- Datos Coronavirus
- Acontece
Ourense e Pontevedra manteñen a maior incidencia da Covid en Galicia nun día de datos á baixa polo efecto da fin de semana
O efecto da fin de semana reduce as cifras de novas infeccións este luns, pero a tendencia en todo o mes de setembro é a unha redución do número de casos en Galicia. As áreas sanitarias da Coruña e Lugo seguen a reducir o seu número de casos activos
Impulsan un modelo de contrato eólico para fortalecer os propietarios rurais e comunidades de montes
O Observatorio Eólico de Galicia promove un modelo de boas prácticas que busca incrementar as rendas derivadas da actividade eólica que reciben os axentes rurais e mellorar a súa posición nas negociacións coas empresas impulsoras dos parques eólicos
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia foi o territorio con menos detencións e o segundo con menos sancións por infrinxir as normas do estado de alarma
Galicia sumou 252 detencións e 45.503 propostas de sanción nos tres meses de vixencia do estado de alarma. Números importantes que, con todo, se sitúan moi por debaixo da media española. Tan só Euskadi iniciou menos procesos sancionadores que Galicia
Conta atrás para os empregos da planta de Alcoa en San Cibrao: o domingo remata o prazo
A prórroga de seis semanas iniciada en agosto para tentar chegar a un acordo de venda da factoría a Liberty House non supuxo avances. Traballadores e sindicatos veñen acusando a Alcoa de non estar interesada en negociar, buscando o fracaso das conversas e mesmo rexeitando a mediación institucional
Os centros de ensino rexistran 20 novos positivos entre demandas de maior "transparencia" e "criterios únicos" á Xunta
Hai un total de 199 casos e 53 aulas pechadas. As infeccións afectan a un total de 153 colexios en toda Galicia, correspondentes a 61 concellos. "As decisións adoptadas están a provocar dúbidas e confusión nalgúns dos centros educativos afectados", denuncia CIG-Ensino
- Datos Escola pública
- Acontece
O número de aulas pechadas polo coronavirus en Galicia medra de 35 a 50, con 179 positivos
Os casos detectados afectan a un total de 139 centros en toda Galicia, correspondentes a 58 concellos. Consulta no interior a información detallada, centro a centro.
A Xunta muda o protocolo para a Covid no ensino tras dúas semanas de clases en Primaria e coincidindo coa volta dos institutos
O texto incorpora as recomendacións pactadas co Estado a finais de agosto, hai 25 días. Nunha nova xornadas de folga convocada polos sindicatos educativos, cidades e vilas galegas acolleron concentracións de protesta para demandar da Consellaría de Educación máis recursos e profesorado para unha volta segura ás aulas
Prohibida a navegación de veleiros entre Cabo Prioriño e Estaca de Bares polas "insólitas" interaccións das candorcas
Os expertos e expertas que participaron nunha conferencia organizada por CEMMA destacan que non hai precedentes para o comportamento que están amosando estes animais, pero pediron tranquilidade a navegantes e cautela aos medios. Dende agosto houbo 29 contactos con candorcas en Galicia: 13 foron avistamentos e 16 interaccións. O 20% tivo como consecuencia que o veleiro deixase de navegar
O Macizo Central Ourensán: lume sobre lume nun grupo de parroquias que arden cada poucos anos
Fernando Rodríguez afondou no seu Traballo de Fin de Grao en Enxeñaría Forestal pola UVigo nas características dos incendios nesta zona, que a pasada semana volveu arder. Os incendios afectaron a varias das parroquias máis arrasadas dende o ano 2001..
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia segue detectando uns 230 novos positivos diarios da COVID-19, con casos en ascenso en Pontevedra e Vigo
Nas últimas 24 horas foron 221 as novas infeccións detectadas, aínda que a situación hospitalaria mantense estabilizada, cun 3% das camas ocupadas con pacientes de coronavirus. A área sanitaria de Pontevedra rexistra a maior incidencia da enfermidade no noso país.
A vacinación contra a gripe: outra forma de previr os efectos do coronavirus
A campaña de vacinación comezará o 12 de outubro e terá unha duración de 12 semanas. A Xunta anuncia que "redobrará os esforzos" para conseguir unha cobertura superior ao 75% entre a poboación maior de 65 anos, entre a que o pasado ano se vacinou un 60%. Quérese evitar unha maior saturación do sistema sanitario e que a influenza empeore ou enmascare os síntomas da Covid-19
- Reportaxe Escola pública
- Acontece
As escolas rurais: un modelo educativo que gaña atractivo no medio da pandemia
Nos últimos 15 anos máis de 200 escolas unitarias pecharon en Galicia. Porén, moitos docentes sinalan un incremento do interese das familias coincidindo coa situación xerada polo coronavirus. Falamos con Rosa Barreiro e Ángel Segovia sobre as características destes centros, marcados polo contacto coa natureza, as comunidades educativas sólidas e o traballo en grupo.