Os impostos como inesperado convidado no 18F: a Xunta négase a explicar ao Consello de Contas para que valen as súas rebaixas
Rueda promete seguir ampliando as bonificacións fiscais coas que o Goberno galego vén beneficiando a ingresos ou patrimonios cada vez máis altos sen avaliar os efectos malia peticións reiteradas do ente fiscalizador
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil informa contra a cidade deportiva do Celta por non garantir o abastecemento de auga
O ente estatal emite un pronunciamento "desfavorable" ao plan co que a Xunta quere impulsar o proxecto urbanístico da familia Mouriño
Primeiro expediente ao PP por incumprimento reiterado da lei electoral tras 9 advertencias previas por 3 a PSdeG e 1 a BNG
A Xunta Electoral Central ordena iniciar un proceso sancionador aos populares pola reiteración de campañas publicitarias como a da "Illa de Estabilidade" ou "Teñamos Galicia en paz" pedindo o voto cando aínda estaba prohibido
A Xunta recorre ante a xustiza a humanización da travesía do Milladoiro, con 30.000 vehículos ao día
A Consellería de Infraestruturas critica ao Estado que impulse unha reforma que desviará tráfico da zona urbana a estradas da súa titularidade sen ser consultada
Tras o bipartito e o terrorismo, agora "os okupas": a Xunta avanza outro chanzo na campaña do medo
"Non imos permitir que a okupación sexa o título habilitante para acceder a unha vivenda", di como conselleira a número 3 do PP por Coruña, Ángeles Vázquez, recuperando así un elemento clásico da mobilización electoral dos populares
Pontón marca perfil económico con reunións desde hai meses con dirección e persoal de empresas significativas
Tras Inditex e Stellantis hai ano e medio, nos últimos meses Pontón vén visitando diversas firmas nunha xira que desde o BNG compatibilizan co tradicional apoio da formación ás reivindicacións de traballadoras e traballadores
Dous anos despois do afundimento da principal estrada do Courel a Xunta aínda nin encargou as obras de reconstrución
Tras poñer en servizo en agosto de 2022 un desvío provisional, a Consellería de Infraestruturas anunciou que licitaría a solución definitiva a finais do pasado ano, pero iso aínda non sucedeu e agora asegura que a estrada estará reparada "a finais do vindeiro ano" 2025
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
A esquerda alimenta a crenza no cambio político ante a atonía de Rueda no debate da CRTVG
O candidato do PP non dá marcado o ritmo nun formato a priori propicio alén de introducir asuntos que os opoñentes acabaron usando ao seu favor nun encontro no que as sucesivas interaccións con Pontón contribuíron a afianzar a imaxe da líder do BNG como alternativa na presidencia. Besteiro aproveita a súa primeira presenza prolongada na CRTVG para marcar perfil como posible interlocutor privilexiado co Estado nun novo Goberno galego. Lois (Sumar) pon énfase en brindarse a un "goberno a tres" co Bloque e o PSdeG.
- Feira do Cocido (Lalín) 18F Eleccións galegas
- Política
Cocido ou saúde? As multitudes como refuxio político
Rueda relativiza a manifestación pola sanidade publica lembrando o seu mitin de “14.000 persoas” na praza de touros de Pontevedra e dándose outro baño de masas en Lalín, onde Pontón amosa que protestar e desfrutar son compatibles
Tras o bipartito, o terrorismo: o presidente da Deputación e do PP de Ourense pide o voto "fronte a quen se apoia ou é amigo de terroristas"
Logo de que Rueda apelase ao voto do medo fronte a unha coalición como a de 2005, Luis Menor, sucesor dos Baltar, di que a alternativa a Rueda sería "un goberno totalmente independentista"
15 anos de gobernos do PP, 15 anos de condenas xudiciais
Tráfico de influencias, abuso de dereito ou suborno son algunhas das ilegalidades, varias delas delito, que os tribunais veñen constatando na Xunta na última década década e media
- Praza de touros 18F Eleccións galegas
- Política Pontevedra
"Grazas por todo o que fixeches estes anos", di Rueda a Feijóo, que proclama: "esta é a nosa obra"
Nunha praza de touros de Pontevedra ateigada, como nas grandes ocasións do PPdeG, o candidato popular asegura presentarse con "humildade" ao tempo que o ex-presidente e líder estatal do partido di que a Xunta é "un exemplo para toda España"