Un informe sitúa o CGAC, o de Belas Artes e o Granell entre os museos con menos transparencia do Estado
A fundación santiaguesa presenta mellores indicadores que os outros dous centros dependentes da Xunta
Un cargo de Adif centra nos imputados da súa empresa e Renfe a responsabilidade “soberana” de desconectar a seguridade do Alvia
“Asumo como propios os erros do sistema”, di quen foi director de Explotación da empresa pública, que xustifica a decisión dos seus compañeiros
Un directivo de Renfe admite que o maquinista non foi formado sobre o risco de Angrois tras a alerta que lanzou un xefe
A empresa dixera que tras esa advertencia formulada un ano e medio antes do sinistro decidiuse “intensificar a formación” dos condutores, pero iso non se fixo co despois accidentado
Nova sentenza contra os chalés do Grove que levan 25 anos pasando por aparthotel en zona protexida: “unha fraude"
O xuíz ratifica a demolición e pon como exemplo de que o construído non é un complexo turístico senón realmente vivendas individuais o feito de que os seus propietarios estean a recorrer por separado ante a xustiza
O Val Miñor recupera a inestabilidade política a medio ano das municipais
O PP perde a maioría absoluta en Baiona ao deixar o grupo unha concelleira e en Gondomar o alcalde do PSOE bota aos seus socios, o que se suma aos gobernos en minoría dos populares en Oia tras unha moción de censura e dos socialistas en Nigrán
A Xunta renova a autorización ambiental a Ence tras ampliarlle a concesión o Goberno de Rajoy ata 2073
O permiso despexa o futuro da factoría xunto á ría malia o rexeitamento social e as promesas reiteradas de trasladala de Feijóo
O alcalde de Barreiros senta no banco dos acusados 12 anos despois de dar licenzas ilegais para 2.966 vivendas
O rexedor será xulgado a partir deste luns por prevaricación porque contaba con informes en contra de outorgar os permisos, xa declarados incorrectos por outras sentenzas e que causaron perdas millonarias aos seus promotores
Anulado 58 anos despois o encoro co que Franco ía asolagar o Courel
O Ministerio para a Transición Ecolóxica declara extinguido o dereito de Iberdrola a construír unha central hidroeléctrica no agora protexido canón do río Lor
Alerta polo aumento de peticións para incapacitar persoas maiores en Galicia
Os expedientes incoados pasaron de 2.600 en 2013 a 3.455 o pasado ano. Boa parte dos adultos incapacitados son tutelados por familiares, pero a Xunta supervisa xa a preto de 3.500 persoas con só 23 traballadores.
Un técnico nega que a desconexión do control de velocidade no Alvia fose porque os seus fallos afectasen á seguridade
O enxeñeiro de Talgo-Bombardier responsable do sistema embarcado nos trens di descoñecer por que Renfe tardou dous anos en volver a activalo unha vez proposto o xeito de reparalo. Na mesma sesión no Congreso un técnico de Adif negou que se aforrase en seguridade no deseño da liña.
Fomento admite que a chuvia deteriora os piares dun viaduto da A-8 por outro erro de deseño
Cinco anos despois da inauguración, e aínda á espera de solucións contra a néboa, o ministerio gastará 113.000 euros nunha canalización non prevista para os “episodios de chuvia”
“Que nada interrompa o pracer de conducir”: A publicidade de Audasa o día en que volve subir as peaxes
A concesionaria da AP-9 aumenta outro 2% as súas taxas promovendo a telepeaxe, pola que xa recibe o 57% dos seus ingresos tras despedir un cento de traballadores na última década