Novas obras no Hospital de Ourense reactivan as alertas das enfermeiras sobre o estado xeral do CHUO
O complexo inicia unha actuación para ampliar as UCI, que se une a unha sucesión de obras nos últimos anos e que obrigará ao peche do cuarto andar do Hospital Cristal, co traslado de 22 camas e 25 traballadoras e traballadores a outros espazos.
A central térmica das Pontes segue a liderar, xunto con Alcoa, a xeración de emisións de CO2 en Galicia
As emisións de gases causantes de cambio climático das térmicas de carbón baixaron de 2,5 a 1,5 millóns de toneladas entre 2019 e 2020, debido a que produciron un 45% menos electricidade. A plataforma Galiza, un futuro sen carbón insta ao "peche total e definitivo da central das Pontes" e á aceleración da elaboración dos Convenios de Transición Xusta
Unha bolsa de pipas e un dónut: así denuncia Ribadeo o cativo investimento da Xunta na vila
O Goberno local iniciou as obras na rúa da Estación, para as que a Deputación de Lugo achegou 280.000 euros e o Concello 79.000. Os cero euros do Goberno galego foron ilustrados no cartel da actuación cun dónut. Hai dous anos o Executivo municial simbolizou cunha bolsa de pipas o escaso apoio da Xunta á renovación do campo de fútbol da localidade
Defensa xustifica o mantemento dos nomes franquistas no rueiro do Arsenal de Ferrol pola súa "vinculación" coa cidade
O Ministerio respondeu a unha pregunta do deputado de Bildu Jon Iñarritu sobre o incumprimento da Lei de Memoria Histórica nas instalacións, onde 13 rúas aínda renden homenaxe a militares da ditadura ou a elementos do bando nacional na Guerra Civil.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Salnés e O Barbanza encabezan o incremento da incidencia da COVID en Galicia dez días despois da Semana Santa
Os concellos da contorna da ría de Arousa lideran o aumento no número de casos rexistrados, que no resto medran de forma paseniña. Galicia mantén unha situación moito máis favorable que a da maioría de comunidades autónomas do Estado
O atraso na distribución das doses de Janssen engade obstáculos á vacinación en Galicia, que xa chega ao 23,4% da poboación
A aparición nos Estados Unidos de seis casos de tromboses pouco frecuentes entre as sete millóns de persoas vacinadas levou á empresa a paralizar os envíos a Europa. Este mércores estaba prevista a chegada de 300.000 doses a España e 8.500 delas a Galicia.
- Con vídeo
- Cultura
'Descúbreas': o espazo para que as mozas ocupen o lugar que lles corresponde no mundo da música
A Deputación de Pontevedra lanzou unha iniciativa que busca visibilizar a todas as mulleres que traballan na industria musical: artistas, pero tamén sonidistas, produtoras, representantes ou programadoras. Inclúe recursos formativos, debates, un foro de consultas, un directorio de profesionais e tamén un programa de mentoría no que oito mozas pontevedresas traballarán dous meses con persoal especializado
Os colexios médicos galegos avalan a seguridade de todas as vacinas aprobadas para a COVID: "Ningún temor, ningunha dúbida"
Os colexios médicos insta a centrarse en "acadar canto antes a inmunidade non só en Galicia, España ou Europa", senón tamén "nos países pobres, onde seguro que esta polémica resulta pouco menos ca ridícula". O Sergas leva administradas máis de 732.000 doses e case unha cuarta parte da poboación galega 'diana' recibiu polo menos unha
A Valedora insta a adoptar medidas para facer do Campus Sur da USC un espazo seguro para as mulleres
Atendendo a unha denuncia presentada por unha alumna, recomenda ao Concello de Santiago a posta en marcha do sistema de paradas antiacoso e a mellora da iluminación e á propia universidade a mellora da 'Senda Segura' creada hai dous anos.
- Entrevista | Ghaleb Jaber Martínez
- Cultura
"Hai que rematar co mito de que as cousas en galego non se venden fóra. Claro que se venden, o que hai que ter é calidade"
Dende hai uns días pode verse en todo o mundo a través de Netflix a segunda tempada de O sabor das margaridas, a serie que acadou un notable éxito internacional emitíndose na súa versión orixinal en galego. Falamos co seu creador, que destaca o impacto da etiqueta do Galician Noir: "é unha mágoa que tendo unha marca de prestixio internacional, aínda non se estea aproveitando"
- Entrevista | Isaac González
- Ciencia e tecnoloxía
"Agora.gal aspira a ser a porta de entrada á Internet en galego"
Este domingo nace Agora.gal, un medio de medios que selecciona e organiza contidos publicados en galego por outras webs, servindo de guía para a navegación nunha rede cada vez máis inabarcable e buscando o "reforzo da comunidade dixital galega". Falamos cun dos seus impulsores.
- Entrevista | Pepe Cabido
- Acontece
"Son necesarios novos referentes masculinos: heroes que coidan, que dan vida, que amosan os seus sentimentos"
Xosé Cabido, mestre de Filosofía no ensino secundario, imparte dende hai anos obradoiros sobre igualdade a mozos adolescentes. Este venres ofrece a través de Semente un curso online dirixido a familias, profesorado e profesionais no que amosará como traballa cos rapaces buscando "masculinidades disidentes"