O cabo redondelán expulsado do Exército por opoñerse ao franquismo, distinguido como 'Republicano de Honra'
Marco Antonio Santos asinou o manifesto demócrata que respondeu a outro manifesto en defensa de Franco impulsado por centos de militares. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica destaca que Santos é "un exemplo da defensa dos valores democráticos e republicanos, da lealdade á Constitución e á Democracia"
- Entrevista | Azucena Mora Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
"As PCR e os test rápidos son complementarios e necesarios para erradicar o coronavirus"
Azucena Mora, experta en microbioloxía e en patoloxías animais e humanas e profesora da USC, explica as características de unhas e outras probas para a detección do coronavirus. Destaca que as PCR deben seguir sendo a referencia, pero subliña a importancia dos tests rápidos para coñecer mellor a enfermidade.
A Xunta mantén a incerteza sobre a realización das oposicións do profesorado en xuño
A Consellería de Educación aposta por manter as probas nas mesmas datas, a pesar da extensión do estado de alarma. Porén, advirte de que nunhas semanas "revisará os prazos" se as autoridades sanitarias indican que a enfermidade non permite a súa realización con "normalidade"
O coronavirus provocará unha perda de máis do 5,6% no PIB galego e a recuperación dependerá do control da enfermidade
O Foro Económico de Galicia publica unha análise sobre os efectos da epidemia, que calcula que o impacto podería acadar o 7,4% do PIB se o estado de alarma se prorroga ata mediados de maio. Prevé un "efecto rebote" unha vez superada a crise, pero advirte de que só se producirá se a enfermidade se controla "pronto e con éxito"
Sobre as máscaras de protección contra o coronavirus, cando usalas e que erros non cometer
A OMS segue sen recomendar o seu uso por parte das persoas sen síntomas, pero o Goberno central está estudando propoñer a súa utilización xeneralizada, aínda que non será obrigatorio mentres non se poida garantir que toda a poboación accede a elas. Ademais, hai unha serie de recomendacións para o seu correcto uso que se deben seguir.
- Entrevista | Sonia Jalda (Trega) Coronavirus
- Acontece
"Os problemas nas residencias de maiores veñen de moi atrás e a Xunta sempre mirou para outro lado"
A voceira de Trega (Traballador@s de Residencias de Galicia) describe como "dramática" a situación que se vive estes días nas residencias e lembra que a súa entidade leva anos denuncian a falta de persoal en moitos centros. Reclama un cambio de modelo centrado en "residencias públicas, dignas e de calidade"
As críticas ás proxeccións da Escola Unitaria provocan un 'efecto Streisand' que multiplica as mensaxes por Galicia
As queixas dalgún veciño e do propio xornal El Correo Gallego foron respondidas pola iniciativa #plantandolumens, que anima a realizar proxeccións en fachadas e que tivo eco, con mensaxes de ánimo á cidadanía e sobre todo aos colectivos máis afectados polo coronavirus
O colectivo investigador reclama a prórroga dos seus contratos paralizados por mor do coronavirus
As medidas excepcionais provocaron o peche dos centros de traballo onde habitualmente realizan o seu labor, o que afecta á duración de moitos contratos temporais. O Real Decreto aprobado polo Goberno central protexe unicamente ao persoal financiado por programas públicos estatais.
O berro do sector artístico galego: unha cultura adiada, pero non cancelada polo coronavirus
Os e as profesionais da cultura esixen das administracións públicas "a execución do 100% do orzamento destinado á programación e actividade cultural no 2020, co compromiso da non cancelación de ningún evento, procedendo á súa suspensión e reprogramación cando sexa posible"
- Entrevista | Xosé Bernárdez Coronavirus
- Acontece
"A Xunta buscou a estratexia de diluír as cifras de mortes por coronavirus das residencias nos datos xerais"
Entidades de usuarios, familias e traballadores, o mesmo que os partidos da oposición, critican a información que o Goberno galego está a dar sobre a situación que se vive nos centros da terceira idade e de atención á discapacidade. O número de casos achégase aos mil, con máis de 50 mortes.
As tres universidades galegas acordan non retomar as clases presenciais este curso
Os tres reitores mantiveron este luns un encontro por videoconferencia coa conselleira de Educación, Carmen Pomar. A finais de abril haberá unha nova xuntanza para definir tanto o calendario como o modelo de avaliación
- Entrevista | Francisco Caamaño Isorna Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
"A apertura do confinamento será lenta e dependerá de que a xente siga respectando as medidas de distancia social"
Falamos con Francisco Caamaño Isorna, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, sobre o estado actual da enfermidade e as perspectivas de futuro, nas vindeiras semanas e meses. "Conviviremos co virus e tenderá a ser menos agresivo, pero mentres non teñamos a vacina, sufriremos os seus efectos e non é descartable un novo confinamento", sinala.