O gasto público de Galicia na atención a persoas dependentes é un 18% inferior á media do Estado
O investimento situouse nos 5.505 euros anuais por dependente, fronte aos 6.506 euros anuais da media española, segundo destaca o Observatorio da Dependencia, que tamén analiza o efecto da pandemia: entre marzo e decembro faleceron en Galicia 462 persoas en lista de espera sen seren atendidas.
Sanidade suspende 14 días a vacina de AstraZeneca mentres a UE analiza un "número moi baixo" de efectos adversos
O Consello Interterritorial, no que participan Ministerio e comunidades autónomas, toma esta decisión de forma preventiva ante a aparición de 11 trombos cerebrais, un deles en España, aínda que a Axencia Europea do Medicamento defende que non hai probas que relacionen a vacina con estes problemas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos de COVID repuntan en Galicia, que aumenta tamén as hospitalizacións en UCI
Os brotes nunha residencia de Silleda e nun colexio de Ferrol inflúen no aumento na detección de casos, que chega a 277, a maior cifra un sábado desde o pasado 19 de febreiro. Increméntase en cinco o número de doentes en coidados intensivos.
- Entrevista | Margarita Poza Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
"Nin sequera nós sabiamos que tiñamos esta capacidade de adiantarnos aos brotes. Pero xa pasou catro veces"
Falamos con Margarita Poza, profesora da UDC e coordinadora de Covid Bens, que analiza a presenza do SARS-CoV-2 nas augas residuais da Coruña e que nunhas semanas comezará a ofrecer información sobre a prevalencia das distintas variantes. O seu modelo advirte xa un novo increento da presenza do virus na cidade
As probas de vacinación masiva contra a COVID abren unha fase de aceleración da inmunización en Galicia
Este xoves aplicáronse mil doses da vacina na Cidade da Cultura e o sábado administraranse outras 17 mil en recintos feirais e hospitais de 13 cidades e vilas. Nos últimos 15 días Galicia puxo máis de 120.000 vacinas e espérase que no mes de abril cheguen ao redor de medio millón de doses.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Concellos con residencias moi afectadas pola COVID encabezan a lista de mortes durante a pandemia en Galicia
A pasada semana o Ministerio de Sanidade remitiu a eldiario.es os datos de falecementos en cada localidade. O Incio, O Pereiro de Aguiar, Monterrei, Outeiro de Rei, Salvaterra de Miño, Pontedeume, Vimianzo, Barbadás ou O Barco, que rexistraron gromos de moita importancia, están entre os concellos con máis defuncións por habitante
- Entrevista | Roi Cagiao 50 anos 10M 1972
- Acontece Ferrol
"Os feitos do 72 en Ferrol supuxeron unha sacudida de conciencia moi importante en toda Galicia"
Falamos con Roi Cagiao, director da longametraxe documental 'Galicia 1972', que chegará ás salas comerciais o vindeiro ano, coincidindo co 50 aniversario da mobilización obreira na que a Policía franquista asasinou a Amador Rei e Daniel Niebla
O PP defende que o peche do colexio de Baamonde será "beneficioso para o alumnado”, fronte ás críticas de veciñanza e oposición
A comunidade educativa do centro concentrouse fronte ao Parlamento, onde os populares rexeitan unha proposición non de lei presentada polo PSdeG-PSOE para manter aberto o centro, onde estudan 30 alumnos e alumnas, que terían que ser trasladados ao colexio de Begonte, a sete quilómetros de distancia
- Entrevista | Sonia Villapol Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
"Debería analizarse o xenoma de todos os positivos que se atopen en Galicia para saber máis sobre as novas variantes"
A lucense Sonia Villapol é investigadora principal no Center for Neuroregeneration do Methodist Hospital Research Institute de Houston, centrada no estudo de danos cerebrais e enfermidades neurodexenerativas. Ao igual que moitos outros investigadores e investigadoras en todo o mundo, dende o inicio da pandemia centrou parte da súa actividade no estudo da Covid-19 e os seus efectos
O feminismo galego manifestouse de maneira exemplar no 8M máis seguro
As manifestacións convocadas pola plataforma Galegas 8M, ao igual que as organizadas polos sindicatos, marcharon polas rúas en columnas e mantendo en todo momento distancia entre as participantes, que renovaron a mobilización feminista nunha xornada que fixo visible o invisible.
A folga de traballadoras que conseguiu o reforzo de persoal de limpeza no Álvaro Cunqueiro en plena pandemia
"Os que dirixen o sistema non recoñecen a nosa importancia", destaca Elena Fernández, representante da CIG no Comité de Empresa, que relata a situación vivida nos últimos meses no hospital vigués, onde a presión do persoal obrigou á concesionaria a contratar a 14 traballadoras máis e a facer fixas a outras dez
"É moi duro ver un doente na UCI; se a xente o vise, si que se decidirían a cumprir as normas de prevención"
Falamos con Vanesa Varela, auxiliar de enfermería que durante os últimos meses traballou no servizo de Urxencias do CHUAC da Coruña. Reclama reforzo de persoal e máis medios e subliña as duras condicións vividas polo persoal sanitario, especialmente durante o mes de xaneiro