O expediente por repartirse o mercado galego dos buses esténdese a 20 empresas de Monbus e Alsa
Os grupos de transporte volven fracasar nun novo intento de parar o procedemento sancionador ditado pola xustiza alegando "prexuízos na reputación" e gastos elevados de defensa, que non puideron probar
Pedir máis fondos ao Estado pero rebaixar impostos é para a Xunta "exercer o autogoberno, que para iso estamos aquí"
Rueda revela que tras a reunión con Sánchez informou do seu contido a Feijóo e o presidente de Andalucía e di que "no Parlamento tamén darei explicacións e non tardarei moito"
As inspeccións "secretas" nos buses interurbanos: empeoran por segundo ano e o 40% non son puntuais
A terceira memoria anual do transporte público reorganizado pola Xunta en 2020 revela que non é quen de mellorar o servizo e que superados os efectos da pandemia o número de usuarios é aínda inferior ao sistema previo
"O que me gusta de Meloni é que ten unha política migratoria, as medidas concretas non entro a enxuizalas", di Rueda
O presidente rexeita condenar posturas extremas "a pesar de celebrar moito que Vox non teña presenza en Galicia"
Unha empresa que non respectaba os horarios laborais queda sen castigo pola lentitude da inspección
A xustiza anula a multa de 10.600 euros imposta á empresa porque entre a inspección e a sanción da Secretaría Xeral de Emprego da Xunta pasaron preto de once meses
25 anos da fin de Caixa Ourense, 50 da súa intervención co alcalde condenado (e indultado) por malversar
A caixa ourensá medrou grazas aos aforros da emigración e sobreviviu á súa intervención de 1974, cun escándalo público malia a censura franquista, para acabar fusionada coa de Vigo no verán de 1999
O custo da mobilidade sostible para a Xunta: 12 millóns nunha "estrada para ciclistas"... e as brañas do Sar
A Xunta ten xa en obras unha vía de 10 quilómetros que nalgúns treitos terá 6 metros de ancho, unha actuación criticada polo seu impacto nas beiras do Sar, especialmente no coñecido como Bosque do Banquete de Conxo
Rueda sae da reunión con Sánchez sen quita da débeda galega e coa transferencia "inmediata" do litoral ditada polo Constitucional
"Boas palabras, poucas concrecións" é o resumo do presidente da Xunta do seu encontro co estatal, que remitiu o financiamento autonómico ao Consello de Política Fiscal e convocará unha Conferencia de Presidentes para falar coas comunidades de vivenda
Monbus culpa á falta de prazas nos trens das demoras nos seus servizos
A empresa fala dunha "avalancha imprevista" de viaxeiros, aos que pide mercar os billetes de forma anticipada para prever mellor os "buses de reforzo" e recomenda a quen non o faga que vaia ás estacións 45 minutos antes
- Crónica
- Política
Reproches a BNG e PSdeG e limitado interese do PP no acto da Xunta sobre fusión de concellos
O conselleiro de presidencia di agora que o estudo que suxire 7 fusións "non é unha proposta dun partido, é unha proposta dun goberno", mentres os responsables do informe rebaixan o seu alcance
- Documento #DefendeAGalega
- Política
A Comisión Europea di estar "atenta" á reforma da lei galega de medios públicos para garantir a independencia da CRTVG
En resposta a unha pregunta do BNG pola nova lei que garante ao PP o control do ente, o executivo comunitario lembra que a partir de agosto de 2025 os responsables dos medios públicos deben ser nomeados con criterios obxectivos
- Interactivo Sector eólico
- Economía
O TSXG suspendeu xa 59 parques eólicos en 74 concellos e a Xunta critica a súa "determinación"
O tribunal permitiu ata o momento a continuidade de cinco proxectos ao desestimar neses casos as peticións de paralización formuladas por ecoloxistas ou veciñanza