España anuncia a apertura da fronteira con Portugal o 22 de xuño e rectifica ante a sorpresa do Goberno luso pola unilateralidade
A ministra de Turismo, Reyes Maroto, anticipou a medida, pero despois foi desautorizada por Moncloa. O Executivo portugués ficara "sorprendido" co anuncio, que “não se inscreve” na "cooperação estreita" existente. España mantén a previsión do 1 de xullo.
Os autocines chegan a Galicia da man do verán e as medidas de prevención contra o coronavirus
Verín, Trives, Padrón, Lalín, Foz ou A Rúa preparan xa proxeccións neste tipo de instalacións, que tamén promove a Deputación de Lugo en varias localidades da provincia. María Solinha, de Ignacio Vilar, que non puido ser estreada en sala por por da pandemia, poderá verse en numerosos concellos rurais e vilas en 'cines de verán' ao aire libre
Irene Vilaboa, nova adestradora do Teucro, primeira muller en dirixir un equipo masculino nas máximas categorías
A viguesa ten unha ampla experiencia tanto en equipos masculinos como femininos. Así, dirixiu durante sete tempadas o Bueu Atlético na Primeira Nacional masculina. O Teucro pontevedrés milita na segunda categoría do balonmán estatal
- Datos
- Acontece
Galicia tivo o pasado ano 4.000 nacementos menos que antes da posta en marcha do cheque-bebé da Xunta
Con só 15.601, o 2019 convértese no ano con menos novas inscricións na historia de Galicia dende que existen rexistros. En 2015 e 2016 o Goberno galego lanzou unha serie de medidas de fomento da natalidade que foron incapaces de frear a tendencia negativa. Dende entón, os nacementos caeron un 20%.
Persoal de Correos expresa as súas dúbidas sobre a viabilidade e seguridade da recollida de votos nos domicilios
Os sindicatos, que veñen de manter unha xuntanza coa empresa, sinalan que os medios humanos actuais son insuficientes para levar a cabo esta nova función, rexeitan ingresar ao interior de vivendas e residencias de maiores e alertan sobre as dificultades de responsabilizarse da custodia dos sufraxios
- Mapa interactivo
- Economía
Barrios urbanos e parroquias rurais: as zonas de Galicia con máis pobreza, que o ingreso mínimo vital quere combater
O INE publicou nos últimos días os datos de renda por seccións censuais, que amosan os espazos cunha maior presenza da pobreza. En medio cento de barrios e parroquias galegas máis do 15% da poboación vive en fogares con ingresos anuais inferiores a 5.000 euros por unidade de consumo.
Erros no visor de aproveitamentos forestais da Xunta poñen en perigo varios restos arqueolóxicos
Mariña Patrimonio e Adega denuncian de que a ferramenta, actualizada no mes de abril, localiza incorrectamente ou reduce a dimensión do espazo protexido en castros, mámoas e outros xacementos, que quedan expostos á acción de traballos de plantación ou corta de madeira.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de pacientes con coronavirus nas UCI galegas baixa a 2, noutro día sen novos diagnósticos
A situación da enfermidade segue a mellorar. Nos últimos 14 días diagnosticáronse 78 casos de coronavirus en Galicia e na última semana foron unicamente 19 os novos casos detectados. Así mesmo, dende hai sete días non se rexistraron novos ingresos en UCI
Os concellos post-coronavirus: máis espazo para os peóns e fomento do comercio local
A Federación Española de Municipios e Provincias lanza un documento con 250 medidas de transformación local, que inciden na mobilidade sustentable, na defensa dos servizos públicos, na transición ecolóxia ou no consumo de proximidade. Varias cidades e vilas galegas puxeron xa en marcha algunha destas iniciativas, pensando no tempo posterior á pandemia
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma só un novo diagnóstico de coronavirus noutra xornada sen mortes pola enfermidade
Tanto os datos no Ministerio de Sanidade coma os do Sergas amosan que continúa a melloría dos datos galegos, sen novos focos ou rebrotes a pesar da recuperación da actividade. Só se detectaron 15 casos cuxos síntomas comezaran nos últimos 14 días, e apenas 3 casos con síntomas iniciados nos últimos 7 días
Valença e Tui reclaman a apertura da ponte que "une unha única realidade social e económica"
Case todos os pasos fronteirizos na raia continúan pechados, o que está a provocar un gran prexuízo económico e comercial nas localidades dunha e doutra beira. A partir do luns poderase cruzar tamén a través de Calvos de Randín. Na rolda de prensa conxunta, o alcalde de Valença subliñou que “Portugal non é só Lisboa e España non é só Madrid"
Unha vida post-coronavirus mellor do que foi: A Coruña e Santiago ofrecen apoio ás persoas sen fogar acollidas na pandemia
Os albergues instalados durante dous meses en pavillóns deportivos de toda Galicia comezan a pechar, unha vez relaxadas as normas de confinamento. Porén, varias localidades achegan alternativas de aloxamento ou itinerarios de inclusión para as persoas que pasaron por estas instalacións