- Entrevista | Rosa Cerqueiro (MGSM) Coronavirus
- Acontece
"Cómpre reforzar os servizos de atención primaria e de atención á saúde mental para cando se supere a fase aguda do coronavirus"
O Movemento Galego de Saúde Mental fai un chamamento a reforzar os servizos públicos e a superar a "precariedade" que sofre a atención sanitaria, que deberá dar resposta aos efectos da crise económica provocada pola pandemia. Falamos coa súa voceira, Rosa Cerqueiro.
Colectivos sociais galegos reclaman unha renda básica universal que supere as limitacións doutras axudas
Os 13 colectivos que impulsan a campaña 'Renda Básica Xa' rexeitan a RISGA polas súas "contías miserentas" e por ter unha "taxa de cobertura da poboación empobrecida ínfima e cun nivel altísimo de burocracia". Tamén piden que o Goberno vaia máis aló do anunciado Ingreso Mínimo Vital .
En 1 de cada 2 aulas virtuais realizadas durante o confinamento participa menos da metade do alumnado
Tan só o 20% do profesorado de Primaria e Secundaria afirma que pode interactuar de forma axeitada co seu alumnado, segundo unha enquisa realizada por CIG-Ensino na que participaron 6.352 docentes. Tan só o 5% dos e das entrevistadas valora como "apropiado" o papel da Consellería de Educación na coordinación do traballo de teledocencia.
- Obituario | Luz Pozo Garza
- Cultura
Morre aos 97 anos Luz Pozo Garza, voz esencial da poesía galega do século XX
Nacida en Ribadeo en 1922, finou este luns na Coruña, onde residía dende finais dos anos 80. Poeta, ensaísta e catedrática de literatura de ensino medio, deixou varias ducias de obras, nas que foron centrais o amor, a sensualidade, Rosalía de Castro como referente e a luz como elemento simbólico.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os desprazamentos fóra do fogar reducíronse un 63% en Galicia dende o inicio do confinamento
Os datos de posicionamento dos teléfonos móbiles analizados polo Ministerio de Transportes revelan que a limitación de movementos en Galicia foi inferior á media española, pero foi incrementándose ao longo do tempo, acadando o 68% durante a Semana Santa
Dous estudos da USC recollen datos con enquisas online sobre os efectos e hábitos das crianzas no confinamento
As dúas investigacións exploran como están a levar nenos e nenas a obrigada permanencia no interior das súas vivendas e, ademais, o tipo de xogos que os rapaces e rapazas están a realizar nos seus fogares, coas súas familias ou en solitario.
Morre na Coruña o primeiro farmacéutico galego polo coronavirus, que afecta a varias ducias de profesionais das boticas
Os farmacéuticos e farmacéuticas son un dos colectivos que teñen que facer fronte ao coronavirus de forma máis directa. En Galicia hai un total de 35 profesionais enfermos, dun total de 30 boticas. A campaña "non baixamos a garda" busca recoñecer o traballo deste colectivo
- Datos Coronavirus
- Acontece
O 60% das mortes por coronavirus en Galicia na última semana foron de usuarios de residencias
Núñez Feijóo defende que a situación é mellor que noutros territorios do Estado e pide que se fagan públicos todos os datos. O número de novos casos nas residencias galegas comeza a estabilizarse, pero segue a rexistrarse un gran número de falecementos
Ministerio e autonomías acordan facilitar que o alumnado pase de curso e basear as notas nos dous primeiros trimestres
A posibilidade de regresar ás aulas antes do remate do curso en xuño dependerá da evolución da epidemia e das decisións das autoridades sanitarias. O terceiro trimestre servirá como reforzo e para mellorar as cualificacións, pero a avaliación realizarase tendo en conta o traballo anterior ao confinamento
O modelo matemático dun grupo de investigadores prevé o control do coronavirus en Galicia a mediados de maio
O equipo, formado por investigadores das universidades de Santiago, Vigo e Aveiro, anticipou xa o 4 de marzo a evolución que despois seguiría a epidemia no noso país. Destacan que "comeza a verse a luz ao final do túnel", pero subliñan que se debn manter as medidas de prevención para evitar rebrotes.
A residencia de Nigrán que a Xunta destinou a acoller a anciáns sen coronavirus rexistra dous positivos
Dúas mulleres que foron trasladadas do centro DomusVi intervido polo Goberno galego en Vigo e que en principio non estaban infectadas, deron positivo por coronavirus nas últimas horas. Ignórase se foron contaxiadas en Nigrán ou se houbo un erro nas probas que se lles realizaran antes do traslados e que tiveran un resultado negativo
SLG e Fruga reclaman ante a Xunta a reapertura dos mercados labregos e accións para favorecer as producións galegas
Instan ao Goberno galego a exercer un papel activo na compra pública de alimentos e piden igualmente que as hortas de autoconsumo deben ser consideradas "como unha actividade esencial, sen atrancos en forma de distancias mínimas con respecto ao domicilio"