O Igadi reclama máis ambición coa acción exterior galega a todos os candidatos no 18F
O instituto de análise propón aumentar o rango dos departamentos internacionais da Xunta, executar con accións concretas a Estratexia Galega de Acción Exterior e a Lei Paz Andrade e crear unha Casa da Lusofonía
A Xunta di que prorrogou os 57 contratos do transporte escolar porque funcionan "dun xeito adecuado pese a incidencias puntuais"
Educación revela que hai máis lotes coa adxudicación anulada polo TSXG ademais dos xa coñecidos de Monbus e xustifica prorrogalos tamén aínda que poidan supoñer máis custo para a administración
Política Social deixa para despois das eleccións a promesa de Rueda de outorgar a Tarxeta Benvida sen trámites burocráticos
Tras convocar a axuda para este ano con requisitos similares aos de anos anteriores, a Xunta remite "ao longo deste ano 2024" a concreción da promesa do presidente de que se daría sen "cubrir ningún formulario nin achegar ningunha documentación"
A Xunta prorroga dous anos as 57 concesións de bus escolar malia as condenas xudiciais e eivas no funcionamento
Educación, que non dá explicacións, amplía noutros 80 millóns de euros o negocio das actuais adxudicatarias, unha vintena controladas polo grupo Monbus, malia que cando menos catro dos contratos foron anulados polo TSXG e están pendentes do Supremo
- Crónica Cara ás Galegas
- Política
12 anos e 2,5 quilómetros: "Era importante cicatrizar as feridas"
A Anova de Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras asina un acordo co BNG de Ana Pontón que pecha fendas abertas na traumática asemblea de Amio de 2012
- Crónica Cara ás Galegas
- Política
De "Galicia en paz" ao cambio de goberno: os partidos ven alargar os límites do posible para o 18F
Nas anteriores tres eleccións que o PP perdese a Xunta era algo que, simplemente, non ía suceder. Os populares aspiraban a pintar este mesmo cadro para a campaña de 2024, pero o escenario mudou e ningunha das principais forzas dá xa por feita outra absoluta do PP, aínda que sexa o máis probable. Uns cantos milleiros de votos poden derivar nunha maioría progresista: así len a situación as principais forzas a apenas un mes da cita coa urnas
A Fiscalía pide 3 anos de cadea e 17 de inhabilitación para Carlos Gómez, ex-alcalde de Baiona do PSOE, por quitarse multas
O ministerio público di que o rexedor, agora deputado provincial, "con total desprezo do deber de abstención estimou as súas propias alegacións", baseadas en documentos falsos
A simplificación da Tarxeta Benvida prometida por Rueda queda en cambios menores e a solicitude segue sendo similar
O presidente anunciou en outubro que a axuda sería concedida automaticamente "sen que haxa que cubrir ningún formulario nin achegar ningunha documentación adicional", pero agora o DOG mantén unha tramitación semellante a anterior
45 trens afectados por unha avaría de 12 horas na sinalización de Adif na estación da Coruña
Durante boa parte do día os maquinistas tiveron que circular sen o amparo de parte dos sistemas de seguridade
Dos 'okupas' e os lobos aos 'pellets': Rueda defende a "valía" da vicepresidenta Vázquez, cara política da crise
O presidente desbota destituír a Ángeles Vázquez, titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, significada desde hai anos por unha axenda aliñada cos intereses electorais da banda máis á dereita do PP
O Consello de Contas critica que entes paralelos da Xunta fraccionan contratos para adxudicalos discrecionalmente
O ente fiscalizador revela todo tipo de irregularidades, froito dunha mala planificación, nos procedementos de contratación de entidades como Turismo de Galicia, CRTVG, Sogama, Igape ou Augas e Portos de Galicia
A Xunta cede e eleva o nivel da emerxencia polos 'pellets' para recibir axuda do Estado tras catro días negándose
O Goberno galego anuncia a súa decisión despois de que tamén o fixese Asturias e co Goberno de España preguntándose "por que a Xunta non quere colaboración".