O Supremo avala a comisión oficial de accidentes de tren que se nega a unha nova investigación de Angrois, pedida pola UE
O alto tribunal rexeita a vía contencioso-administrativa aberta polas vítimas á espera da sentenza penal e di que a CIAF actual é independente, sen entrar en se o era cando culpou en exclusiva ao maquinista
O Supremo valida a redución por parte da Xunta do prazo para alegar contra parques eólicos
O alto tribunal revoga a decisión contraria previa do TSXG sobre un parque eólico en Corme que acabou afectando tamén a outras varias ducias de parques en tramitación
Orzamentos, entroido, Feijóo... as implicacións tras a data do adianto electoral decidido por Rueda
O presidente e candidato do PP tenta reducir a relevancia da convocatoria asegurando que "a Xunta non vai deixar de funcionar nin un só día" para que Galicia siga sendo unha "illa de estabilidade"
Rueda adianta as eleccións galegas ao 18 de febreiro
O popular sométese ás urnas tras menos de dous anos de goberno inestable cunha oposición na que Ana Pontón será a candidata do BNG e José Ramón Gómez Besteiro o do PSdeG e con incógnitas no espazo Sumar-Podemos
A fundación coa que a Xunta tutela máis de 3.000 adultos con só 27 persoas leva máis de dous anos sen adaptarse á lei
A conselleira de Política Social admite no Parlamento a demora pero evita responder ás novas críticas polo mal funcionamento da Funga lanzadas por diversas entidades
O Consello da Xunta aumentou os acordos propagandísticos sen valor legal tras lanzar Rueda en setembro a precampaña
Os informes que o presidente emprega nas súas comparecencias para introducir na axenda pública asuntos do seu interese -ocultando pola contra decisións reais polémicas- incrementáronse desde a arenga que lanzou tras o verán ao seu Goberno
BNG e PSdeG dan a lexislatura por rematada e Rueda ofrece "humildade e eficacia"
O presidente critica que Pontón nunca xestionase persoalmente unha administración e presenta a Besteiro como "home anuncio", mentres que a oposición di agardar a que o PP estatal dea permiso para a convocatoria electoral
- Documento
- Política
A Xunta lamentou ante o Constitucional que o imposto do Estado ás grandes fortunas non deu tempo aos ricos a marchar
O Goberno galego argumentou no seu recurso fracasado que cando o tributo foi anunciado os afectados "xa non podían deixar de ser residentes fiscais en España", ao que o tribunal responde que non hai "dereito algún" á "conxelación" do ordenamento xurídico
- Crónica Orzamentos 2024
- Política
Últimos do "sentidiño" ou derradeiros dun "modelo esgotado": os Orzamentos pechan o ano (e pode que a lexislatura) no Parlamento
O PP aproba en solitario as contas da Xunta para 2024, con 13.200 millóns de euros, que BNG e PSdeG presentan como de "fin de ciclo" ante unha inminente convocatoria electoral
A Xunta é condenada por excluír unha sanitaria das súas listas de emprego cun triplo erro que a deixou indefensa
Nas listas provisionais non foi citada nin como admitida nin como excluída, o que lle impediu coñecer a causa, que era que non constaba que tivese título de lingua galega, malia que si o tiña, e cando soubo o motivo e recorreu denegáronllo dicindo que era tarde
O Supremo avala A Coruña como sede da Axencia de Intelixencia Artificial fronte a Granada e as dúbidas de Feijóo
A cidade andaluza recorrera a decisión do Goberno de España e o ex-presidente galego pedira coñecer "os criterios", mentres que o actual titular da Xunta salientara que estes publicáranse xa no BOE
As peaxes volven a outra precampaña dúas décadas despois de que Feijóo propuxese "trasladar" as da AP-9
PP e PSdeG enléanse nun intercambio de promesas e reproches a conta das autoestradas que lembra o rexistrado dous meses antes das eleccións de 2005 nas que Fraga sairía da Xunta, daquela polo cobro en Rande que Touriño suprimiría un ano despois