A Xunta opera o salvamento marítimo con dous helicópteros alugados que vendeu en 2012 por “obsoletos”
VÍDEO | A compañía á que o Goberno galego vén de renovar o servizo pon para facelo os dous mesmos aparatos que Fraga mercou en 2005 e dos que Feijóo se desfixo sete anos máis tarde co argumento de que así podería contratar outros "máis modernos"
Vigo impugna o centro comercial do Celta en Mos por planificarse sen analizar os seus efectos na cidade
O PP sae en defensa do proxecto impulsado polo municipio veciño e o dono do club para recualificar e expropiar 864.000 metros cadrados de monte
Leiceaga: "Hai que promover o seguro forestal contra os incendios igual que os seguros agrarios”
VÍDEO | O portavoz do PSdeG foi o pasado venres o último dos participantes nos faladoiros cos catro grupos parlamentarios sobre a ordenación dos montes organizados polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública
Feijóo entrega ao Rei emérito o título de Embaixador do Camiño que concedeu a Rajoy hai tres anos e este aínda non recibiu
O Goberno galego gasta polo recoñecemento máis de 4.000 euros en dúas empresas de regalos e xoiería pero non aclara o concepto
Feijóo anuncia 12 novas leis para este 2018, cinco delas xa prometidas para 2017
O Goberno galego presenta a súa planificación de normas para este ano a finais de marzo, cun trimestre xa superado, e despois de que o pasado ano deixase sen aprobar a metade das leis e decretos que prometera
O PP galego considera a lei de transparencia de Rajoy ao tempo escasa e excesiva
A Xunta vén borrando os seus contratos aos poucos días, pero a popular Paula Prado critica o Concello de Santiago por non publicar aínda ningún de 2018 malia que a lei só obriga a facelo trimestralmente
Feijóo retruca á vaga de protestas pedindo “respecto” para “a maioría da sociedade que decide non manifestarse”
O presidente evita novamente responder, agora no Parlamento, cal delegado do Goberno o avisou das súas fotos con Marcial Dorado e pide explicacións a En Marea pola deputada implicada nunha actuación policial por vandalismo
A Xunta subvenciona vivendas turísticas en Barreiros tras admitir que é insostible seguir construíndo alí
Economía, cun programa de fondos europeos para “actividades non agrícolas en zonas rurais”, pon 65.000 dos 166.000 euros que custan 5 cabanas para alugueiro. Ao tempo, Medio Ambiente critica que xa haxa 2.846 segundas residencias e 687 vivendas baleiras.
Fomento pon outra primeira pedra na autovía Santiago-Lugo, que estará en obras ata 2022, 26 anos despois do seu inicio
O ministro aproveita o acto propagandístico para anunciar 2,8 millóns de euros para a reparación parcial de máis de 200 quilómetros de estradas
O PP aproba en solitario a reforma sanitaria e pide “tempo” para valorala “aínda que non sempre sexa entendida”
A oposición critica o debilitamento da sanidade pública en beneficio da privada nunha sesión que se desenvolveu con protestas ás portas do Parlamento de Galicia, ao que asistiron alcaldes das vilas máis afectadas
60.000 euros para un diagnosticado de sida por erro que acabou repudiado pola familia e na cadea
Povisa é condenada a indemnizar un home por “un claro erro de diagnóstico, mantido durante quince anos” nunha sentenza que eleva o caso a exemplo de “exclusión social” pola enfermidade
A Xunta consignou durante anos 200 millóns menos do necesario para pagar a peaxe de Rande ata 2048
O Consello de Contas reprochoullo de xeito constante sen que o Goberno galego o admitise ata que Fomento asumiu facerse cargo en solitario do que antes pagaban a medias. Desde ese fomento, Feijóo vén gabándose de aforrar ás contas públicas “400 millóns” que antes cifraba en 180.