Feijóo culpa á oposición de "deteriorar" e "incendiar" a sanidade e a xustiza
En Marea, PSdeG e BNG acusan ao presidente de estar mais preocupado polas súas aspiracións en Madrid que por Galicia
Competencia critica que Adif non faga oficial o novo treito do AVE anunciado por Rajoy para 2018
A CNMC censura a Fomento por non facer públicas as súas previsións, como obriga a UE, e di que así “dificilmente as empresas ferroviarias poderán deseñar os seus servizos”, o que supón “incerteza para os usuarios”
Administracións de toda cor amplían concesións a empresas implicadas en casos de corrupción
A lentitude das causas e a presunción de inocencia permiten ás firmas aumentar o negocio, en ocasións por vontade dos gobernos e noutras sen que estes poidan impedilo, ata o punto de que en Compostela a xustiza obrigou a adxudicar o servizo da grúa á empresa central do caso Pokémon
Vítimas de Angrois piden a Ana Pastor que non “engada máis dor” e desbloquee a investigación aprobada hai catro meses
DOCUMENTO | Os afectados volven solicitarlle unha reunión, agora como presidenta da Cámara, despois de darlles plantón o mesmo día en que deixou o Ministerio de Fomento hai ano e medio
Luz verde de Lisboa á asociación de 26 municipios das dúas beiras do Miño
MAPA | Será o quinto gran proxecto de cooperación entre administracións de Galicia e o Norte de Portugal, terceiro baixo a figura dunha Agrupacion Europea de Cooperación Territorial
O xuíz de Angrois imputa outros dous cargos de Adif e devolve o tren sinistrado a Renfe
O instrutor investiga estoutros dous cargos ao considerar que os delitos que atribúe ao principal imputado, xefe de seguridade no momento dos feitos, "poden ser extensivos" ao seus inmediatos subordinados.
A Xunta recomenda "viaxar un pouco máis" aos críticos coa viaxe de Feijóo a Israel
O Goberno galego salienta o contido fundamentalmente económico e minimiza o político da xira do presidente
A Audiencia reabre unha causa penal contra o Concello de Baiona cando era alcalde o conselleiro de Sanidade
O tribunal atende o recurso da Fiscalía e duns veciños afectados polo ruído dunha discoteca que o goberno local non vixiou, feito que podería ser constitutivo de delitos contra o medio ambiente, lesións e prevaricación
A Xunta nomea a ex-conselleira Mosquera directora dunha empresa pública aos dous meses de colocala a dedo
O Goberno galego presentouna como nova directora de Galaria en novembro, pero non convocou a cobertura desa praza ata decembro e aínda agora lla entrega de xeito oficial
A Xunta, condenada a recoñecer toda a antigüidade a un médico ao que contratou e despediu 18 veces
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dá relevancia a que “as funcións e o posto foron os mesmos ao longo de dúas décadas de vinculación laboral”, á marxe das interrupcións que houbo nese tempo
Renfe, que non formou o maquinista para o risco concreto de Angrois, volve ao foco da investigación
A instrución centrárase en Adif, pero o seu director de Seguridade apuntou tamén á operadora, que fora advertida por outro condutor do perigo dun exceso de velocidade como o que ocorreu
A oposición pide a Feijóo que a súa viaxe non avale a política de Israel cara a Palestina
O PP admite que a diplomacia israelí pode “mellorar” pero salienta que é “o único país democrático da súa contorna”