Do Metro a 6 días das eleccións de 2005 á estrada do Plan Galicia a 3 días do 18F: así mudaron as promesas de última hora
Rueda anuncia un novo treito do corredor do Baixo Miño, prometido hai 20 anos por un Feijóo que ás portas das eleccións que sacarían a Fraga da Xunta aseguraba que poría en servizo o Metro de Vigo en 2009
A Xunta impón catro anos despois da chegada da COVID-19 un rexistro único das persoas usuarias de residencias
O Goberno galego aproba un decreto polo que obriga a todos os centros a usar o seu sistema informático tras admitir que durante a pandemia tivo que empregar solucións "de continxencia" con revisións manuais de listados
Sanidade publicita a 4 días do 18F que dará "absoluta transparencia" ás súas listas de espera "a próxima semana"
A Xunta vén ocultado de xeito sistemático todo tipo de datos sanitarios e mesmo obstaculizando a súa difusión en formatos abertos e reutilizables
A ocupación ilegal dunha propiedade privada desde hai 7 anos para favorecer unha construtora cústalle á Xunta un millón de euros
O Goberno galego foi condenado a devolver no estado orixinal un terreo que se apropiou para facer a Autovía do Morrazo e tras tentar non cumprir a sentenza agora vén de rematar o deseño das obras precisas, cun custo millonario
"Benvido sexa o goberno que veña", insiste a patronal ante Pontón tras asegurar ante Besteiro que non ten "medo a nada"
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, amosa a súa dispoñibilidade a negociar medidas económicas cun goberno de esquerdas
Segundo expediente sancionador a Rueda por facer electoralismo desde o Consello da Xunta
A Xunta Electoral censura que o candidato popular volvese comunicar diversas medidas do Goberno galego "cun fin publicitario eloxioso e electoralista". O PP xa leva tres expedientes, por un do PSOE e ningún do resto de partidos.
Un xuíz do TSXG quere que a Fiscalía investigue se a Xunta promove a invasora alga wakame en vez de erradicala
Nun preito que avalou a correcta tramitación dos plans de algas da Consellería do Mar un maxistrado lamenta que, máis alá do procedemento administrativo, "o obxecto dos plans non é a erradicación da alga exótica senón a súa comercialización"
- Restaurante Lar Blanco (Oroso) 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
"Non descartedes que digan que ofrecín Interior a ERC e Defensa a Otegi", di Feijóo tras contemplar un indulto a Puigdemont
Na xornada en que Esquerra di que o PP quixo pactar a investidura de Feijóo, este tenta tirar de retranca e fala de "insidias e calumnias" pero sen desmentir que trasladou a unha ducia de medios que aceptaría un indulto condicionado en Catalunya
O PP promete 18 novas leis tras deixar 10 sen aprobar do programa de 2020 malia a súa maioría absoluta
O novo programa electoral volve anunciar leis de incendios forestais, de infancia ou de intelixencia artificial que os populares non foron quen de votar en catro anos
A Xunta Electoral abre expediente a Rueda por facer electoralismo coas pensións non contributivas
A semana pasada xa abrira outro expediente ao PP por reiteración na divulgación de propaganda prohibida na precampaña e agora o ente de control afea a reiteración do presidente en facer declaracións electoralistas desde o Consello da Xunta
A derradeira enquisa do CIS prevé un forte aumento do BNG e mantén no aire a maioría absoluta do PP
O PP mantén un resultado estimado de entre 34 e 38 escanos, mentres que o BNG dispara a súa estimación e podería superar os 30 escanos, mentres que o PSdeG cae. Sumar, Vox e DO poderían entrar no Parlamento.
Feijóo tenta resituar a postura do PP sobre Catalunya e Rueda pide o voto "para axudalo a que chegue ao Goberno de España"
Tras virar novamente a campaña galega ao conflito catalán, o líder popular di que "non se dan as condicións" para indultar a Puigdemont, sen descartalo, e Rueda introduce unha nova mensaxe pedindo o voto para "para axudar a Feijóo"