40 anos do 23-F: a noite que a democracia cambaleou
Entrevistamos a Xesús Veiga, Carlos Barros, Joám Facal e Manuel Monge, que relatan a súa experiencia naquela xornada e analizan o seu desenvolvemento posterior. Os tres figuraba, ademais, nas 'listas negras' que os golpistas manexaban en Galicia, que ofrecemos nunha táboa interactiva con 500 nomes
- Mapa Coronavirus
- Acontece
A Xunta reabre a hostalería e permite a mobilidade segundo a incidencia da COVID e por áreas sanitarias agás en 17 concellos
O Goberno galego crea unha nova escala de restricións baseada na suma de casos a 14 días e Feijóo pide á cidadanía que “se quere volver aos bares, teña un comportamento individual correcto”
A crise da COVID devolveu aos 'labores da casa' a máis de dez mil galegas
A CIG salienta nun informe que "mentres a crise do 2009 sacara as mulleres da casa, esta en cambio devolveunas ao fogar", en parte para o coidado de persoas dependentes. O sindicato fai fincapé no efecto negativo que tiveron os recortes de servizos. Ademais, lembra o mantemento da fenda salarial, que ao ritmo actual de redución tardaría 300 anos en desaparecer.
Menos residencias e persoal sanitario, pero máis maiores de 80: as razóns polas que Galicia terá agora máis vacinas da COVID
Galicia recibiu ata agora un número de doses por habitante moi inferior á media española ao contar con menos prazas residenciais e persoal sanitario. Porén, a Consellaría de Sanidade informa de que o primeiro envío de marzo será moi superior, atendendo á maior proporción de poboación maior. A Xunta quere vacinar 30.000 persoas de máis de 80 anos á semana.
A vacinación reduce ao mínimo os novos positivos de COVID nas residencias galegas
Nos últimos sete días diagnosticáronse 34 novos casos de Covid-19 nas residencias galegas de maiores e de atención á discapacidade. Trátase da cifra máis baixa dende setembro e amosa que a mellora nestes centros, onde todos os seus usuarios e persoal recibiron xa a segunda dose da vacina, está a ser moito máis rápida que no conxunto do país
O TSXG non ve razóns de urxencia para anular o peche da hostalaría pero pídelle á Xunta que xustifique a medida
O tribunal rexeita a demanda a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña, que solicitaba medidas cautelares urxentes ante as restricións. Os xuíces non entran no fondo da demanda (a legalidade do peche) e ordenan abrir unha peza separada e tramitar a cuestión de forma ordinaria
O BNG propón un cambio lexislativo "para que ningunha muller teña que elixir entre ser nai ou científica"
A proposición de lei, que leva o nome da oceanógrafa ferrolá Ángeles Alvariño, recolle medidas para garantir a igualdade de xénero no acceso ás convocatorias de investigación nas universidades, organismos de investigación e entidades do sistema de I+D+i galego
A Igrexa rexistrou 7.131 bens en Galicia entre 1998 e 2015, máis da metade terreos e edificios de uso non relixioso
O Consello de Ministros remitiu ao Congreso a lista de inmobles e espazos rexistrados pola Igrexa nese período, entre os que o 20% son galegos. A publicación abre a porta á recuperación da propiedade por parte de administracións e particulares, aínda que a través dun proceso moi complexo
As autoridades sanitarias definen os grupos prioritarios de vacinación contra a COVID ata a poboación entre 45 e 55 anos
Despois das maiores de 80 anos, as seguintes serán as persoas entre 70 e 79, entre 60 e 69 e, posteriormente, as de menos de 60 "con condicións de risco alto de padecer enfermidade grave pola COVID". En paralelo recibirá a vacina de AstraZeneca o persoal esencial e, a continuación, as persoas entre 45 e 55 anos.
A Xunta mantén a súa defensa da caza do lobo malia que dende 2013 non se abateu ningún de forma legal en Galicia
PP e PSdeG demandan no Parlamento que o Goberno central reconsidere a decisión de outorgar unha maior protección a esta especie. Pola contra, o BNG apoia a medida pero reclámalle ao Goberno galego máis apoios para os gandeiros afectados polos ataques deste animal, que o ano pasado causou a morte dunhas dúas mil vacas, ovellas e cabras, un 0,14% do total do gando.
Memoria Celanova insta a derrubar a Cruz dos Caídos levantada en 1939 por falanxistas
A entidade lanza un manifesto apoiado por historiadores e historiadoras, asociacións e persoas do mundo da cultura e esixe ao Concello a eliminación do monumento en aplicación da Lei de Memoria Histórica.
Un volume de textos inéditos e un vídeo colectivo amosan a 'luz' de Lois Pereiro no seu 25 cabodano
Este martes Lois Pereiro faría 63 anos de idade e o vindeiro 24 de maio é o 25 aniversario do seu pasamento. O Ateneo Casino de Monforte publica o vídeo 'A luz de Lois', no que persoas do mundo das letras, da música ou da escena len versos do poeta. Chan da Pólvora publica 'Cadernos persoais' a partir de textos inéditos escritos entre 1989 e 1996