A crise xerada polo coronavirus empurra á pobreza a milleiros de familias vulnerables en Galicia
A ONG Igaxes vén de publicar un informe "urxente" que analiza o impacto da actual situación na mocidade e crianzas máis vulnerables. Faino a través de 559 entrevistas coas persoas que participan nos seus programas, que revelan unha perda xeneralizada de emprego e ingresos.
- Entrevista Coronavirus
- Acontece
"Esta crise visibilizou o absurdo e a inxustiza do reparto do espazo que había nas cidades a prol dos coches"
Falamos con Adrián Fernández (Greenpeace) e con Ana Montalbán (Ciudades que Caminan) sobre o efectos que a actual crise pode ter na mobilidade urbana. Repasamos, ademais, as medidas postas en marcha nos últimos días nas sete urbes galegas para ampliar o espazo dos peóns
Varios concellos critican que a falta de concreción da Xunta sobre as franxas horarias nos paseos provocou confusión
Aínda que o Goberno galego declarou que a partir do venres os treitos horarios por idade se eliminaban en todas as parroquias de menos de 5.000 habitantes, a realidade é que deixou a decisión final en mans de cada localidade. Varios alcaldes e alcaldesas acusan á Xunta de indefinición e mesmo de provocar o "caos".
Reabren os centros educativos entre críticas dos sindicatos pola falta de garantías sanitarias
Escolas, institutos e universidades recuperan a actividade para funcións administrativas, mais o persoal critica que a Consellería se limitou a publicar unha serie de recomendacións xenéricas para previr contaxios. A partir do 25 de maio o alumnado podería regresar de forma voluntaria, pero as centrais denuncian que "non se dan as condicións" para facelo
Marcial Dorado detalla a súa amizade con Núñez Feijóo: "non sei por que a nega, non hai nada que ocultar"
Dorado falou este domingo en televisión por primeira vez dende a súa condena por narcotráfico. Entrevistado por Jordi Évole en La Sexta, detallou a súa amizade co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, negada por este último.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma 37 novos positivos de coronavirus confirmados, pero cada vez realiza menos probas PCR
Ademais, detectáronse outros 31 casos a través de probas de anticorpos. A incidencia da enfermidade segue a descender lentamente, situándose en 32 casos diarios por cada 100.000 habitantes en 14 días, preto da media española. Por sétimo día consecutivo o número de probas PCR foi inferior ás dúas mil.
A fenda de xénero no coronavirus: sobrecarga de traballo para as mulleres, violencia de xénero e precariedade laboral
O Instituto da Muller vén de elaborar un informe que analiza o maior efecto causado pola epidemia sobre o colectivo feminino e que chama a ter en conta esta perspectiva de xénero para evitar o aumento das desigualdades, tanto nestas semanas coma nos vindeiros meses
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de novos diagnósticos de coronavirus en Galicia baixa ata 32, con 21 novas hospitalizacións
Mantense a tendencia positiva, co menor incremento de casos positivos detectados con proba PCR na última semana. Nas últimas 24 horas houbo tres mortes en Galicia, o que eleva a cifra total de falecementos polo coronavirus a 591.
Preguntas e respostas sobre a Fase 1, que Galicia comeza este luns
Toda Galicia entrará a partir deste luns na Fase 1 do desconfinamento. Que poderemos e non poderemos facer mentres permanezamos nesta fase? O BOE publicou este sábado a orde ministerial que detalla as condicións en que se pode desenvolver cada actividade, dende a apertura dos comercios e terrazas ata as reunións sociais ou os espectáculos culturais.
- Reportaxe Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
Os avances da ciencia galega contra o coronavirus, coa vista posta en acadar unha vacina
A sociedade volve a vista estas semanas cara ao sector da ciencia, que sufriu importantes recortes nos últimos anos, e que agora revela o seu papel imprescindible. Varios gruos de investigación galegos reciben financiamento para os seus estudos na procura dun tratamento contra a Covid-19.
Toda Galicia pasa este luns á Fase 1 do desconfinamento
O criterio territorial escollido é a provincia, dentro da cal os seus habitantes poderán desprazarse con liberdade. O confinamento seguirá sendo a norma, pero haberá importantes excepcións: poderá haber contacto social en grupos de 10 persoas ou menos, ademais abrirá o pequeno comercio e as terrazas dos bares, pero con estritos límites de capacidade.
A Xunta publica finalmente unha lista de parroquias nas que xa non se aplicarán as franxas horarias para os paseos
O Goberno galego remitiu á FEGAMP unha lista de 1.428 parroquias rurais de concellos de máis de 5.000 habitantes que non están obrigadas a respectar as limitacións fixadas para as zonas urbanas. Porén, cada Concello poderá manter as restricións se algunha destas entidades foi "absorbida polo casco urbano"