A Xunta Electoral expedienta a Sanidade polas SMS anunciando subas de soldo ás portas do 18F
O órgano de control censura que as mensaxes non estaban a comunicar ningunha novidade porque o acordo de suba salarial era do pasado ano e non ían ligadas ao ingreso da nómina, xa que esta chegaría en días posteriores
A Audiencia Nacional confirma que as principais empresas lácteas intercambiaron información en prexuízo dos gandeiros
Tras unha denuncia de Unións Agrarias, Competencia multara en 2019 ás empresas con máis de 80 millóns de euros, e agora a xustiza ratifica os feitos, avala multas por máis de 28 millóns de euros e pide que se recalculen o resto de sancións
- Documentos Angrois: traxedia en Compostela
- Política
O Goberno de Rajoy mobilizou dous ministros en defensa da súa versión de Angrois na UE e chegou a Juncker
Ademais das manobras de Fomento ante a comisaria de Transportes en defensa da investigación oficial que culpou o maquinista, a ministra Ana Pastor e o titular de Exteriores, García-Margallo, tamén apelaron, sen éxito, ao presidente da Comisión Europea
O impacto en especies protexidas tomba tres parques eólicos de tramitación estatal entre Lugo e León
O Ministerio para a Transición Ecolóxica emite unha declaración ambiental desfavorable dos proxectos Ralea, Eco e Umbrío, emprazados principalmente en León pero con efectos sobre os Ancares e o Courel
O TSXG anula outro contrato de transporte escolar a Monbus porque a Xunta lle deu máis dos debidos
O tribunal aplica a mesma doutrina coa que xa anulara cando menos catro da vintena de contratos que recibiu o grupo de Raúl López en 2021 da Consellería de Educación, que en novembro decidiu prorrogalos dous anos máis
- Hotel Eurostars San Lázaro 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
Rueda revalida a absoluta herdada cun PP que reafirma o control sobre Galicia malia os erros da campaña
O popular asegura que vai "traballar para os que me votaron e para os que non" e salienta que "Galicia tamén enviou unha mensaxe a España"
A Fiscalía pide cadea por delito ambiental para os responsables dunha fábrica de formigón cuxo ruído danou a saúde duns veciños
A empresa, que operaba en Redondela sen licenza e incumprindo ordes de paralización, provocou "graves perturbacións do repouso e descanso, estrés, malestar, ansiedade e diminución do rendemento laboral e intelectual" dos veciños
O Parlamento constitúese o 18 de marzo e se hai Goberno pasará cando menos un ano sen eleccións
Tras o escrutinio provisional deste domingo dos votos en urna e por correo será o luns 26 cando as xuntas electorais realicen o escrutinio xeral incluíndo o voto da emigración, que podería mudar escanos, como xa pasou no pasado
Condenas por non ir á mesa electoral: admitir o delito rebaixa a multa e estar drogado ou ser mileurista non a evita
Repasamos algunhas das últimas sentenzas penais contra persoas que non cumpriron coa súa obriga de presentarse no colexio electoral en comicios como os que agora se van celebrar
Cargos da Xunta fixeron 45 visitas a centros de maiores en 33 concellos desde que se convocaron as eleccións
Os actos non só os protagonizaron Rueda, a conselleira de Política social e responsables de maiores e discapacidade senón tamén delegados territoriais e mesmo o conselleiro do Mar e o director xeral de Cultura
O PP, o que máis incumpriu a lei electoral nestes comicios, con 3 expedientes e 9 amoestacións
Tamén foi expedientado Pedro Sánchez, mentres que o PSOE recibiu tres amoestacións, Jácome un expediente e dúas amoestacións e o BNG unha amoestación. A lei prevé multas de 300 a 3.000 euros para os incumprimentos da lei electoral por parte de autoridades ou funcionarios.
Dous anos do incendio no PP avivado por Feijóo que acabou con Rueda na presidencia da Xunta
A caída de Pablo Casado, ao que Rueda apoiara en 2018, derivou na primeira dimisión dun presidente da Xunta, fito histórico que marcou a pasada lexislatura e que os populares quixeron presentar como "normalidade". Nesta campaña de Rueda vén de ser Feijóo o que incendiou o PP ao contemplar un posible indulto a Puigdemont.