Dous expedientes graves a Monbus por un condutor que baixou escolares lonxe da parada e negou a folla de reclamacións
A Xunta incoou os expedientes tras confirmar que unha nai denunciara os feitos ocorridos en Poio á Garda Civil de Tráfico e tras recibir un atestado da Policía Local
Operarse na privada se a pública tarda demasiado? A Valedora revela como o Sergas "quebra as expectativas"
Unha norma permite cirurxías na privada pagadas polo Sergas se este tarda máis de 140 días, pero a unha muller que ía facelo así tras agardar 247 días a Xunta revogoulle o permiso 5 días antes sen explicacións. 546 días despois seguía agardando.
- Datos
- Política
As derrotas de Feijóo no Constitucional: perdeu 12 dos 14 recursos interpostos entre Xunta e Estado desde 2009
Nos seus 13 anos á fronte do Goberno galego presentou 7 recursos de inconstitucionalidade contra o Estado e só gañou un, mentres que o Estado presentou outros 7 contra a Xunta e gañou 6
- Documento Casal de Armán
- Política
Patrimonio insiste na retirada do salón de eventos ilegalizable de Casal de Armán se a adega quere ampliarse
O Goberno galego publica no DOG os requisitos que debe cumprir a empresa da familia do conselleiro de Medio Rural para crear un complexo enoturístico a carón do Museo do Viño de Galicia que a Xunta abriu en 2019 en Ribadavia
- Entrevista | Luís Álvarez Pousa
- Política
"Que un medio estea en galego non garante que ofreza calidade informativa, aínda que haxa boa intención"
O xornalista e profesor Álvarez Pousa recompila en Medios e políticos, baixo a sospeita 1990-2023 artigos e análises sobre a evolución da comunicación xornalística en Galicia e no mundo nas últimas décadas, nas que ve unha imposición do ruído fronte a información
Van 7 condenas á Xunta por decisións que beneficiaron a Monbus e o TSXG insiste: quixo "adulterar a licitación no seu proveito"
A Xunta xa recibiu catro condenas por adxudicar ao grupo de Raúl López máis buses escolares dos que debía, dúas por non revisar se cumpría requisitos e unha por non multar un pacto ilegal con Alsa, e agora ve denegado outro intento de corrixir unha delas
Monbus e Alsa din que o TSXG vulnerou a súa presunción de inocencia por condenar o seu pacto para repartirse o mercado
Tras rexeitar o Supremo o seu recurso contra o Tribunal Superior de Galicia, agora as empresas piden directamente a este que anule a súa sentenza "por vulneración de dereitos fundamentais", paso previo a solicitar o amparo do Constitucional
O Constitucional rexeita o recurso da Xunta contra o imposto ás grandes fortunas
O tribunal xa resolvera en contra dun recurso similar da Comunidad de Madrid. O Goberno galego xa se vía perdedor e o venres lanzou un aumento "temporal" do imposto do patrimonio para que o das grandes fortunas non se aplique en Galicia.
Rueda acusa a esquerda de querer que Vox teña forza en Galicia
O presidente di que espera dar "unha gran alegría" a Feijóo nas eleccións galegas
Os problemas ferroviarios esténdense e a UE lembra que o Estado ten que consultar cos usuarios "as súas necesidades"
A comisaria de Transporte responde ao BNG, que tamén preguntaba polo "case monopolio de Monbus", que a súa proposta aínda en negociación é abrir servizos regulares de transporte á competencia
Rueda responde con Bildu a preguntas sobre Baltar e pide no Parlamento "non facer política coa igualdade das mulleres"
O presidente non concreta se vai pedir ao Estado unha condonación da débeda como a catalá
A Xunta adiou 5 anos a gratuidade dos buses para maiores de 65 mentres avaliaba o custo, o 6,5% do que xa paga ás empresas
A medida, contemplada no plan de transporte de 2018 pero condicionada á renovación das liñas culminada en 2020, custará 5 millóns ao ano, fronte aos 77 que xa paga a Xunta ás concesionarias, 6,8 deles pola gratuidade da mocidade