotexer a curva de Angrois
É o segundo responsable do Centro de Experimentación (Cedex) do ministerio que rexeita as explicacións de Adif de por que se deixou toda a responsabilidade de frear ao maquinista
Vigo non terá rematada a súa estación de tren ata 2021, dez anos despois de tirar a anterior
CON VÍDEO | Este venres comezaron as obras, cun prazo de 30 meses, do complexo comercial sobre as vías soterradas xa en servizo en Urzáiz
A Comisión Europea revisa desde xullo un informe sobre se España cumpre a normativa de seguridade ferroviaria
“Os servizos da Comisión están examinando o informe en profundidade e aínda non poden facer ningún comentario”, é a resposta sobre un documento que para as vítimas de Angrois podería ser revelador de novas eivas
Feijóo reivindica a “honorabilidade” de Fraga tras declarar Crespo que no PPdeG había diñeiro negro
O presidente rexeita responder á acusación de “cinismo” que lle lanzou o líder do PSdeG e felicítao de xeito irónico pola súa “habilidade” para ser xa candidato ás autonómicas
Feijóo desvincúlase de que o PP parase as fragatas de Navantia: “De mísiles non falamos nin entendemos”
O presidente di que se houbo algún interese espurio do ex-ministro Morenés a primeira responsabilidade sería do actual Goberno central por non denuncialo
O xefe da seguridade ferroviaria da UE critica que en Angrois "só había unha barreira de protección, o maquinista"
O experto comunitario di que as autoridades españolas “teñen que preguntarse a fondo por que o sistema permitiu estes fallos” e reitera que España debe volver a investigar o sinistro, como vén reclamando Bruxelas
Adif inicia a electrificación do treito de Tui que faltaba para conectar coa mellora portuguesa do tren ao Porto
Portugal contratou o pasado xullo as obras entre Viana e Valença e agora o Goberno central licita a primeira das actuacións necesarias nos oito quilómetros pendentes en terreo galego
As estacións intermodais, campo de batalla cara ás eleccións municipais nas cidades
Coas obras do AVE na recta final, as eleccións locais de dentro de medio ano sitúan no centro do debate político os lugares aos que chegarán eses trens e as reformas urbanas que implicarán
Un informe sitúa o CGAC, o de Belas Artes e o Granell entre os museos con menos transparencia do Estado
A fundación santiaguesa presenta mellores indicadores que os outros dous centros dependentes da Xunta