O TSXG suspende 13 eólicos e desbloquea 2 tras a sentenza do Supremo que validou parte dos trámites da Xunta
O tribunal galego adapta os seus criterios para decidir suspensións cautelares mentres non se pronuncie sobre a legalidade final de cada proxecto
Verbais, sen formalizar, sen publicidade: o que viu Contas nos contratos da COVID que para Rueda "non tiveron problema"
O presidente rexeita investigar as compras de emerxencia durante a pandemia co argumento de que o Consello de Contas xa as analizou "sen ningún tipo de problema", pero o ente fiscalizador si detectou todo tipo de eivas
A acollida en Galicia de persoas refuxiadas de Ucraína: sen coordinación nin estratexia para unha invasión prolongada
O Consello de Contas vén de auditar a resposta pública galega á crise de Ucraína nun informe que reclama protocolos e planificación e unha análise da integración a medio prazo
Catro anos da COVID en Galicia: a promesa de Feijóo dun monumento ás vítimas non chegou nin a tramitarse
O Goberno de Rueda confirma oficialmente que "non existe expediente administrativo" derivado do anuncio feito polo anterior presidente no debate de política xeral de 2021
Residencias de 2024, atención dos 90: 37 traballadoras para cen anciáns nos centros doados por Amancio Ortega
A Xunta ratifícase na súa decisión de deixar en mans do mercado a planificación e dotación de residencias públicas e rexeita o novo modelo estatal tras a pandemia que eleva a rateo de persoal: "Ao votar en contra, Galicia non ten que aplicalo"
Rueda rexeita "aplicar de oficio" a lei para limitar os alugueiros e responsabiliza os concellos
"A solución é facer actuacións para promover que haxa novas vivendas e poñelas en alugueiro social", di Rueda tras unha década con esas políticas en niveis mínimos
O BNG pregunta á Comisión Europea que fai para que España atenda a súa petición dunha nova investigación de Angrois
A eurodeputada Ana Miranda censura a negativa da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios a cumprir coa normativa europea e as presións do Goberno de Rajoy reveladas por Praza.gal para que a UE silenciase as súas críticas
A Fundación Fesan faise coas dúas residencias doadas por Amancio Ortega á Xunta ao rebaixar un 12% o custo das prazas
A entidade privada, que o PP rexeitou investigar en 2016 malia denuncias da oposición e irregularidades detectadas polo Consello de Contas, imponse a Valdegodos, cunha mellor oferta técnica, e Gerón, con mellor ratio de persoal
A petición da UE desde hai 8 anos dunha investigación independente de Angrois seguirá a esperar: os técnicos néganse
A Comisión de Investigación de Accidentes do Ministerio de Transportes foi obrigada pola xustiza a responder unha petición das vítimas para que faga unha nova análise do sinistro, pero a súa contestación volve ser negativa
A serra da Groba queda de momento libre de eólicos: cuarto proxecto tombado polo seu impacto ambiental
Medio Ambiente considera que o parque Torroña I, nos concellos de Baiona, Oia e Tomiño, tería "repercusións negativas sobre o patrimonio arqueolóxico e sobre a paisaxe"
Xa é oficial: primeiro accidente aéreo causado por unha velutina en Galicia
A Comisión de Investigación do Ministerio de Transportes conclúe que o sinistro dunha avioneta que capotou no aeródromo de Rozas debeuse á "perda de control da aeronave debido á picadura ao piloto dunha vespa velutina"
Afunde unha ponte da estrada Ourense-Trives na que a Xunta acometía obras de estabilización
O itinerario alternativo habilitado supón un desvío de algo máis de dous quilómetros e uns 5 minutos