O BNG insta á Comisión Europea a inspeccionar os residuos nucleares vertidos fronte a Galicia
A eurodeputada Ana Miranda súmase ao socialista José Blanco na petición de explicacións na Eurocámara
Estas obras levan unha década nos orzamentos do Estado e aínda nin empezaron
As contas de 2008 xa recollían unha vintena de proxectos que hoxe seguen a recibir partidas menores similares ás de hai dez anos sen que neles se movese aínda unha soa pedra
Unha investigación atribúe unha aterraxe de emerxencia en Santiago á descoordinación de controladores galegos e portugueses
Un avión da TAP que non puido aterrar no Porto por pouca visibilidade foi rexeitado en Vigo por falta de sitio e acabou en Lavacolla cunha alerta por pouco combustible
O persoal da Xustiza cumpre dous meses en folga cunha nova exhibición de unidade na rúa
GALERÍA | Sindicatos e partidos da oposición piden a dimisión do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, cuxa “prepotencia” consideran responsable do enquistamento do conflito
Ence xustifica a súa nova planta de biomasa en Lourizán coa “imparable extensión do eucalipto en Galicia”
A empresa prevé un impacto “negativo significativo” da nova construción sobre a paisaxe e “negativo non significativo” sobre o ciclo da auga
A Garda Civil considera delito a destrución dun xacemento arqueolóxico no Rosal que a Xunta viu legal sen sequera investigar
O Goberno galego recibiu varios avisos pero deu por válida a versión dunha construtora contratada por el mesmo para arranxar unha estrada que usou terra extraída dunha mina romana
Feijóo pide mudar o Código Penal e considerar os incendios como terrorismo tras negar a Fiscalía que o sexan
“De tramas falaron outros gobernos, o goberno que eu presido nunca”, di Feijóo, sen indicar que outros executivos, entre os que se sitúa o Goberno central de Mariano Rajoy, que si empregou esa expresión
O investimento do Estado en Galicia segue no nivel máis baixo en 15 anos pola fin das grandes achegas ao AVE
GRÁFICOS O proxecto de Orzamentos Xerais do Estado entregado por Montoro este martes no Congreso prevé investir 936,79 millóns en Galicia, cunha suba interanual do 1,2% que é a segunda menor entre as quince autonomías nas que aumenta. Defensa consolídase como segundo ministerio máis investidor tras Fomento por mor das encargas a Navantia
Tras 17 anos incumprindo a normativa europea, Goberno central e Xunta inauguran a depuradora de Vigo
A UE obriga desde 2000 a que todas as aglomeracións urbanas de máis de 15.000 habitantes traten as súas augas residuais, esixencia que en Galicia aínda se incumpre en varias zonas
Dúas décadas despois de rematarse o resto da A-52, Rajoy reactiva o último treito entre O Porriño e Vigo
O presidente do Goberno central anuncia que retoma o proxecto paralizado pola crise de construír un túnel alternativo ás perigosas curvas do acceso actual a Vigo. Faino nunha visita ao único treito en obras da polémica circunvalación de Pontevedra.
O TSXG condena a Tragsa por deixar de contratar unha brigadista que participara en anteriores campañas de incendios
A empresa pública, por encargo da Xunta, contou coa afectada menos de tres meses ao ano durante cinco anos seguidos e o tribunal, nunha sentenza reveladora da precariedade no sector, di que non volvela a chamar supón un despido improcedente
Cen anos do frustrado tren entre Ribadeo e o Bierzo
O proxecto, licitado en marzo de 1918 para facilitar os movementos de minerais, quedou deserto polo seu custo e dificultade. Nas últimas eleccións autonómicas Ciudadanos propuxo “completar o enlace ferroviario entre a Mariña Lucense e o nó de Monforte”.