- Vídeo
- Acontece
Reabre un dos dous viadutos da A-6 cortados en Pedrafita desde hai ano e medio e o outro prevese para dentro doutro ano
Só o tráfico en dirección á Meseta poderá circular pola autovía e só o poderá facer por un carril, xa que parte da estrutura agora rematada será empregada para axilizar os traballos na ponte paralela, que o ministerio espera ter en servizo antes de rematar 2024
Os partidos recibirán 1.800 euros máis por escano obtido o 18F que nas eleccións de 2020
Despois de baixar as subvencións electorais un 20% para as galegas de 2012, en convocatorias posteriores o PP subiunas un 33%, un 4% e agora outro 8%
15 anos da creación do fondo para patrocinar a Cidade da Cultura: dos 23 millóns orixinais xa só quedan 4
A programación cultural do Gaiás vén desenvolvéndose fundamentalmente cos cartos que en decembro de 2008 achegaron a Xunta e unha quincena de empresas, varias desaparecidas, que xa só dan para catro anos máis
"Preocupa a interpretación absurda que fai o Sergas da protección de datos clínicos": o TSXG condena o acceso ao historial dun empregado
"Sorprendente", "inadmisible" ou "máis alá da simple neglixencia" son expresións que usa o tribunal para censurar que Sanidade non protexa mellor as historias clínicas e non investigase ben o acceso indebido á dun traballador, ao que ten que indemnizar
A Xunta xa non inaugura, só "visita obras concluídas": así interpreta a prohibición electoral nas súas primeiras horas
Desde este martes están vetadas as inauguracións e actos propagandísticos das administracións, pero conselleiros e conselleiras manteñen unha axenda similar matizada só na linguaxe
A disolución do Parlamento deixa sen regular a sociedade de explotación de recursos naturais creada pola Xunta e varias empresas
A Xunta lanzou a empresa mixta Recursos de Galicia, á que achegará 30 millóns de euros, antes de dispoñer da norma marco anunciada hai 9 meses e que non chegou nin a iniciar a súa tramitación na Cámara
Aberto ata o 8 de febreiro o prazo para pedir o voto por correo nas eleccións galegas
Nas últimas eleccións de 2020, coa pandemia da COVID-19, o voto por correo disparárase a 77.000 solicitudes, o dobre que en convocatorias anteriores
A Xunta cifra en 10 millóns as visitas á Cidade da Cultura desde a inauguración hai 13 anos pero só unha pequena parte son culturais
O Goberno galego gábase da capacidade do complexo para organizar eventos como a reunión de ministros de Economía e Finanzas da UE e constata o inicio de novas obras dous anos despois de que Feijóo as dese por rematadas
"Queda disolto o Parlamento de Galicia": o DOG publica a convocatoria de eleccións para o 18F
O decreto pon en marcha os prazos legais para os novos comicios, co inicio da campaña ás cero horas do venres 2 de febreiro e a constitución da nova Cámara o 18 de marzo
A Xunta gastou 35.000 euros en publicitar unha declaración no Día da Constitución co argumentario do PP contra a amnistía en Catalunya
En plena campaña dos populares contra a amnistía o Goberno galego publicou en xornais un posicionamento institucional que replica lemas como "convivencia e xustiza van sempre da man" ou "defender a dignidade de Galicia"
- Análise Cara ás Galegas
- Política
Os 19 meses de Rueda con Feijóo ao fondo: inestabilidade na Xunta, continuísmo nas políticas
Axudas directas fronte a servizos públicos e un estilo presidencial novo entre a proximidade e o electoralismo marcan o mandato dun Rueda que afrontou a marcha a Madrid de persoas clave na Galicia da última década e media, entre elas Baltar
O bus gratis para maiores de 65, previsto hai cinco anos, primeira medida que publicita Rueda tras anunciar as eleccións
A partir do martes estarán prohibidas as inauguracións e actos propagandísticos, pero antes este venres o Goberno galego despregou unha ampla axenda de divulgación das súas políticas