Xunta e Concello rivalizan en presentarse como os impulsores dos bosques de Vigo tras décadas a reducilos
Dous anos despois da vaga de incendios as administracións local e autonómica publicitan un “anel verde” e un “bosque periurbano modelo” obviando a progresiva redución dos montes por infraestruturas impulsadas por elas
A Xunta confirma que a remodelación interior de San Caetano custará ata 29 millóns sumados aos 11 do exterior
O Goberno galego tamén ten en proxecto un novo edificio administrativo por máis de 20 millóns xunto ao complexo actual, no espazo que deixará libre a estación de autobuses ao trasladarse á de trens
A Xunta responde con silencio administrativo o 4,5% das peticións de transparencia que formula a cidadanía
O Goberno galego fai un balance cuantitativo do seu portal de transparencia no que evita concretar cantas veces foi instado pola Comisión da Transparencia a facilitar información que previamente se negara a divulgar
O Tribunal Superior pon “en cuestión” o fomento do emprego autónomo que a Xunta “tanto pregoa”
A Consellería de Traballo retirou unha axuda de 5.000 euros a unha muller desempregada porque tiña unha débeda de 5,88 euros que a propia administración lle imposibilitaba pagar, o que o tribunal considera “excesivo rigor formalista”
Ter un bebé en Galicia (capítulo 1): Benvido, pero non moito
O devalo demográfico é un dos principais problemas do país e as administracións publicitan todo tipo de facilidades. Durante as cinco fins de semana de agosto contamos os trámites, trabas e dúbidas a que se enfronta unha familia acabada de nacer na súa relación coas administracións. No primeiro capítulo, as axudas ao nacemento.
- Documentos
- Economía
80 anos de Zeltia, a empresa xurdida dun matadoiro da que naceu a biotecnoloxía galega
A firma creada o 3 de agosto de 1939 por empresarios cárnicos e investigadores perseguidos polo franquismo para obter insulina dos páncreas de animais sacrificados derivou nestas oito décadas en todo tipo de proxectos farmacéuticos e químicos
Bruxelas eleva a 125 os millóns para mellorar o tren Porto-Valença, que se suman aos máis de 30 de Adif no treito galego
A Comisión Europea confirma a construción no norte de Portugal de catro estacións técnicas que permitirán a Valença recibir trens de mercadorías máis longos que os que caben en todas as vías galegas
A Xunta quixo nomear a dedo directores de oficinas de emprego equiparándoas a centros de acollida
O Tribunal Superior anula a decisión do Goberno galego de establecer a libre designación para sete postos atribuíndolles responsabilidade similar ás direccións de residencias ou internados, centros de investigación ou de atención a vítimas de violencia de xénero
“De administración paralela en Galicia sabemos máis na Xunta”, di Feijóo ao Consello de Contas por criticalo usando datos estatais
O presidente insiste en rexeitar o 22% das recomendacións que o ente fiscalizador vén formulando ao Goberno galego porque “non nos parecen axeitadas” e quédase “co 78% que cumprimos”: “Eu creo nas maiorías”, di.
O Parlamento nomea a nova Valedora e o luns analizará a proposta do PSdeG de que María Xosé Porteiro sexa a súa adxunta
Dolores Fernández Galiño, elixida polos populares co apoio dos socialistas, recibe 51 votos a favor por 18 en branco e 2 nulos tras criticar o resto de grupos que non se contase con eles
Caballero entra no Parlamento para desmontar a "imaxe de poder coa que Feijóo intenta enganar á cidadanía"
O secretario xeral do PSdeG promete o escano a un ano das autonómicas para confrontar a súa proposta de “cambio” co presidente cando compareza na Cámara pero deixando a Leiceaga a portavocía habitual
Contas censura que a Xunta rescatou persoal de entes suprimidos manténdolles soldo superior ao do funcionariado
O ente fiscalizador lembra que as contratacións orixinais “en moitos casos non cumpriron os principios de igualdade, mérito e capacidade”