A selectividade fixa a primeira semana de xullo como data máis probable e descártase a súa suspensión
Este mércores os responsables de Educación das comunidades autónomas e do Ministerio estenderán previsiblemente a data límite para a realización das probas. Celso Rodríguez (representante da USC na CiUG) é tallante: "gustaríame que se fixesen canto antes, pero calquera cousa é mellor que a súa supresión"
Máis de 240.000 persoas pasan soas o confinamento en Galicia, a metade con máis de 65 anos
Moitos concellos puxeron en marcha medidas para atender nos seus domicilios a persoas con necesidades diversas, e tamén funcionan redes de voluntariado e programas de acompañamento telefónico. 80 mil familias galegas pasan o confinamento cos seus fillos e fillas en vivendas de menos de 75 metros cadrados
As traballadoras da residencia de Celanova con 24 casos de coronavirus reclaman a axuda urxente das administracións
13 residentes e 11 traballadoras deron positivo trala morte dunha das internas. Este domingo e luns as únicas catro empregadas non contaxiadas tiveron de facerse cargo de 54 persoas. Alertan de que se non reciben axuda e máis persoal, está en risco a saúde de todas as internas.
Onde se confinan as persoas sen fogar? Os concellos habilitan albergues e pavillóns para acollelas
Calcúlase que 1.200 persoas dormen habitualmente na rúa en Galicia, unha cifra que Cáritas duplica. Ademais dos albergues, que deben permanecer abertos, concellos coma A Coruña, Lugo, Vigo ou Vilagarcía abriron pavillóns deportivos para aloxar estas persoas.
A superficie dedicada a terras de cultivo en Galicia descendeu 35.000 hectáreas na última década
Dende o 2008 as terras agrarias pasaron de 475.560 a 440.380 hectáreas, unha caída equivalente a 50.000 campos de fútbol. Tamén caeu a superficie de prados e pasteiros, mentres medraba en 41.000 hectáreas a forestal. A Terra Chá foi a comarca na que máis se reduciron as terras de cultivo
As residencias de maiores galegas rexistran case medio cento de positivos por coronavirus
Están infectadas 30 persoas residentes, que preocupan pola súa avanzada idade, e 14 traballadoras. A situación que máis preocupa é a dun centro de Celanova, con 24 casos, pero hai tamén en Compostela, Vigo ou Caldas. O persoal denuncia a falta de materiais de protección
- Reportaxe Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
Isabel Zendal, a enfermeira galega á que lle debemos a difusión da vacina que erradicou a varíola
Nacida en Ordes en 1773, foi a encargada de coidar os 22 nenos orfos que en 1803 transportaron nos seus corpos a vacina da varíola a América e Asia. En 1950 a OMS recoñeceuna como a primeira enfermeira da historia en misión internacional
Feijóo sitúa os materiais de protección como a prioridade do seu Goberno e anuncia a chegada de 8 millóns de máscaras
O presidente da Xunta revela que Galicia gasta 250.000 máscaras cada sete días e que o Sergas ten reservas para dúas semanas. Advirte tamén sobre a falta de batas e tests e alerta de que "a presión asistencial que imos soportar a finais desta semana vai ser moi dura". Critica o reparto de recursos económicos pero di que "non é o momento de esixir responsabilidades"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia chega ás 260 persoas hospitalizadas polo coronavirus, 33 delas na UCI
O número total de casos de casos confirmados é de 885. Nas últimas horas producíronse dous novos falecementos, sumando xa 14. Tamén aumentaron as altas, un total de 16, con dez novos pacientes recuperados. A Coruña, con 226, segue sendo a área sanitaria con máis casos, pero medra a incidencia en Vigo, con 220
O estado de alarma polo coronavirus prorrogarase cando menos 15 días máis
A medida, que deberá ser aprobada polo Congreso, manterá o confinamento obrigatorio e a limitación de movementos ata o remate da Semana Santa. Núñez Feijóo criticoulle ao Goberno central a falta de equipos de protección
- Entrevista Coronavirus
- Acontece
"Ir ao súper non é unha escusa para saír da casa. Pedimos que a xente merque para varios días"
Falamos cun empregado dun Carrefour de Vigo, que explica a situación na que está a traballar. "Hai persoas que son moi comprensivas e agradecidas. Pero hai outra xente que pensa que fai caso omiso ás advertencias", sinala. Pide, ademais, que as empresas non abran os domingos, como permitiu a Xunta.
A planta de Alu Ibérica na Coruña pecha 14 días por precaución trala morte por coronavirus dun ex-traballador
A decisión foi adoptada despois de coñecer o falecemento polo Covid-19 de José Luis Paz Pena, ex-presidente do comité de empresa, de 75 anos e xa xubilado, pero que nos días anteriores estivera en contacto con varios traballadores.