Nova condena á Xunta por vulnerar o dereito de folga na sanidade con servizos mínimos “non xustificados”
A Consellería de Sanidade non argumentou por que fixou no 50% o número de traballadores imprescindibles durante a folga de máis de cen días mantida polo persoal de mantemento do complexo hospitalario de Ourense
A ex-deputada do PP vítima de Angrois acusa o ex-ministro Catalá do delito de mentir na comisión de investigación
A intervención final no Congreso que os afectados reclaman ter para poder desmentir con datos e documentos as inexactitudes lanzadas por comparecentes previos segue no aire por populares e socialistas
O presidente de Renfe cando o accidente de Angrois nega decisións xudiciais sobre o caso
Julio Gómez-Pomar di que “non hai outros imputados” que o maquinista malia que tamén o está un cargo de Adif e presenta como colaboración súa coa xustiza un requirimento que lle fixo o xuíz a Renfe por ocultarlle documentación
O ex-ministro Catalá nega que Fomento obstaculizase a investigación de Angrois para culpar o maquinista: “Actuaría igual”
Quen era secretario de Estado de Infraestruturas cando ocorreu o accidente desminte que presionase a unha ex-deputada popular que foi vítima do mesmo para que rebaixase as súas críticas e di que “cando teñamos as conclusións formais, se toca, non terei ningún inconveniente en pedir perdón”
Fomento adía máis unha ducia de treitos alternativos á AP-9 que tampouco avanzaron co goberno do PP
Os orzamentos do Estado levan unha década incluíndo pequenas partidas para estudos previos de obras na N-550 que neste tempo nunca acabaron de arrancar e que agora volven reducirse
Adeus ao teléfono como medida de seguridade para evitar choques de trens entre Tui e Valença
No marco da mellora da conexión con Portugal, Adif instalará tamén nese treito o sistema automático de detección de trens habitual na maioría da rede ferroviaria pero que tampouco existe aínda no Feve entre Ferrol e Asturias
A Xunta anuncia "emendas" aos orzamentos do Estado que non pode presentar e asume como propias as do PP
O Goberno galego intenta transmitir unha imaxe institucional de oposición ao “agravio” a Galicia pero vincula as súas peticións coas propostas que poidan realizar os deputados populares
Feijóo presume de “pioneiro” no aforro en administración paralela, que o Consello de Contas ve “residual”
Tras anunciar o PP para Andalucía un recorte dos coñecidos como 'chiringuitos', o presidente galego salienta que a Xunta suprimiu 69, cifra que o ente independente fiscalizador reduce en contía e importancia
O fiscal apoia ao xuíz instrutor na súa acusación a un cargo de Adif como responsable de homicidios en Angrois
O ministerio público rexeita o recurso de Andrés Cortabitarte, ex-director de Seguridade na Circulación, cuxa responsabilidade por non dispoñer medidas de seguridade na curva o maxistrado equiparou coa do maquinista por despistarse e non frear a tempo
Feijóo presenta o Sergas como vítima de "intereses inconfesables" da esquerda
O presidente acudiu á comisión sobre os recortes na sanidade para denunciar o que considera unha "premeditada descualificación global" do Sergas por parte da esquerda para "destruír" o sistema sanitario público
O presidente europeo Juncker reduce a “saúdo breve” o que Baltar publicitou como un “encontro” de análise
O dirixente popular fotografouse en outubro en Bruxelas co responsable da Comisión Europea e a Deputación de Ourense divulgou as imaxes e un comunicado no que dicía que os dous “analizan vías para impulsar unha maior competitividade nas provincias de Europa”
A Xunta ve os orzamentos de Sánchez “discriminatorios” con Galicia na súa valoración máis veloz dos últimos anos
Mentres o PSdeG pon o foco en que son unhas contas “sociais”, a Delegación do Goberno opta por salientar o investimento, ao tempo que En Marea e BNG únense ao PP ao considerar que “castigan” e “golpean” aos galegos