A Xunta denega a prórroga dos seus contratos a persoal investigador que tivo un permiso por nacemento
InvestiGal denuncia a exclusión de tres mulleres e un home con contratos postdoutorais de duración determinada da extensión decidida para 436 investigadores e investigadoras que se viran afectados polo peche dos centros de traballo polo coronavirus. O colectivo reclama medidas para mellorar a conciliación familiar no sector
As chamadas ao teléfono 016 de violencia de xénero aumentaron un 73% en Galicia en abril
No mes pasado rexistráronse 336 chamadas ao número de información e asesoramento xurídico sobre violencia machista, fronte ás 194 do mesmo mes do pasado ano. O número de chamadas realizadas directamente polas mulleres afectadas por esta violencia practicamente se duplicou.
Usuarios das residencias de DomusVi inician unha demanda colectiva contra a empresa pola súa xestión na pandemia
A iniciativa, de ámbito estatal, será levada pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios e podería presentarse no outono. Acusan á compañía de incumprir as condicións previstas nos contratos, con eivas no servizo que poderían ter incrementado os contaxios. Algunha das 30 residencias de DomusVi en Galicia tiveron as maiores cifras de infectados e mortes.
O 12X do coronavirus: máscara obrigatoria nos colexios electorais e prioridade para maiores de 65
O Goberno galego aprobará este venres o protocolo que busca que as eleccións se celebren en "condicións seguras". Proporá mecanismos para facilitar o voto por correo, solicitando que as persoas da terceira idade e vulnerables non teñan que saír da casa para exercer o sufraxio.
O firme rexeitamento das tres universidades ao plan para limitar a docencia presencial obrigou á Xunta a retiralo
O Goberno galego xustificou a súa marcha atrás nas críticas de "determinados colectivos". Pero a realidade é que a rectificación veu precedida dunha rotunda negativa por parte das tres institucións, que presentaron un plan de dixitalización alternativo, asentado na presencialidade e na autonomía universitaria. Entrevistamos o reitor da USC, Antonio López
A Xunta recúa e retira a súa proposta para xeneralizar a docencia online nas universidades da man dunha fundación privada
Educación di que toma esta decisión "ante a utilización da iniciativa para a confrontación que están a facer determinados colectivos". O proceso, que se completaría no curso 2021-22, ía ser coordinado por FEUGA. A CIG denunciara que implicaría o "desmantelamento" do sistema público e de calidade
Xa se pode ir á praia, con catro metros entre parasoles e queixas pola limitación da capacidade provocada pola preamar
As praias da costa atlántica e cantábrica (a diferenza das do Mediterráneo) teñen grandes mareas, e o Ministerio de Sanidade insta a calcular o espazo dispoñible en base ao tamaño do areal coa marea alta, o que limitaría moito o acceso en moitos lugares de Galicia
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas notifica dez casos máis de coronavirus nunha xornada sen diagnósticos novos por primeira vez dende o 12 de marzo
Este luns aparecen algunhas "discrepancias" nas cifras ofrecidas polo Ministerio de Sanidade, que afectan aos datos globais, "resultado da validación dos mesmos por parte das comunidades autónomas"
O TSXG acredita que residencias privadas de maiores incumprían o descanso do persoal previsto no convenio
Unha sentenza dá a razón a CC.OO., CIG e UGT, que esixían o respecto dun descanso semanal mínimo de 48 horas e a compensación por traballar en días festivos recollida polo acordo asinado en 2018. Os sindicatos levan anos denunciando a vulneración dos dereitos laborais e a sobrecarga de traballo
Persoal e usuarios de residencias convocan manifestacións en memoria das vítimas e en defensa dos servizos públicos
As "marchas cívicas" celebraranse o vindeiro 11 de xuño nas sete cidades galegas. Servirán como homenaxe ás persoas que faleceron por mor do coronavirus e reivindicarán "uns servizos sociais plenamente públicos, asequibles, de calidade e de proximidade", en contraposición do modelo actual, "ferozmente privatizado"
Galicia pasa á Fase 2, sen franxas horarias e máis actividade cultural, comercial e na hostalaría
A partir deste luns 25 de maio en todo o territorio galego bares e restaurantes poderán servir no interior, abrirán as grandes superficies comerciais e tamén os cines. Ademais, ningún concello manterá quendas para o paseo ou a actividade deportiva. De momento, segue sen estar permitida a mobilidade entre as distintas provincias galegas, como demandaba a Xunta
Acusan a Xunta de "facer propaganda" cunha inexistente política de recuperación do oso pardo en Galicia
PDCC, ADEGA, Ecoloxistas en Acción e SGHN demandan a redacción inmediata dun novo Decreto de Recuperación da especie en Galicia e "a paralización daquelas actuacións que deterioran o seu medio natural", como a autovía A-76, minas a ceo aberto ou parques eólicos situados na súa área de distribución