- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Feijóo contempla un indulto a Puigdemont tras media campaña de Rueda contra as concesións a Catalunya
A unha semana do 18F Feijóo fala en Lugo en privado con xornalistas de Madrid e varios publican que aceptaría unha vía de achegamento con condicións a Junts
15 anos de gobernos do PP, 15 anos de mala xestión certificada polo Consello de Contas
O ente independente fiscalizador das administracións galegas leva anos evidenciando deficiencias na xestión dos cartos e o persoal públicos por parte da Xunta, con eivas que se manteñen desde hai máis dunha década
- Hotel Monumento San Francisco 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
Rueda, acompañado do presidente andaluz, rexeita a "soberbia" da esquerda e proclama: "sabemos gobernar"
Para cargar contra o BNG, que o PP presenta xa abertamente como o seu principal contrincante, a número 2 do partido, Paula Prado, renega dun dos dous topónimos do país: "Galicia non é Galiza, é Galicia"
Rajoy fai campaña nun centro de maiores da Xunta en Santiago
A Consellería de Política Social di que os centros sociocomunitarios "son instalacions abertas a todo o público"
- Galería 18F Eleccións galegas
- Política
A campaña en imaxes: a aperta Pontón-Beiras, o ministro rei mago ou os 'bots' do PP
No ecuador da campaña repasamos algunhas das imaxes máis significativas da carreira ás urnas desde que Rueda convocou os comicios a finais de decembro
E agora bono mascota: Rueda anuncia axudas para microchip e vacinas a quen adopte un animal
O candidato popular anuncia un centro autonómico de acollida de animais, actividade que ata agora viñan realizando os concellos
O Supremo anula o regulamento da Lei de Costas por insuficiente consulta pública e non analiza o límite ás concesións que criticaba a Xunta
A restrición das concesións incluída na Lei de Costas foi avalada polo Constitucional fronte a un recurso da Xunta que quería amplialas, e agora o Supremo tomba o decreto que desenvolvía a lei por un defecto de forma pero sen entrar a xulgar os prazos
Ferrol e Ourense, únicas cidades que controla a dereita, son tamén as únicas que aínda non teñen orzamentos para este ano
Tras a aprobación das contas en Vigo e A Coruña a finais de ano e en Lugo e Santiago nos últimos días, Pontevedra vén de encarreirar as súas ao non presentar a oposición unha moción de censura un mes despois da moción de confianza formulada por Lores
A Xunta Electoral Central abre expediente a Pedro Sánchez polo electoralismo da súa visita a Navantia
A Xunta Electoral Galega só amoestara ao socialista por ver os feitos puntuais, pero o a central corríxea lembrando que Sánchez xa fora sancionado en anteriores comicios. Un día antes tamén decidira abrir expediente por reiteración ao PP.
- Documento 18F Eleccións galegas
- Política
Rueda reinterpreta a auto-censura como presidente: "non pode" falar da súa ausencia no debate de RTVE pero si de Sánchez
A Xunta Electoral criticou unhas declaracións electoralistas que fixo nun Consello da Xunta sen prohibir que poida contestar outras preguntas sobre o 18F, pero o popular asegura que o ten vetado e a continuación contesta e cala ante dúas cuestións distintas
Absolto de prevaricación o ex-alcalde de Baiona do PSOE por quitarse multas tras retirar a Fiscalía a acusación de falsidade
A Audiencia de Pontevedra di que "o seu deber de abstención era incuestionable" pero pide "distinguir a ilegalidade do acto administrativo" do delito de prevaricación, que esixe unha inxustiza "clamorosa"
Rueda pide tren "decente" en Lugo aos quince anos de que Feijóo prometese ligalo co AVE "cos cartos da Xunta"
"Despois xa lle pasaremos a factura [ao Goberno de España], pero a Xunta fará o AVE entre Lugo e Ourense", prometeu o PP o 10 de xaneiro de 2009 no marco da campaña que Rueda dirixía. Tras diversas demoras, o Estado ten actualmente en marcha as obras de mellora da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, que inclúen a súa electrificación. Na mesma xornada, Rueda recupera cara ao 18F a Autovía da Costa da Morte, prometida no Plan Galicia, pero agora cun só carril por sentido