Os exames de selectividade tras o coronavirus quedan fixados do 7 ao 9 de xullo en Galicia
O Ministerio de Educación establecera que todas as comunidades autónomas debían realizar os exames antes do 10 de xullo. Xunta e CiUG, na que están representadas as tres universidades galegas, decidiron aproveitar ao máximo o límite fixado para a realización das probas
- Reportaxe Coronavirus
- Movementos sociais
As paredes falan no medio da epidemia: o 'Ola, veciñas' como forma de unión durante o confinamento
Videocreadoras de toda Galicia, de Vigo a Compostela pasando polo Porriño, realizan proxección todos os días sobre as fachadas dos edificios enfronte das súas casas. Son mensaxes de ánimo, de crítica política, de humor, de apoio ao persoal sanitario e, sobre todo, de unión entre veciñas e veciños.
A ministra de Educación prevé a volta ás aulas "en maio ou comezos de xuño"
Isabel Celaá afirmou este xoves que a partir do 11 de abril "avaliaremos a situación para ver se podemos asegurar unha volta aos colexios en maio". Descarta dar o curso por finalizado e di ter "absoluta confianza" en regresar ás clases presenciais "aínda que sexan 15 ou 20 días para facer un repaso xeral"
Os 'letubers' de Espazo Lectura recomendan libros en galego para pasar o confinamento
Dende a pasada semana a entidade do Val Miñor está a publicar vídeos de rapaces e rapazas da comarca que recomendan obras infantís e xuvenís en galego, e que comparten coa etiqueta #quedonacasalendocontigo
As traballadoras e as persoas internas das residencias de maiores, en "situación límite" polo coronavirus
O número de positivos pola Covid-19 nas residencias de maiores é xa de 110 (88 residentes e 21 traballadoras). Colectivos de usuarios e sindicatos alertan da falta de medios e da saturación que sofre o seu persoal
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os hospitais galegos tratan xa case 600 persoas enfermas de coronavirus, 86 delas na UCI
O número de casos en Galicia ascende a 1.832, 234 máis ca onte, o que supón un ascenso do 14,6%. Nas últimas 24 horas duplicouse a cifra de altas (25 máis, ata un total de 47), que por primeira vez superan ao número de falecementos, que chegan a 36. Vigo segue a ser a área con máis positivos.
Os intercambios en custodias compartidas deben manterse durante o confinamento, agás as visitas intersemanais
A Xunta de Xuíces de Familia de Vigo adoptou unha serie de criterios orientativos para os proxenitores, que son quen deben acordar o réxime nestes días, sinalando que as visitas deben manterse, pero aconsellando suprimir as que se realizan no medio da semana sen pernoita. Piden que se valore, por riba de todo, o "ben superior dos menores"
Os sindicatos acusan de "deslealdade" á sanidade privada por "pechar" no medio da crise e piden que os Gobernos interveñan
UGT e CIG pídenlle á Consellería que obrigue os hospitais a "manter as súas traballadoras e traballadores", poñendo os seus recursos materiais e humanos "a disposición do sistema sanitario público". HM está a desfacerse de persoal a través da non renovación de contratos e pedíndolles que tomen agora as súas vacacións
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de persoas hospitalizadas polo coronavirus en Galicia achégase ás 500, con 69 na UCI
A cifra total de positivos é de 1.598, 224 máis que o día anterior, o que significa un ascenso do 16%. Por primeira vez Vigo é a área que presenta máis casos, con 396. Houbo xa 30 mortes, as últimas na Coruña e Pontevedra.
Critican que a Xunta inclúa a caza entre as excepcións ao confinamento
Dende este domingo en Galicia poden autorizarse accións de caza de especies cinexéticas nunha serie de supostos. ASCEL acusa o Goberno galego de practicar un "trato de favor" en relación co colectivo de cazadores.
Dez consellos para pasar mellor o confinamento (e outros tantos para desinfectar a túa casa)
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Farmacéuticos/as da Coruña, vén de publicar un decálogo de consellos "para axudar a levar mellor esta emerxencia sanitaria". Chaman a organizar rutinas, manter unha actitude positiva cara ás demais persoas, manter o contacto telemático con amizades e familia e a informarse só de fontes fiables
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera por primeira vez o 25% de persoas maiores de 65 anos, as máis ameazadas polo coronavirus
Tan só 12 concellos teñen máis poboación menor de 20 anos que maior de 65 e na provincia de Ourense a porcentaxe de poboación maior supera o 31%. O 17% dos maiores de 80 anos contaxiados da Covid-19 morre e máis do 50% deben ser ingresados no hospital