Estes son os criterios sanitarios que determinarán o regreso de cada territorio á 'nova normalidade'
O proceso de desescalada rexerase no seu ritmo de avance por unha serie de criterios epidemiolóxicos, de capacidade do sistema sanitario, socioeconómicos e de mobilidade. O Goberno central detallounos nun documento aprobado polo Consello de Ministros. Explicámolos aquí.
En Galicia poderase pasar de curso con máis de dous suspensos, agás para obter o título de Bacharelato
A Consellería de Educación vén de remitir aos centros de ensino o documento de instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre, que detalla a forma que se rematará o actual curso lectivo, marcado pola epidemia de coronavirus.
Aspirantes ás oposicións de Educación piden á Xunta unha soa convocatoria coas prazas de 2020 e 2021
A plataforma #Opos2021XustasParaTodxs agrupa a un milleiro de estudantes dos mestrados de Secundaria, do curso de Profesorado Técnico de FP e dos graos de Maxisterio Infantil e Primaria sinala que se poden ver prexudicadas se se abre o prazo de inscrición en canto finalice o estado de alarma.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia cumpre os criterios hospitalarios da desescalada, pero debe reducir aínda a transmisión do coronavirus
O Goberno central aproba este martes o calendario e os criterios que rexerán o proceso de remate do confinamento, que será gradual e asimétrico. Despois de tres semanas de mellora, Galicia conta con bos indicadores hospitalarios, pero o número de positivos diarios é aínda demasiado elevado.
- Datos
- Acontece
O incremento da poboación estranxeira permite recuperar os 2,7 millóns de habitantes nunha Galicia cada vez máis vella
O pequeno aumento poboacional do último ano (770 habitantes máis) permite recuperar o nivel dos 2,7 millóns, que se perdera no 2019 por primeira vez en varias décadas. O número de galegos e galegas nacidas noutros países medrou en 14 mil persoas nos últimos 12 meses.
O ritmo de transmisión do coronavirus en cada lugar e a capacidade hospitalaria definirán a saída "asimétrica" do confinamento
O Goberno central permitirá desde o 2 de maio o exercicio físico e os paseos no exterior e decidirá o ritmo de retorno á normalidade de cada territorio. Galicia terá que ter capacidade para dobrar as camas UCI e para que os centros de saúde traten en zonas separadas os pacientes de coronavirus para iniciar desescalada.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A volta da actividade económica non esencial levou a mobilidade ao seu máximo en Galicia dende o inicio do confinamento
A redución da mobilidade na última semana moveuse entre o -50% e o -57% de luns a venres, cando nas semanas anteriores a media estivera entre o -55% e o -62%.
O Día do Libro máis estraño, entre a ameaza da crise e a importancia da lectura durante o confinamento
Librarías e bibliotecas organizan actividades virtuais en toda Galicia. Varias campañas lembran a necesidade de apoiar as librarías de proximidade, reservando para elas as compras de libros.
O 'Día das rapazas nas TIC', unha xornada para rachar a fenda de xénero na tecnoloxía
Coincidindo con este evento internacional, lévanse a cabo iniciativas para fomentar as vocacións científicas e técnicas entre as alumnas de Primaria e Secundaria, por exemplo un coloquio por videoconferencia con catro profesionais galegas de éxito. A porcentaxe de mulleres nas carreiras de ciencias en Galicia caeu 10 puntos na última década
Política Social substitúe o director da residencia integrada de Baños de Molgas
Política Social sinala que a decisión xa estaba prevista e que o xeriatra -que criticou publicamente a xesión do Goberno galego- foi contratado para poñer en marcha inha instalación que agora, "tralo bo traballo realizado", pasa a formar parte da estrutura de Sanidade. CIG-Autonómica critica a "opacidade" do Executivo.
Recuperan, 50 anos despois, a novela inédita de Méndez Ferrín 'Os corvos, a figueira e a fouce de ouro'
O autor foi encarcerado dous anos por ter escrito esta novela, aínda non publicada e dedicada aos guerrilleiros antifranquistas galegos. As tres únicas copias perdéronse durante medio século, ata que o investigador da Universidade de Vigo Fernando Ramallo as localizou en 2018 en Salamanca.
- Entrevista | Sabela Losada (Materfem) Coronavirus
- Acontece
"Pedimos que se confíe máis nas crianzas e nas súas familias, mantivemos unha actitude moi responsable nas últimas semanas"
Entidades como ASEIA ou Maternidades Feministas reaccionaron con críticas ao anuncio do Goberno de limitar as saídas de nenos e nenas ás excepcións xa previstas para as persoas adultas e valoran positivamente a rectificación, pero reclaman medidas menos "adultocéntricas" e que teñan en conta as necesidades e dereitos dos e das menores. Falamos con Sabela Losada Cortizas