A Asociación de Psicólogos Clínicos do SERGAS pide incorporar máis especialistas ante o impacto da COVID na saúde mental
A entidade advirte de que "xa se está notando un aumento de malestar anímico, da sintomatoloxía ansioso-depresiva" e alerta de que "nos próximos meses van aumentar os problemas psicolóxicos, a demanda para a súa atención e as listas de espera que, se xa son longas, aínda o serán máis"
- Gráficos
- Acontece
O número de persoas maiores de 65 anos duplica o de menores de 15 por primeira vez en Galicia
O INE publicou as súas cifras definitivas de poboación correspondentes ao ano 2019, nas que todos os indicadores confirman a intensificación do proceso de envellecemento no país. Ourense é a provincia do Estado cunha maior porcentaxe de poboación de máis de 65 anos, o 31,49% do total. Lugo, terceira, e A Coruña, décima, tamén aparecen entre as zonas máis avellentadas.
- Mapa Coronavirus
- Acontece
A Xunta volve impoñer o peche perimetral en Compostela e endurece as restricións noutros dez concellos
Santiago pasa ao nivel medio de restricións, que tamén aumentan en Ribeira, Bueu, e Baiona (que pasan ao nivel máximo) e en Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa e Fisterra (que pasan ao nivel alto). Pola contra, as medidas suavízanse en Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso, que deixan de ter limitacións de mobilidade
O TC confirma a condena a un sindicalista da CIG por "aldraxe" á bandeira española, "non amparada pola liberdade de expresión"
Nunha protesta laboral levada a cabo por traballadoras da limpeza do Arsenal militar de Ferrol, Pablo Fragoso foi acusado de dicir “aquí tenéis el silencio de la puta bandera” e “hay que prenderle fuego a la puta bandera”, expresións que para o TC "non están amparadas pola liberdade de expresión", nunha resolución que contou con numerosos votos particulares
A veciñanza de Baamonde mobilízase ante o intento do Concello de Begonte de pechar a escola da localidade
O Goberno local proxecta agrupar os dous colexios existentes no termo municipal nun só centro, a máis de seis quilómetros de distancia da escola en risco de peche. As familias afectadas lembran que no seu CEIP estudan 29 alumnos e alumnas e denuncian o recorte de servizos para as súas parroquias
O sector teatral acorda unha guía de recomendacións fronte á COVID que prevé a realización de probas periódicas ao persoal
Dado que nos espectáculos teatrais, de danza ou circo non sempre é posible manter a distancia de seguridade o usar máscaras de protección, introdúcese a previsión de que se fagan cribados, uns tests cuxo custo debe ser asumido polas empresas e non polos traballadores e traballadoras
Unha declaración alerta do risco de desaparición dos 30.000 hórreos galegos e reclama a súa protección patrimonial
Entidades de toda a Península Ibérica asinan un manifesto que senta as bases do traballo conxunto para a preservación deste elemento da arquitectura tradicional cun "valor cultural inmaterial insustituible" . No horizonte está tamén a súa proposta para ser Patrimonio da Humanidade da UNESCO
- Datos Coronavirus
- Acontece
Compostela e Ourense volveron incrementar a incidencia da Covid dende o relaxamento das restricións
Dende o pasado 5 de decembro Santiago pasou dunha incidencia acumulada de 75 casos a case 110 e Ourense medrou de 94 a 124. O resto das cidades galegas mantén unha tendencia de descenso, aínda que freada nos últimos días.
- Entrevista | Pepe de Calo
- Cultura
Tres Pesos: "Agora a xente xa non canta. Hai moito máis acceso á música, pero como podes consumila, non participas dela"
O Trío Tres Pesos publica o seu novo disco, "De cando os animais cantaban”, un álbum que amosa a forza rítmica da música tradicional. O coronavirus obrigou a adiar a súa xira de presentación, que chegará na primavera. Falamos con Pepe de Calo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia segue a detectar 300 positivos diarios de Covid-19 ás portas dun Nadal que pode disparar os contaxios
A porcentaxe de probas positivas mantense por debaixo do 5%, pero o descenso da incidencia da enfermidade e da ocupación das UCI prodúcese de forma moi lenta. As Pontes e Boiro son as vilas cunha situación máis preocupante. Ourense e Compostela incrementaron as súas cifras de novas infeccións dende o relaxamento das restricións
A contaminación nas cidades galegas redúcese tamén na segunda onda da pandemia, pero menos que na primeira
Nos meses de setembro e outubro os niveis de dióxido de nitróxeno caeron un 42% na Coruña e un 31% en Vigo, fronte aos descensos próximos ao 60% que se produciran en marzo e abril. Ecoloxistas en Acción chama a repensar a mobilidade nas cidades e pide investimentos no transporte público e unha aposta polas peonalizacións e o uso da bicicleta.
A RAG quere "afondar no legado" de Carvalho Calero no 2021 "sen renunciar a homenaxear outro autor ou autora"
O pleno extraordinario do Día das Letras Galegas serviu como colofón a un atípico ano dedicado a Ricardo Carvalho Calero marcado pola pandemia de coronavirus. A Academia subliña que o ferrolán representa "o mellor da cultura galega do século XX" e cualifícao como “un referente no que podemos e debemos seguir traballando alén do ano da homenaxe”