Feijóo anuncia na véspera do 8M dous plans de igualdade e despreza todas as achegas da oposición na materia
“Este goberno fixo máis en políticas de igualdade que calquera outro goberno”, asegurou o presidente da Xunta entre acusacións de machismo que o levan a retirar alusións a Leiceaga e Pontón que os voceiros de PSdeG e BNG consideraron ofensivas
Rueda tenta dividir os sindicatos da Xustiza dicindo que “a maioría” desexa rematar xa a folga
VÍDEO | A oposición enmarca o conflito na vaga de protestas sociais contra os gobernos do PP e nunha caída do peso político do vicepresidente mentres un grupo de traballadores se manifesta ás portas do Parlamento. O comité de folga advirte de que manterá o paro.
Villares: "Unha nova propiedade veciñal do monte fronte á pública e a privada colectiva actuais tería vantaxes"
VÍDEO | O portavoz de En Marea foi o segundo dos participantes nos faladoiros cos catro grupos parlamentarios sobre a ordenación dos montes organizados polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública
A cidade deportiva do Celta, nun monte a expropiar, inclúe un centro comercial a 2 quilómetros do contestado de Porto Cabral
O proxecto abarca unha superficie de 864.000 metros cadrados, a metade de terreos comunais, que o Concello de Mos entregará ao Celta como concesionario, que dedicará 142.000 a uso comercial
Feijóo xa non se desbota para substituír a Rajoy e reitera a súa ignorancia sobre que Marcial Dorado era narco
O presidente da Xunta teima na tese do terrorismo incendiario durante a súa aparición no programa Salvados, onde desdeñou a folga feminista e se esforzou por presentarse como alleo ás tramas corruptas que afectaron ao PP nas últimas décadas
O PP converte a súa promesa dunha “autovía” Ferrol-San Cibrao para 2012 nun arranxo da estrada actual
A conselleira de Infraestruturas anuncia a supresión dunha curva cada dous quilómetros da vía actual ao tempo que desbota estudos previos xa realizados para o futuro corredor e anuncia outros novos
Fomento lanza unha reforma da estación de Ourense que engade incerteza sobre a chegada do AVE ao resto de Galicia
Modifica a disposición das vías de xeito que só os trens con ancho ibérico poderán continuar cara ao resto de Galicia mentres que os de alta velocidade con ancho internacional non poderán pasar de alí
O Parlamento reclama maior interese polos residuos nucleares vertidos fronte á costa galega
Os catro grupos aproban de xeito unánime, a iniciativa de En Marea e co apoio tamén do PP, que Xunta, Goberno central e os países responsables dos vertidos fagan todo o posible para obter información sobre o seu estado
A fundación da Xunta que tutela 3.000 adultos cumpre tres anos sen xerente inzada de eivas no seu funcionamento
Política Social atribúe a demora a “cuestións administrativas” que non aclara e resta importancia á vacante
Ana Miranda: “A cuestión non é que vou facer no Parlamento Europeo nun ano senón que fixeron os demais en tres”
ENTREVISTA | A portavoz do BNG para asuntos comunitarios toma posesión este mércores do escano do Parlamento Europeo compartido con EH Bildu. O accidente de Angrois, o Brexit ou os investimentos comunitarios en Galicia están entre as súas prioridades.
Nin unha empresa no Porto Seco de Monforte aos catro anos da inauguración da que ía ser a porta de Europa
A infraestrutura loxística clave para que teña sentido a incorporación de Galicia ao corredor atlántico europeo de mercadorías foi anunciada por Aznar e Fraga en 2001 pero aínda non ten acceso
Feijóo vincula o apoio de Baltar á folga feminista coas críticas da oposición polo seu caso de acoso sexual
O presidente da Xunta mantense na súa postura contraria a apoiar os paros e remite a responsabilidade de facelo en Ourense ao “presidente da Deputación ou o grupo popular”