O twitter de Vicente Risco: así foi, minuto a minuto, a peregrinación entre Ourense e Compostela da Xeración Nós
O Consello da Cultura Galega comezou este mércores a retransmisión 'en directo' nas redes sociais da andaina que entre o 8 e o 11 de xullo de 1926 realizaron Otero Pedrayo, López Cuevillas, Vázquez Monxardín ou Risco, e que foi publicada en forma de crónicas en A Nosa Terra nos meses seguintes, a partir das anotacións realizadas polo autor ourensán.
Unha década de contratos temporais sucesivos: o persoal investigador sanitario denuncia a "precariedade laboral" da Xunta
Persoal das fundacións de investigación sanitaria denuncia en rolda de prensa a negativa da Xunta "a que se acorde ningunha forma de estabilidade laboral". Din atoparse "en situación de fraude de lei, con contratos temporais prorrogados sucesivamente durante anos"
- Interactivo Coronavirus Galegas 2020
- Política
O coronavirus paira sobre uns comicios marcados pola incerta mobilización do electorado
As eleccións do vindeiro domingo preséntanse como as máis incertas dos últimos anos en Galicia ante as dúbidas do efecto que a pandemia terá sobre a participación. Nos últimos anos a esquerda viuse prexudicada pola escasa activación do seu electorado nas zonas urbanas nos comicios ao Parlamento galego, moi inferior ao que se dá as eleccións xerais.
Críticas á precariedade laboral no CHUAC e no CHUS entre "un persoal ao que todo o mundo aplaudía durante a pandemia"
Un grupo de enfermeiras da UCI do Hospital da Coruña critica a falta de persoal e a imposibilidade de gozar dos seus días libres en xullo e agosto. UGT denuncia que o Sergas transforma no Hospital de Santiago contratos estables de prazas estruturais de pediatría "en contratos lixo".
Galicia sitúase por baixo da media estatal de probas PCR, que volveron medrar ante o brote da Mariña
A taxa galega de tests por habitante está a dous puntos do dato do conxunto de España dende o inicio da pandemia. Con todo, a pasada semana foi a terceira comunidade autónoma con fixo máis PCR, obrigada pola expansión do coronavirus na comarca lucense.
As Meninas e a ría de Ferrol, protagonistas dun concurso que dará unha semana para crear videoxogos en equipo
A Universidade da Coruña e a asociación Videoxogo.gal organizan unha game jam, que se desenvolverá de forma online e que busca fomentar a creatividade e o desenvolvemento de videoxogos en Galicia e establecer relacións entre os distintos participantes.
- Datos Coronavirus
- Acontece Lugo
Os casos que dispararon o brote de coronavirus da Mariña iniciaron os seus síntomas entre o 26 e o 28 de xuño
Os dez primeiros, detectados o 23 de xuño, iniciaron os seus síntomas o día 18, pero un total de 81 persoas comezáronos uns días máis tarde, segundo os datos publicados polo Instituto Carlos III. A pesar de que o brote se concentra na Mariña, as cifras do conxunto de Galicia superan moito os niveis de novos positivos existentes a finais de maio.
A selectividade mantense en Viveiro malia o coronavirus e con críticas polo "silencio" da Consellería de Educación
A partir deste martes 300 estudantes da Mariña levarán a cabo as probas no IES Vilar Ponte. A CIG insta a incrementar as medidas de seguridade e o conselleiro de Sanidade alerta unicamente do perigo das "celebracións" multitudinarias.
- Documento Coronavirus
- Acontece Lugo
Sanidade pecha os accesos á Mariña para evitar a expansión do brote de coronavirus, que xa afecta a máis de 100 persoas
A medida entrará en vigor na medianoite deste domingo e aplicarase, cando menos, durante cinco días. Ademais, a capacidade de comercios e outros espazos volverá ás limitacións existentes durante o estado de alarma. Nas últimas 24 horas o brote sumou outra vintena de casos.
O PP obtería unha ampla maioría absoluta, segundo as sondaxes publicadas, con PSdeG e BNG pelexando polo segundo posto
As cinco enquisas publicadas este domingo coinciden en outorgar a Núñez Feijóo unha clara vitoria, movéndonse entre os 39 e os 43 escanos. Os socialistas son a segunda forza en todas as sondaxes, co BNG moi preto en catro delas. Galicia en Común obtería entre 2 e 6 escanos.
Os concellos galegos reduciron a súa débeda á metade dende o 2014, mentres a Xunta incrementou a súa
As entidades locais veñen diminuíndo dende o ano 2012 os seus números vermellos, obrigados polas limitacións impostas polo Ministerio de Facenda. Pola contra, a administración autonómica duplicou a súa nunha década. Os Blancos é o concello con máis débeda por habitante, seguido de Miño e Catoira.
ENCE, Alcoa, o porto de Marín ou o zosteral de Sada, entre os espazos máis ameazados do litoral galego
Ecoloxistas en Acción deu a coñecer este martes a edición 2020 do seu informe 'Bandeiras Negras', que denuncia os lugares ou actuacións máis negativas para a costa en materia medioambiental. A praia de Lires (Cee) ou o conxunto da Mariña lucense figuran tamén na relación.