- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra máis de 200 novos positivos de coronavirus por quinto día consecutivo
Dende o venres duplicouse a cifra de pacientes de covid-19 nas UCI dos hospitais galegos. Na última semana rexistráronse 1.408 novos casos de coronavirus en Galicia, case 1 de cada 10 do total rexistrado dende o inicio da pandemia. A Coruña acumula a metade dos casos activos, pero a área de Santiago é a que máis rapidamente incrementa as infeccións este luns
- Entrevista Coronavirus
- Acontece
Oito preguntas e respostas sobre a Covid-19 na 'nova normalidade': aprender a vivir coa pandemia
Neste novo tempo xorden novas preguntas e dúbidas sobre a pandemia, os riscos actuais e as posibles medidas que se deben adoptar, cuestións ás que tentamos dar resposta falando con dous dos expertos galegos máis recoñecidos na materia, Juan Gestal e Francisco Caamaño.
O aumento de positivos na Coruña obriga a prohibir festas, ocio nocturno e reunións de máis de 10 persoas
A Xunta ditou as novas medidas, que entran en vigor na medianoite deste venres na comarca coruñesa, polo incremento "notable" de casos nas últimas horas e o "risco de transmisión comunitaria". Pechan en toda a área sanitaria os centros de día e prohíbense as visitas ás residencias de maiores.
O mes de xullo foi o máis seco en Galicia nos últimos 34 anos, sen precipitación ningunha na maior parte do país
En Compostela había 39 anos que non se rexistraba un mes de xullo sen días de chuvia. Foi ademais un mes especialmente caloroso, coa segunda media máis elevada das últimas décadas, confirmando as tendencias á alza dos últimos anos. Dende Meteogalicia pídese non confundir un fenómeno puntual co proceso de cambio climático, medible ao longo de períodos máis longos.
As praias de Redondela, mellor con algas
O concello tomou a decisión de reducir a retirada de algas nas praias, seguindo as recomendacións científicas e de entidades como Ecoloxistas en Acción, que alertan do dano á biodiversidade e da perda de area que provoca a recollida continua destes elementos. "A xente ten que pensar que as praias non son espazos artificiais, son espazos naturais", din
O persoal técnico forestal en folga: un conflito laboral que tamén pelexa por un novo modelo de loita contra o lume
Dende o 1 de agosto os técnicos do Servizo de Prevención de Incendios está en folga indefinida. Reclaman un reforzo do persoal pero as súas demandas pasan por un novo modelo de prevención e extinción do lume en Galicia. E lembran que os incendios actuais son moito máis perigosos que os de hai dúas décadas, o que esixe novas respostas. Falamos con Xabier Bruña (CIG) e Ramón Rozadillas (UGT)
Galicia inicia as probas dunha app móbil que dende setembro axudará a rastrexar contactos de casos de Covid19
A aplicación ofrecerá información xeral e personalizada sobre o coronavirus, servirá para facilitar o traballo das persoas que procuran os posibles novos positivos e coordinarase coa app lanzada polo Estado central, que comezará a operar xa este mes nas zonas que sofren rebrotes máis graves
As instrucións da Consellaría de Educación: máis tarefas para o profesorado e pouco tempo para organizar o novo curso
CIG-Ensino e Profesorado en Pé critican a publicación do documento nos últimos días de xullo e o seu contido, que deita nos equipos directivos dos centros máis responsabilidades sen novos apoios ou reforzos de persoal
Os concellos máis envellecidos e que máis poboación perden sofren máis incendios
As localidades máis afectadas polo lume entre 2001 e 2014 tiñan todas unha alta idade media e perderon habitantes nese período. 40 concellos acumularon máis da metade das hectáreas que arderon neses anos en toda Galicia
O xulgado investiga se na viaxe do Fuenlabrada á Coruña houbo delito de lesións ou contra os dereitos dos traballadores
A maxistrada do Xulgado de Instrución nº6 da Coruña, no que recaeron as denuncias presentadas contra a Liga, o seu presidente e o propio club madrileño, abriu xa dilixencias previa. Con todo, entende que no existen indicios de delitos contra a saúde pública ou de desobediencia do Código Penal
- Datos
- Acontece
Só cinco concellos galegos teñen aínda máis nacementos que mortes
O IGE publicou este venres os datos correspondentes a 2019, no que Galicia tivo a menor cifra de nacementos dende que hai rexistros. Unicamente Ames, Arteixo, O Porriño, Salceda de Caselas e Ribadumia presentan un saldo vexetativo positivo, fronte ás 43 localidades que o tiñan no ano 2010.
O grupo británico Liberty House, interesado en mercar todo o complexo de Alcoa en San Cibrao
A compañía, unha multinacional do metal que o pasado ano xa optara a facerse coas plantas da Coruña e Avilés, ten 30.000 traballadores en máis de 30 países, pero a súa opacidade financeira xera dúbidas entre algúns analistas. Segundo o comité de empresa, Alcoa só está interesada en vender a planta de aluminio e coas cubas paradas