O persoal investigador pon deberes aos partidos e sinala a falta de políticas de I+D+i na última década
Investigal está a manter encontros coas principais candidaturas, sinalando que a investigación debe ser "o eixo estratéxico da Galicia do futuro" e lembrando as actuais eivas, que tamén subliña a Asemblea de Investigadoras de Compostela, que di que as políticas da Xunta nos últimos dez anos "están a condenar Galicia ao atraso económico"
O Plan de Saúde Mental anunciado por Feijóo, unha "promesa electoral" que non chega a cubrir as necesidades actuais
Despois de anos de denuncias sobre a falta de recursos na atención á saúde mental, o presidente da Xunta anunciou a iniciativa horas antes do inicio da campaña. Rosa Cerqueiro, voceira do MGSM, amosa a súa decepción "porque é un tema moi serio" e salienta que "nin con este aumento chegamos á metade das necesidades que cómpre cubrir"
- Datos Coronavirus
- Acontece
O brote de coronavirus da Mariña suma seis positivos máis e chega a 28 casos
A Consellería de Sanidade leva rastrexado ata o momento a máis de 300 persoas relacionadas con este brote e séguense a investigar posibles novos contactos. A área sanitaria de Lugo pasou de 17 a 44 casos dende o pasado mércores e no conxunto de Galicia houbo 35 diagnósticos de coronavirus na última semana.
Un Orgullo LGBT+ entre as precaucións pola pandemia e a necesidade de "saír da clandestinidade do espazo privado"
Este domingo haberá concentracións e manifestacións na cidades galegas, reivindicando a aprobación da Lei de Identidade de Xénero, a "aplicación real" da Lei pola Igualdade de trato en vigor dende o 2014 en Galicia e medidas para combater os efectos da crise económica en determinados colectivos. Falamos con Xandre Garrido, responsable de organización de Avante LGBT+
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas confirma a existencia de dous focos de coronavirus na Mariña, que suman 18 casos, e busca relación entre eles
Aínda que as autoridades sanitarias afirman que ambos os dous núcleos "posiblemente están relacionados", isto aínda non puido ser confirmado. Este xoves diagnosticáronse 4 casos novos de coronavirus en Galicia, o que eleva a cifra a 26 na última semana.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de positivos no brote de coronavirus de Xove ascende a 11
Nas últimas horas realizáronse probas a 26 persoas que estiveran en contacto cos primeiros infectados deste foco; delas, 23 deron negativo e 3 foron diagnosticadas como postivas, engadíndose aos 8 casos de onte. A Deputación de Lugo suspende as visitas e saídas das residencias de Ribadeo e Trabada por prevención
Unha 'Elisa e Marcela' en banda deseñada e a recuperación da pioneira revista 'O aturuxo' para celebrar o Día do Orgullo
O Consello da Cultura Galega publica o cómic realizado por Xulia Vicente que relata a historia das dúas mulleres que casaron en 1901 e, ademais, colga na súa web os catro números do boletín da Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia editados en 1981.
O Supremo confirma a condena por enaltecemento do terrorismo aos rapeiros de 'La Insurgencia' polas súas letras
Os integrantes do grupo, cinco deles vigueses, foran condenados a seis meses de prisión pola Audiencia Nacional polas súas mencións aos GRAPO. O ditame, que non implicará o seu ingreso na cadea, inclúe tamén unha inhabilitación de 8 anos e multa de 1.200 euros para cada un deles
- Datos
- Acontece
As migracións que acrecentan o despoboamento dos concellos rurais diríxense sobre todo a outras zonas de Galicia
Aínda que o saldo migratorio galego é positivo, un gran número de localidades tivo no 2019 máis saídas que chegadas, sobre todo en dirección a outros concellos do país, principalmente nas zonas urbanas. O desequilibrio en prexuízo do rural aumenta se só se toman en conta as migracións de menores de 35 anos.
A mobilización por un cambio de modelo nas residencias chega a Santiago esixindo servizos sociais públicos e de calidade
Centos de persoas manifestáronse en Compostela, convocadas por Modepen e Trega, nunha marcha na que se denunciou a conivencia da Xunta coas empresas privadas que dominan o sector en Galicia. Advirten de que a privatización incrementou os contaxios e as mortes por coronavirus nestes centros
- Datos Coronavirus
- Acontece
O brote de coronavirus no Barbanza mantense en 9 positivos, con 95 persoas en corentena
95 das persoas relacionadas co foco deron negativo nas probas PCR realizadas e permanecerán 14 días en illamento domiciliario. Este martes non hai que sumar ningunha nova infección de coronavirus en Galicia, onde nos últimos 12 días non se rexistraron novas mortes por esta enfermidade.
A ARMH esixe ante a Fiscalía o cambio do nome da Residencia Barroso, que homenaxea un militar franquista
A instalación universitaria, inaugurada en 1976 e xestionada pola Armada, toma o seu nome do Tenente Xeneral Antonio Barroso, que chegou a ser ministro do Exército durante a ditadura. A entidade pídelle a Dolores Delgado que valore sancionar o Ministerio de Defensa por incumprir a Lei de Memoria Histórica