Feijóo oculta cal dos delegados do Goberno o avisou das fotos de Dorado e di que “un partido” o ameazou con elas
O presidente rexeita identificar o autor da filtración en 2004 que revelou na súa entrevista en 'Salvados' e deita así sospeitas sobre os tres que houbo ese ano
A néboa que obriga a cortes reiterados da A-8 non terá solución ata polo menos 2020, seis anos despois da inauguración
Fomento licita aínda agora as probas dos inventos contra a nubosidade que lle ofreceron empresas e particulares, cuxos prazos de contratación e períodos en que se deben testar condicionan o proceso
José González (PP): “Para animar o traballo das comunidades de montes hai que ir cara a unha fiscalidade específica”
VÍDEO | O portavoz popular en materia de montes foi o pasado venres o terceiro dos participantes nos faladoiros cos catro grupos parlamentarios sobre a ordenación do sector organizados polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública
Técnicos que instalaron a seguridade do AVE Ourense-Santiago ratifican que Adif non pediu avaliar o risco da curva de Angrois
As testemuñas ratifican no xulgado que a empresa pública centrou os seus esforzos no corpo central da liña de alta velocidade, unha longa recta, pero obviou os quilómetros finais, onde se atopaba a primeira curva do traxecto
Valença poderá recibir trens de mercadorías máis longos que os que caben nas vías galegas tras a mellora da liña ao Porto
Portugal executa obras que permitirán convois de 750 metros, o estándar ao que tende a UE, mentres que en Galicia só de xeito extraordinario acadan os 550 metros, o que limita a súa rendibilidade e a incorporación ao Corredor Atlántico
Adif xa non compromete para este ano a entrada en servizo do AVE ata Sanabria senón só que comecen as súas probas
En decembro Rajoy anunciou a súa inauguración para este 2018 e hai un mes Competencia reprendeu a Adif por non incluír esa previsión na súa planificación oficial
O Goberno de Rajoy veta por terceira vez que o Congreso poida debater o traspaso da AP-9
En Marea, impulsora da última iniciativa, critica que “o Goberno absolutista de Rajoy teme perder a votación e que se visualice o seu apoio a Audasa”
A solución do BNG ao problema de onde se atoparían dous trens que saian de Ferrol e Ribadeo
Os deputados Mini Rivas e Olalla Rodil viaxaron este domingo no Feve en convois en sentidos contrarios para reclamar unha mellora do servizo
A Xunta volve ceder ante o persoal da Xustiza tras un mes de folga, que seguirá activa
O Goberno galego dicía hai un mes que a súa postura non ía variar “por moito que pasen os días” pero admite que xa mellorou a súa oferta seis veces e non concreta se a actual será a última
O país dos 20.000 xacementos arqueolóxicos chega de vez á era do GPS
A decisión da Xunta de facilitar as cortas de eucaliptos sen permiso previo obrígaa a modernizar o rexistro de posibles restos para evitar que resulten danados
A Xunta segue sen querer dotarse de persoal especialista en trens malia que os seus gobernos levan anos opinando do AVE
O Goberno galego convoca oposicións para 14 postos de enxeñaría e enxeñaría técnica con ningún ou mínimos requisitos de coñecemento na materia malia que carece de funcionariado específico, o que resta credibilidade ás súas posturas públicas ou ante Fomento
Feijóo sobre a folga do 8M: “Vamos a ver cal é o resultado”
O presidente, nunha rolda de prensa semanal cuberta de xeito extraordinario maioritariamente por homes, salienta que o dereito de folga é “individual” e di que “sendo importante o que ocorra hoxe, é importante o que fagamos mañá”