O TSXG ve "indicios" de que Jealsa incumpre o seu permiso ambiental e ordena abrir un expediente sancionador
A Xunta desentendeuse da denuncia doutra empresa afectada e mesmo argumentou que a competencia era do Estado, pero nun interrogatorio do tribunal admitiu "certos incumprimentos" da conserveira
Rueda defende a "celeridade" da Xunta en obras como a estrada afundida desde hai dous anos no Courel
O presidente di que non son comparables os problemas nas estradas autonómicas co afundimento da A-6, na que o Estado rematou un dos dous viadutos en ano e medio e promete o outro para este ano
En tres meses, novas eleccións: as europeas avalían o ascenso no continente dunha dereita en guerra interna
O 9 de xuño elíxense en España 61 dos 705 escanos da Eurocámara, entre os que actualmente hai tres galegos
Rueda di que "é decisión persoal" de Baltar dimitir se é xulgado por delito contra a seguridade viaria
O presidente pide "presunción de inocencia tamén neste caso"
O acoso sexual dun superior a unha militar da base de Figueirido remata con condena tamén a Defensa por desprotexer a vítima
Un tribunal militar sentenciou en firme a existencia de acoso sexual con lesións psíquicas pero a administración, con "temeridade e mala fe", cualificou a baixa como enfermidade común e non como derivada do posto de traballo
O TSXG pregunta á UE se a cidadanía debe ter máis información sobre os eólicos antes de que a Xunta os autorice
O Supremo avalou que a Xunta expoña os parques ao público en xeral antes de coñecerse os informes das administracións implicadas, o que limita as posibles alegacións, e agora o Tribunal Superior pregunta ao Tribunal da UE se iso é correcto
A paridade leva anos empeorando nas direccións das empresas públicas da Xunta
7 das 13 empresas públicas galegas non chegan ao 40% de mulleres nos seus consellos de administración, e no global hai só unha muller por cada dous homes
A maxistrada do Supremo que investiga a Baltar por ir a 215 por hora nun coche oficial pide quitarlle a inmunidade
A xuíza ve indicios suficientes de delito e pide ao tribunal que envíe un suplicatorio ao Senado para xulgar o senador e ex-presidente da Deputación de Ourense
O TSXG suspende 13 eólicos e desbloquea 2 tras a sentenza do Supremo que validou parte dos trámites da Xunta
O tribunal galego adapta os seus criterios para decidir suspensións cautelares mentres non se pronuncie sobre a legalidade final de cada proxecto
Verbais, sen formalizar, sen publicidade: o que viu Contas nos contratos da COVID que para Rueda "non tiveron problema"
O presidente rexeita investigar as compras de emerxencia durante a pandemia co argumento de que o Consello de Contas xa as analizou "sen ningún tipo de problema", pero o ente fiscalizador si detectou todo tipo de eivas
A acollida en Galicia de persoas refuxiadas de Ucraína: sen coordinación nin estratexia para unha invasión prolongada
O Consello de Contas vén de auditar a resposta pública galega á crise de Ucraína nun informe que reclama protocolos e planificación e unha análise da integración a medio prazo
Catro anos da COVID en Galicia: a promesa de Feijóo dun monumento ás vítimas non chegou nin a tramitarse
O Goberno de Rueda confirma oficialmente que "non existe expediente administrativo" derivado do anuncio feito polo anterior presidente no debate de política xeral de 2021