Twitter e outras redes sociais, "un territorio hostil para as mulleres", especialmente as políticas e xornalistas
Xabier Martínez Rolán, profesor da Facultade de Comunicación de Pontevedra e Teresa Piñeiro, investigadora da Universidade da Coruña, analizan centos de miles de mensaxes dirixidas mulleres con proxección pública, atopando unha moi elevada porcentaxe de insultos e ataques misóxinos
A Xunta estima que a nova variante da COVID está presente en Galicia en máis do 80% dos novos casos
A prevalencia na cepa descuberta no Reino Unido vén medrando nas últimas semanas. Con todo, a porcentaxe pode variar moito, xa que está baseada na secuenciación dun número moi reducido de mostras aleatorias, menos de 100 por semana.
As residencias galegas, protexidas pola vacina, só tiveron cinco novos casos de COVID na última semana
A mellora da situación é moito máis rápida que no resto da sociedade. Os casos activos nas residencias supoñen o 1,45% do total, fronte ao 4% que representaban en xaneiro ou o 7% de novembro. O efecto tamén se deixa notar no número de defuncións, 4 na última semana, fronte ás 108 de xaneiro.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia inicia a desescalada cun baixo nivel de contaxios pero cun 60% máis de hospitalizacións que antes do Nadal
No inicio da segunda desescalada a cifra de camas ocupadas por persoas enfermas de Covid-19 roldaba as 350, hoxe son aínda 564. Con todo, as boas novas son que o número de novos positivos é a máis baixa dende o outono e que a positividade está no 3,5%. Nas residencias rexistráronse unicamente cinco novos casos na última semana.
A 'Artesanía dixital' galega: o traballo coas mans de profesións non tan diferentes da vella artesanía
BenCuriosa presenta un documental interactivo, realizado por Antón Varela, que presenta o traballo de 12 creadores e creadoras galegas que traballan deseño de videoxogos, programación de apps, ilustración dixital, recreación histórica 3D, fotogrametría, arte dixital...
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de novos positivos de COVID sitúase en niveis previos ao Nadal, pero co dobre de camas ocupadas nos hospitais
A pesar do descenso das cifras de incidencia e positividade, o número de camas ocupadas nas UCI (133) aínda duplica o nivel que se rexistraba en decembro (entre 50 e 60) e o mesmo sucede no conxunto de unidades: 634 camas ocupadas, fronte ás 300 ou 350 dos días previos ao Nadal
O PP aproba en solitario a revisión do plan forestal, entre críticas da oposición de favorecer o sector do eucalipto
BNG e PSdeG critican a falta de diálogo e de análise no plan e reciben con escepticismo a proposta de última hora do conselleiro de Medio Rural dunha "suspensión temporal" da expansión do eucalipto a aqueles lugares onde non fora plantado ata agora, cualificando o anuncio como "ocorrencia" para buscar "titulares de prensa"
As mobilizacións galegas do 8M poñen o foco no traballo de coidados, o máis invisibilizado e afectado pola pandemia
A plataforma Galegas8M presenta baixo o lema 'Sen coidados non hai vida. Mulleres en folga: esenciais, precarizadas e fartas!', o manifesto conxunto das mobilizacións locais e comarcais que se levarán a cabo o vindeiro 8 de marzo, folga laboral, no ensino, de consumo e de coidados.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O 66% das persoas en Galicia pasaron a Noiteboa na súa área de residencia, 12 puntos máis que no 2019
A mobilidade foi maior en Ourense e na Coruña e máis reducida en Lugo e Pontevedra. Os datos de mobilidade obtidos polo INE a partir do posicionamento dos teléfonos amosan que os desprazamentos a outros concellos foron máis frecuentes en Galicia que no resto do Estado entre abril e setembro, pero inferiores en novembro e decembro.
Galicia inicia a vacinación de 50.000 docentes entre críticas da CIG por erros de coordinación nas primeiras horas
A Xunta prevé que todo o profesorado menor de 55 anos reciba a primeira dose antes de final de marzo, vacinacións que comezan este mércores e que se realizarán nos hospitais. O sindicato denuncia que nas probas realizadas en varias cidades este luns e martes houbo longas esperas e erros no envío de SMS.
Xeopesca alerta sobre o gasto da Xunta en licenzas de Microsoft e o abandono do software libre
A entidade destaca que Madrid gastou en licenzas da multinacional estadounidense entre 2015 e 2019 case tanto como Galicia unicamente no ano 2019, segundo os datos comunicados polo Goberno rexional madrileño.
O Observatorio Eólico presenta unha guía para protexer os propietarios rurais e que os beneficios do vento fiquen no país
O documento inclúe propostas de contrato e información práctica para fortalecer a posición negociadora das comunidades rurais. "Debemos evitar présas e que os beneficios emigren, como xa pasou noutras ocasións", destacan os seus autores