Cristina Losada (C's): do “erro de xuízo” de Feijóo con Dorado ao “pallaso” Beiras
A candidata oficialista de Ciudadanos á Xunta criticaba tras o Prestige o “arraigo en Galicia dunha cultura da subvención, da que xurde unha actitude basicamente pasiva e ruidosamente queixosa”. Segundo dicía, durante o bipartito avanzouse na "erradicación do idioma español" de Galicia.
A Xunta concentrou na Coruña e Pontevedra as inauguracións previas á prohibición polas eleccións
Naval en Ferrol, servizos socio-sanitarios na Coruña, Santiago e Pontevedra, área metropolitana en Vigo ou infraestruturas na Costa da Morte foron obxecto de actos propagandísticos nas dúas semanas previas a que quedasen vetados. Son as provincias con máis escanos e onde máis periga o dominio do PP fronte ás forzas de esquerda.
Feijóo sobe o Pico Sacro para pedir unha “maioría excepcional”
Como Castelao en 1925, o PP peregrina ata o simbólico monte e o presidente di alí que non se presenta ás eleccións por política senón por sentimento.
Os partidos recibirán 1.350 euros máis por escano tras o 25-S que en 2009, un 6,5% máis
Logo de baixar as subvencións electorais un 20% nas autonómicas de 2012, hai un ano o PP subiunas en solitario un 33% co argumento de aumentar o financiamento público dos partidos en detrimento das doazóns privadas, que non puido limitar por ser competencia estatal.
Estados Unidos eloxiou en 2009 que Feijóo tentase afastarse de "Fraga/Franco"
Un cable da embaixada norteamericana en Madrid non publicado ata o de agora en Galicia permite reconstruír a chegada á Xunta do agora presidente, a corrupción do PP, o “malgasto” de Touriño, e as dúbidas que dicía haber sobre a capacidade de resistencia electoral e as relacións empresariais do BNG.
Leiceaga dise listo para liderar o goberno e o PP acúsao de querer que medre o paro
O candidato socialista cre que Feijóo puxo as eleccións o 25 de setembro para adiantarse ao xuízo da Gürtel e o empeoramento económico do outono. “A oposición recibiu dúas malas noticias estes días: a data da convocatoria electoral e os datos do paro”, di Tellado.
Galicia votará o 25 de setembro
Feijóo comunícalle ao Consello da Xunta que as eleccións galegas se celebrarán o mesmo día que as vascas. "Se un ten o obxectivo de achegar estabilidade ao seu país, o consecuente é coincidir con Euskadi", argumenta.
As listas matriosca do PSdeG
Como as bonecas rusas, a decisión que sobre as candidaturas á Xunta adopta cada nivel do partido socialista encerra toda unha historia de apoios, enfrontamentos, negociacións e correccións técnicas. Pechado o proceso local e provincial, os órganos autonómico e estatal terán agora a última palabra.
A Marea faise partido instrumental e espera que Podemos se sume na loita pola Xunta
A asemblea constituínte de Vigo crea a nova formación, cuxo candidato será elixido de xeito directo polas bases e na que o resto das listas poderán ser consensuadas. Os seus líderes apelan á unidade á espera de coñecer o resultado da consulta que Podemos Galicia realizará entre os seus simpatizantes para decidir se se suman dalgún xeito a unha candidatura conxunta.
A oposición dá por feito que haberá autonómicas o 25 de setembro
Leiceaga pide que Feijóo convoque canto antes as eleccións galegas, Pontón lamenta que sexa Urkullu quen fixe a data e Noriega asegura que as mareas chegarán a tempo coa súa candidatura aínda en construción.
Urkullu fixa as eleccións vascas para o 25 de setembro e marca o guión das galegas
A axenda electoral vasca volve marcar a galega. Feijóo evita aclarar cando ditará a convocatoria pero advirte de que lle "gustaría coincidir" coa data decidida polo líder vasco, como acordara con el o pasado abril.
Feijóo eloxia agora a Touriño como “coherente e cabal” tras culpalo da crise en Galicia
A presentación dun libro cos discursos parlamentarios do socialista fai que ambos coincidan na defensa de políticas moderadas fronte aos “populismos”.