- Entrevista
- Movementos sociais
A Tribo: "Queremos ser un programa que faga barricadas coa palabra, o pensamento e a reflexión"
Este venres naceu un novo programa de radio, A Tribo, un espazo periódico na rede que busca dar voz aos movementos sociais galegos e xerar debate dende unha perspectiva crítica. Falamos coas persoas que o impulsan, Xosé Bocixa e Verónica Álvarez.
Goberno central e Xunta deixan en mans dos concellos a aplicación das franxas horarias entre dúbidas cos seus límites
A pesar de que a Xunta afirma que a partir deste venres xa non se aplican as franxas horarios para os paseos nos núcleos de menos de 5.000 habitantes, o Goberno galego non estableceu un criterio claro, mantendo a incógnita sobre a súa aplicación.
- Entrevista | Fernando Pérez Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
"Ningunha das apps de rastrexo de contactos que se barallan para loitar contra o coronavirus é útil. Desaconsellámolas"
Un equipo da Universidade de Vigo estudou os distintos modelos de aplicacións que se están a deseñar en Europa para detectar posibles contaxios. Alertan sobre os seus problemas de privacidade e vulnerabilidade, pero sobre todo sobre a súa escasa eficacia. Falamos co catedrático Fernando Pérez.
O Goberno central aproba axudas directas para a cultura, prestación de desemprego para artistas e adiantos para espectaculos aprazados
O Consello de Ministros deste martes aprobou unha batería de medidas para o sector, un dos máis golpeados polos efectos da pandemia. Entidades profesionais e empresas levaban semanas reclamando accións de apoio por parte das administracións.
Así deben traballar as perruquerías: con distancia social, sen compartir tesoiras e sen revistas para a espera
A Xunta elaborou e distribuíu unha guía con recomendacións específicas para estes locais que, ao igual que outros establecementos, dende este luns poden operar con cita previa e unha serie de medidas de seguridade
- Datos Coronavirus
- Acontece
A lenta redución do número de positivos en Galicia abre dúbidas sobre o paso á fase 1 de desconfinamento
Dende o inicio da crise da Covid-19, o noso país estivo sempre nunha situación mellor que a maior parte dos territorios do Estado, pero nas últimas dúas semanas o ritmo de descenso da cifra de casos de coronavirus en Galicia foi menor e, de feito, xa presenta unha incidencia maior que a media española
- Datos Coronavirus
- Acontece
O forte descenso da contaminación nas cidades galegas durante o confinamento abre o debate sobre a mobilidade do futuro
O descenso das emisións en Vigo foi do 64% e na Coruña do 59%, segundo un estudo de Ecoloxistas en Acción, e os datos son moi semellantes en Compostela e noutras urbes do país. A redución do uso do coche durante estas semanas tivo efectos inmediatos, que a entidade aposta por estender no tempo.
- Datos Coronavirus
- Acontece
As outras gráficas do coronavirus: así mudaron as nosas vidas durante o confinamento
Os datos de mobilidade, emprego, contaminación, violencia de xénero, chamadas de emerxencia, comercio polo miúdo ou sobre o prezo da vivenda amosan os grandes cambios vividos nos últimos dous meses, que deron a volta á nosa normalidade.
A Rede de Apoio Mutuo da Coruña deu apoio a máis de cinco mil persoas dende o inicio do confinamento
Esta plataforma, composta por 12 grupos de barrio e outros seis de traballo específico, fabricou e distribuíu máis de 3.000 máscaras de protección, atendeu necesidades alimentarias de emerxencia e emprestou acompañamento emocional en toda a cidade
- Datos Coronavirus
- Acontece
A situación do coronavirus volve empeorar en Galicia, con 8 mortes e 151 novos positivos notificados no último día
A diferenza do xoves, cando non houbo falecementos e só 22 novos casos, este venres as cifras aumentan. De feito, Galicia é a segunda comunidade autónoma onde máis medran os positivos, só por detrás de Cataluña e por diante mesmo de Madrid. As boas novas chegan polo ascenso das curacións e o descenso na ocupación hospitalaria
- Datos Coronavirus
- Economía
Mocidade, mulleres e empregos precarios, os máis prexudicados en Galicia pola crise do coronavirus
A destrución de postos de traballo afectou en primeiro lugar aos sectores máis precarizados do mercado laboral, segundo as cifras correspondentes a marzo incluídas na EPA ou nos datos da Seguridade Social. Tamén aos concellos costeiros.
- ENTREVISTA | Miguel Ángel Vázquez Coronavirus
- Acontece
"Temos que cambiar o modelo de residencias, pero sobre todo a consideración que se ten das persoas maiores"
Falamos co presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) sobre a xestión realizada nas residencias de maiores durante a crise do coronavirus e sobre as mudanzas que se deben introducir para un mellor funcionamento destes centros.