Contos e Novo Cinema Galego de balde para pasar mellor o confinamento
A web de Novo Cinema Galego, que funciona como arquivo dos traballos deste movemento cinematográfico, propón un ciclo de 15 filmes para ver online. De igual xeito, o Festival Atlántica de narración oral está a colgar vídeos con contos "para nenos e maiores" dalgúns dos e das artistas da edición que tivo que ser suspendida.
O aplauso ao persoal sanitario e ao sistema público de saúde convértese no símbolo da loita contra o coronavirus
Todos os días ás 20 horas milleiros de persoas aplauden dende as súas casas aos traballadores e traballadoras do Sergas, recoñecendo o seu traballo. O persoal está a responder a estes agradecementos a través das redes sociais.
Máis preguntas e respostas sobre as restricións e peches para frear o coronavirus que atinxen a Galicia
Todas as tendas de alimentación poden permanecer abertas con normalidade, tamén as áreas dos centros comerciais dedicadas á venda de alimentos. Bares e cafeterías teñen que pechar agás para entregas e envíos a domicilio. Recompilamos as medidas xa vixentes para frear o virus, engadindo as estipuladas na declaración de estado de alarma por parte do Goberno central
Os casos de coronavirus soben a 112 en Galicia e chegan as tres primeiras altas
A área sanitaria con máis casos segue a ser a da Coruña con 45 e nela rexistráronse tamén as primeiras altas
O Goberno central decretará o estado de alarma para loitar contra o coronavirus
A medida permite limitar temporalmente a circulación de persoas pero non afecta aos dereitos fundamentais da cidadanía
O persoal das bibliotecas reclámalle á Xunta que peche todos os centros para evitar a propagación do virus
O Goberno galego só obriga a limitar a súa capacidade, pero os profesionais subliñan que a medida pon en risco a súa saúde e a de todas as persoas usuarias. Un gran número de concellos e deputacións si decretaron o peche total das súas bibliotecas
Os concellos adoptan medidas de control do coronavirus, que comezan a chegar a discotecas e bares
Pechan escolas infantís, bibliotecas e instalacións deportivas municipais. Ademais, suspéndense festas, feiras e outros eventos. Aínda que non se estableceron restricións para os locais de hostalería e ocio, varios establecementos comezan a anunciar o seu peche
- En actualización Coronavirus
- Acontece
Un feixe de preguntas e respostas sobre as medidas adoptadas para frear o coronavirus
Este xoves a Xunta anunciou unha batería de restricións para frear a propagación do coronavirus, o mesmo que o Goberno central, concellos ou universidades. Ensino, eventos públicos, residencias e centros de día son algúns dos ámbitos afectados máis directamente polas medidas
- En actualización Coronavirus
- Acontece
A Xunta suspende as clases dende o luns polo coronavirus
Este venres xa non será obrigatoria a asistencia e a partir do luns todos os colexios e institutos permanecerán pechados. Tamén quedan pechados a partir do luns todos os centros sociocomunitarios e limítanse as concentracións de persoas a 500 persoas en espazos pechados
O coronavirus pon tamén en suspenso as mobilizacións sociais en Galicia
Suspéndese a manifestación en defensa da sanidade pública en Vigo e tamén as concentracións pola Atención Primaria na Coruña ou as mobilizacións das Enfermeiras en Loita. Igualmente, adíanse a marcha pola reindustrialización de Ferrol, as protestas das nais e pais de Sarria ou a foliada impulsada pola Plataforma Touro-O Pino
- Entrevista | Francisco Caamaño Isorna Coronavirus
- Acontece
"Debemos ser responsables e manter distancia social. Gañar tempo contra o Covid-19 permitirá que o sistema non faga crac"
Francisco Caamaño Isorna é profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC. Falamos con el sobre o estado no que se atopa a propagación do coronavirus en Galicia, as medidas adoptadas polas autoridade e sobre o que a cidadanía pode facer para colaborar no freo á extensión da enfermidade.
A Coruña concentra a maior parte de infectados polo coronavirus, que suman 44 en toda Galicia
29 dos positivos xa foron confirmados e outros 15 están pendentes dunha segunda análise. A cidade herculina chega a 29 casos, a maior parte relacionados cun centro social que xa foi clausurado. Vigo rexistra 6 casos, Pontevedra 4, e Lugo e Ourense 2 en cada área sanitaria