- En actualización Coronavirus
- Acontece
Un feixe de preguntas e respostas sobre as medidas adoptadas para frear o coronavirus
Este xoves a Xunta anunciou unha batería de restricións para frear a propagación do coronavirus, o mesmo que o Goberno central, concellos ou universidades. Ensino, eventos públicos, residencias e centros de día son algúns dos ámbitos afectados máis directamente polas medidas
- En actualización Coronavirus
- Acontece
A Xunta suspende as clases dende o luns polo coronavirus
Este venres xa non será obrigatoria a asistencia e a partir do luns todos os colexios e institutos permanecerán pechados. Tamén quedan pechados a partir do luns todos os centros sociocomunitarios e limítanse as concentracións de persoas a 500 persoas en espazos pechados
O coronavirus pon tamén en suspenso as mobilizacións sociais en Galicia
Suspéndese a manifestación en defensa da sanidade pública en Vigo e tamén as concentracións pola Atención Primaria na Coruña ou as mobilizacións das Enfermeiras en Loita. Igualmente, adíanse a marcha pola reindustrialización de Ferrol, as protestas das nais e pais de Sarria ou a foliada impulsada pola Plataforma Touro-O Pino
- Entrevista | Francisco Caamaño Isorna Coronavirus
- Acontece
"Debemos ser responsables e manter distancia social. Gañar tempo contra o Covid-19 permitirá que o sistema non faga crac"
Francisco Caamaño Isorna é profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC. Falamos con el sobre o estado no que se atopa a propagación do coronavirus en Galicia, as medidas adoptadas polas autoridade e sobre o que a cidadanía pode facer para colaborar no freo á extensión da enfermidade.
A Coruña concentra a maior parte de infectados polo coronavirus, que suman 44 en toda Galicia
29 dos positivos xa foron confirmados e outros 15 están pendentes dunha segunda análise. A cidade herculina chega a 29 casos, a maior parte relacionados cun centro social que xa foi clausurado. Vigo rexistra 6 casos, Pontevedra 4, e Lugo e Ourense 2 en cada área sanitaria
Os grupos contrarios ao túnel da viguesa Porta do Sol ven unha "chapuza" os cambios na obra anunciados polo Concello
Marea de Vigo, BNG e Vigo Histórico critican a modificación lanzada de forma sorpredente polo Goberno local, que suporía a ampliación do túnel ata a rúa Torrecedeira e un incremento de 6 millóns no custe da obra. Reclaman a paralización do proxecto e lembran os danos ao Casco Vello
"A sanidade pública e o seu persoal son a mellor arma contra o coronavirus"
Falamos con representantes de CIG, CC.OO. e do sindicato O'Mega, que valoran as accións de control do Covid-19 postas en marcha polo Sergas, pero piden máis protección e información para o persoal. Ademais, alertan dos efectos dos recortes e esixen a contratación de profesionais de reforzo se a enfermidade se propaga.
- Reportaxe 8M 2020
- Movementos sociais
O 8M tamén existe fóra das cidades
Falamos con representantes de Azos Feministas (Lalín), de Mulleres en Padrón, de Polamiúda (Chantada) e Sonlilá (Carnota). Ademais, regresamos á aldea de Loureiro, que o 8 de marzo de 2019 viviu a primeira manifestación da súa historia
Doce novos positivos elevan a 18 o número de casos de coronavirus confirmados en Galicia
Once dos novos infectados residen na Coruña e a restante é unha mestra ourensá. Os casos da cidade herculina están relacionados cun centro cívico que vén de ser clausurado de forma preventiva. Dous dos doentes están na UCI e outros dous atópanse ingresados nunha unidade hospitalaria convencional; os outros nove están en illamento nos seus domicilio. A meirande parte son de idade avanzada
- Entrevista | Bernardo Máiz Letras Galegas 2020
- Cultura
"A dirección actual da RAG entendeu que Carvalho Calero é un xigante intelectual e que non podía ser mantido no ostracismo"
A pasada semana presentouse en Ferrol o libro colectivo 'O Carballo que fun en Ferrol. Aproximación a Ricardo Carvalho Calero', coordinado por Bernardo Máiz e que se une ao volume 'Hei de entrar no meu povo' (Edicións Embora), no que tamén colabora o historiador
Cada día cinco familias galegas son desaloxadas da súa vivenda por non pagar o alugueiro, a cifra máis alta dende 2013
O pasado ano practicáronse 2.271 lanzamentos en Galicia, dos que 1.800 tiveron a súa orixe en incumprimentos da Lei de Arrendamentos Urbanos e tan só 396 en execucións hipotecarias. Os desaloxos motivados polo impagamento do alugueiro medraron un 44%.
"A mirada dominante sobre o mundo segue sendo moi masculina e iso reflíctese no audiovisual"
A cuarta edición do Mufest (Festival de Cine feito por Mulleres), impulsado por Andaina, celebrarase en Compostela do 10 ao 14 de marzo, incluíndo ademais das proxeccións dúas mesas redondas. Falamos con Nanina Santos e Aida Raíndo, organizadoras