"O traballo de axuda no fogar roza a escravitude, estamos moi queimadas"
Un dos sector máis feminizados e precarizados é o dos coidados a persoas maiores e dependentes. Falamos con Maru Calderón, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar de Brión, que describe as súas condicións de traballo e como se viron afectadas pola pandemia
O feminismo galego chama a visibilizar a protesta nas rúas: "o peso desta crise volveu recaer en nós"
Este luns 8 de marzo levaranse a cabo máis 30 mobilizacións en cidades e vilas, convocadas por Galegas 8M, concentracións e marchas con distanciamento social e que extremarán as medidas de seguridade ante a COVID. "Non imos asumir que se nos culpabilice socialmente por reivindicar os nosos dereitos", di a plataforma
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra o menor ritmo de infeccións de COVID dende o verán, pero a ocupación dos hospitais supera aínda a de decembro
A media de casos novos rexistrados na última semana rolda os 138, unha cifra que non se acadaba dende o pasado 18 de agosto. Porén, hai aínda 50 camas ocupadas máis que o día de Noiteboa.
Os outros efectos da pandemia: menos poboación nas cidades e máis nalgúns concellos rurais e nas contornas urbanas
Cinco das sete cidades galegas perderon poboación no primeiro semestre do ano, mentres que no 2019 seis gañaran habitantes. En cambio, localidades como Valdoviño, Xove, Barreiros, O Grove, Tui, Tomiño, Abegondo, Bergondo, Teo, Baiona ou Vedra incrementaron o seu padrón.
O Observatorio Eólico alerta da acción en Galicia de "especuladores" que ofrecen contratos abusivos aos propietarios rurais
A entidade advirte de que estes intermediarios "ofrecen prezos ridículos" pretendendo obter dereitos exclusivos sobre todas as terras dos propietarios de montes e mesmo carecendo dun proxecto eólico.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma 184 novos positivos de COVID mentres A Coruña se destaca como a cidade con máis incidencia
A taxa de positividade segue á baixa e a incidencia está nos niveis do pasado mes de agosto, pero os hospitais continúan a notar o impacto da terceira vaga. Hai máis camas ocupadas que en decembro, cando se iniciou a desescalada que disparou os contaxios.
A moratoria para o eucalipto que propón o PP duraría 4 anos, limitada ás zonas ás que esta especie aínda non chegara
Segundo unha emenda presentada polo PP á súa Lei de recuperación da terra agraria, poderá plantarse máis eucalipto naquelas zonas nas que xa estivese presente esta especie de maneira absoluta ou maioritaria (superior ao 50% das árbores existentes) e sempre que as plantacións anteriores se levaran a cabo de acordo coa lei
Galicia comeza a recibir máis vacinas da COVID que a media estatal por ter máis poboación maior de 80 anos
Tal e como fora anunciado hai 15 días, no último envío Galicia recibiu o 8,35% das vacinas de Pfizer distribuídas en todo o Estado, fronte ao 5,2% que recibía antes. O ritmo da vacinación acelérase e nas últimas dúas semanas estase administrado unha media de sete mil doses diarias, o dobre que no primeiro mes e medio. O 6,44% da poboación galega recibiu xa cando menos unha dose.
O 2020 pechouse en Galicia con 1.398 desafiuzamentos e 94 ocupacións de vivendas
As ocupacións ilegais de vivendas propiedade de persoas físicas (excluídas as pertencentes a bancos ou fondos) descenderon de 145 a 94 o pasado ano, no que houbo 15 desaloxos por cada ocupación
- Galería
- Cultura
As fotografías de Jean Laurent achégannos a imaxe da Coruña, Lugo ou Monforte a finais do século XIX
O Ministerio de Cultura vén de facer público o catálogo histórico do fotógrafo francés, que deixou milleiros de rexistros que constitúen o mellor arquivo visual do Estado Español nese século. Entre os documentos galegos destacan as imaxes das novas estacións e pontes do ferrocarril e unha gran serie da cidade herculina, que amosan moitos elementos xa desaparecidos.
O xuízo pola explotación laboral de traballadores inmigrantes en Tordoia pon o foco na desprotección deste colectivo
Unha concentración nos Xulgados de Ordes reclama mecanismos de protección e autorizacións temporais de residencia para as vítimas. A situación que sufrían coñeceuse o pasado mes de xuño grazas á denuncia dun traballador que recibiu unha malleira e foi atado a unha árbore nun monte da zona.
- Entrevista | Pilar Ponte
- Cultura
'21 días co galego', a normalidade da lingua en plena pandemia: "o que sempre se fai é falar"
A pesar da situación sanitaria, o programa que convida a falar galego dentro e fóra da aulas durante 21 días seguidos está a celebrarse en dez institutos de todo o país, coa participación de case 4.000 alumnos e alumnas e con novidosas colaboracións no 'Galicia por Diante' da Radio Galega e co 'Dígocho eu' da TVG. Falamos coa súa coordinadora.