A Xunta entra tamén na campaña da extrema dereita para as europeas: "Bruxelas lexisla ás costas de agricultores, gandeiros e do mar"
O Goberno galego carga contra a UE e reafirma a súa demanda de "flexibilización dos requirimentos ambientais"
A crise de máis dunha década do PP de Vigo irrompe na campaña de Rueda
A presidenta do PP vigués, Marta Fernández-Tapias, admite que tras o 18F abrirá "unha nova etapa" despois de que a portavoz local do PSOE asegurase que vai deixar a política
Rueda inicia a campaña coa pantasma do bipartito despois de que a patronal dixese que non ten medo a un goberno de coalición
"Ao do bipartito é ao que pode volver Galicia se nós non temos maioría absoluta", di o candidato popular no lanzamento da campaña electoral e pide "recordalo moitísimas veces"
O PP xa leva sete incumprimentos da lei electoral por un do PSdeG e outro do BNG
Os populares pediron o voto ou gastaron en propaganda antes da campaña en cinco ocasións e en tres foi o propio Rueda o implicado en persoa en feitos censurados pola Xunta Electoral
Galicia, en campaña entre a inercia e o cambio posible
Por primeira vez dende 2009, todas as principais forzas políticas perciben que o resultado das urnas non está inexorablemente escrito antes da primeira chamada ao voto
Rueda decide non contestar a preguntas sobre as eleccións tras o Consello da Xunta e culpa o PSdeG
Tras unha denuncia socialista a Xunta Electoral censurou declaracións electoralistas do presidente na rolda de prensa do 18 de xaneiro e agora Rueda interpreta esa resolución como unha prohibición de responder aos medios de comunicación
Rueda publicita a 12 horas da campaña o complemento das pensións non contributivas creado por PSdeG e BNG en 2008
Tras tentar Feijóo suprimilo en 2009 a Xunta véno renovando cada ano e este xoves o presidente presentouno como principal medida da reunión semanal do seu Goberno, pero manteno conxelado nos mesmos 218 euros do pasado ano
A Xunta ten ingresadas 593 persoas menores de 65 anos en residencias de maiores por falta de centros específicos
Unha de cada vinte persoas en centros de maiores públicos ou concertados non está neles pola idade, mentres persoal implicado alerta de que o Goberno galego está a convertelos en "psiquiátricos sen psiquiatras"
- Galería Cara ás Galegas
- Política
Cargos da Xunta fixeron xa 27 visitas a centros de maiores desde que se convocaron as eleccións
Rueda, a conselleira de Política Social, altos cargos dese departamento e ata o conselleiro do Mar acudiron a residencias ou centros de día nun total de 22 concellos
A patronal galega ante unha Xunta de esquerdas: "Non temos medo a nada se é un goberno estable"
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, rexeita valorar se prefire un goberno dun único partido ou un bipartito: "Un goberno estable é un goberno estable, o que sexa"
"Non debemos 'rasgarnos' as vestiduras": o que di a Xunta tras incumprir Rueda a lei electoral desde o atril de presidente
O Goberno galego tentou xustificar sen éxito ante a Xunta Electoral unhas declaracións nas que o presidente, exercendo de tal, criticou o resto de partidos e pediu apoio ás súas políticas, co que "vulnerou o principio de neutralidade"
A Xunta prorrogará o convenio co que rebaixa taxas a Ence no Porto de Ribadeo desde 2011
Coa ameaza de que a empresa levaría a súa produción de Navia en tren ao porto de Xixón, Feijóo defendera perdoarlle impostos ata 2020, pero malia que a liña férrea quedou paralizada o acordo foi renovado catro anos e agora será ampliado de novo