- Datos Coronavirus
- Acontece
169 concellos reduciron o seu número de casos de COVID na última semana, pero a mellora non chega aínda ás UCI
Na última semana detectáronse ao redor de 900 novos positivos cada día, aínda tres veces máis que antes do Nadal. A incidencia descende na maior parte de Galicia, pero máis de 50 concellos teñen hoxe máis casos que o pasado domingo. O número de camas ocupadas nos hospitais descende, pero as UCI seguen en máximos.
Os centros de ensino rematan a semana cun descenso de casos de COVID pero aínda case 200 aulas pechadas
A cifra de casos marcou o martes un máximo dende o comezo da pandemia. Dende entón vén descendendo, pero aínda triplica o nivel co que se iniciou o trimestre.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O nivel de ocupación das UCI segue en máximos a pesar do descenso no número de novos casos de COVID
Ademais, 24 novos falecementos elevan a 525 o número de mortes dende o 1 de xaneiro. Redúcese a taxa de positividade e hai unha caída xeral no número de positivos detectados, pero hai aínda 57 concellos con incidencias por riba dos mil casos por cada 100.000 habitabtes.
Unha sentenza confirma a obriga de ter un certificado negativo de delitos sexuais para realizar prácticas de enfermaría
A un alumno da Escola de Enfermaría da UDC foille negada a posibilidade de realizar prácticas en centros sanitarios ao non presentar o documento. O home fora condenado por un delito sexual cando tiña 14 anos. A lei restrinxe o acceso e exercicio ás profesións que impliquen contacto habitual con menores ás persoas condenadas por esta causa.
O ecoloxismo celebra a prohibición da caza xeneralizada do lobo, fronte ás criticas de Xunta e algúns gandeiros
A decisión, baseada en informes científicos e nas recomendacións da Unión Europea, foi aprobada por unha minoría moi axustada na Comisión Estatal para o Patrimonio Natural. Destácase o valor do lobo para o equilibrio dos ecosistemas e que, por exemplo, é "o principal depredador natural das poboacións de xabaríns".
- Entrevista | Silvia Antolín
- Ciencia e tecnoloxía
"A investigación é básica no cancro. Cada vez máis terapias cambian a historia de enfermidades que antes provocaban a morte"
No Día Internacional contra o Cancro, falamos cunha oncóloga do hospital da Coruña sobre esta enfermidade e como está a afectar a pandemia de COVID aos tratamentos e diagnósticos, que na primeira onda sufriron perigosos aprazamentos. Destaca que na terceira onda o impacto está a ser menor e que as cirurxías adiadas se recuperarán nunhas semanas
A Coruña deixa de ser a única cidade sen ordenanza de uso do galego
O pleno municipal aprobou a proposta de ordenanza cos votos a favor de todos os grupos, agás do PP, que se abstivo. A norma busca entre outros obxectivos garantir o respecto ao dereito das persoas galego-falantes a seren atendidas na súa lingua. Vigo ou Santiago aprobaron ordenanzas semellantes hai máis de 30 anos.
A conselleira delegada de DomusVi vacinouse contra a COVID nunha das súas residencias
A empresaria e o seu irmán foron vacinados en Vigo o pasado 8 de xaneiro, en principio sen coñecemento da Xunta, que afirma que non figuraban na relación de traballadores da empresa que ían recibir a protección contra a enfermidade. A compañía xustifica que ambos os dous directivos están en contacto con usuarios e usuarias dos seus centros.
- Galería
- Cultura
Así era Galicia: publícanse na rede miles de imaxes históricas que amosan os cambios das cidades e vilas galegas
O Ministerio de Cultura ofrece en aberto a fototeca do Instituto de Patrimonio Cultural, con máis de 275.000 imaxes, entre elas as do alemán Otto Wunderlich, que percorreu Galicia nos anos 20 e 30 do pasado século, e a do español Juan Miguel Pando, que traballou entre os 50 e os 70.
Miño acorda coa SAREB a cesión de 12 vivendas da burbulla inmobiliaria para dedicalas a alugueiro social
As vivendas, todas sen estrear, alugaranse por un prezo entre os 160 e os 170 euros ao mes. O alcalde da localidade destaca que co acordo, "pioneiro en Galicia", queren sacar "algo positivo" para a veciñanza dunha burbulla inmobiliaria que "aínda sufriremos durante bastantes anos"
- Vídeo
- Movementos sociais
"O dilema do século XXI é renda universal ou barbarie": entidades galegas lanzan o debate cun vídeo colectivo
Os Colectivos Cidadáns pola Renda Básica Universal, organizados en Santiago de Compostela, A Coruña e Betanzos, veñen de publicar un vídeo no que economistas, docentes e persoas do ámbito da cultura como Quico Cadaval ou Patricia de Lorenzo explican o seu apoio a esta proposta
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID provocou 400 mortes en Galicia en xaneiro, con máis proporción de falecementos fóra das residencias
Foi o segundo mes con máis defuncións dende o inicio da pandemia, só por detrás de abril (428). O 26% das mortes produciuse nas residencias, por debaixo do 40% de meses anteriores. As persoas maiores que viven fóra destes centros foron as máis afectadas pola terceira onda