- Cronoloxía Coronavirus
- Acontece A Coruña
O 'caso Fuenlabrada': unha semana de ocultacións, imprudencias e aínda moitas preguntas
Hai sete días o equipo madrileño soubo que contaba con catro casos de coronavirus entre o seu cadro de persoal. Mesmo así, e con coñecemento da Liga, o equipo viaxou á Coruña, precipitando unha situación que máis aló das cuestións estritamente deportivas, provocou unha crise sanitaria, con 20 positivos entre as persoas confinadas nun hotel da cidade herculina
- Datos Coronavirus
- Acontece
Outros 30 positivos de coronavirus elevan a 143 os casos novos detectados en Galicia nos últimos cinco días
Os positivos aumentan nas áreas sanitarias da Coruña e Lugo, por mor dos brotes do Fuenlabrada e da Mariña, pero tamén en Pontevedra, Vigo e Santiago. O número de pacientes hospitalizados baixa de 16 a 12.
Que nomes lles poñemos ás rúas? A recuperación da toponimia tradicional mírase no espello de Pontevedra
Dende hai anos o Concello de Pontevedra prima a recuperación dos microtopónimos preexistentes á hora de bautizar novos espazos na cidade. Falamos con Iván Méndez, experto na toponimia da Coruña, que aposta porque a urbe herculina aplique a mesma política: "Non somos conquistadores que chegamos a un sitio e poñémoslle un nome novo. Neste lugar houbo antes un pasado que non pode ser borrado".
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma 30 casos novos de coronavirus, cun ingreso na UCI
Nos últimos catro días rexistráronse 113 novos positivos no noso país. Dos 196 'casos activos' notificados polo Sergas, 16 atópanse hospitalizados, seis máis que este venres. Nas últimas 24 horas produciuse ademais o primeiro ingreso na UCI na última semana.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra 27 casos novos de coronavirus, 8 deles no brote da Mariña
O Sergas notificou un incremento dos casos activos, que pasan de 163 a 180 en toda Galicia, con ascensos nas áreas da Coruña, Lugo e Vigo. O brote no norte da provincia lucense tivo este xoves o maior incremento de novos postivos dende o pasado 10 de xullo.
Os festivais galegos de música na pandemia, entre o cambio de formato e o aprazamento a 2021
Celébrase este verán o teu festival favorito? Adiouse? Muda o seu formato? Queda para o vindeiro ano? Ofrecémosche unha lista das citas que se manteñen (algunhas esta mesma fin de semana) e as que terán que agardar para o verán do ano que vén.
Un informe sinala os contaxios ao persoal sanitario como o principal factor de expansión do coronavirus en Galicia
O estudo destaca tamén os efectos dos desprazamentos dende Madrid nos últimos días de febreiro e comezos de marzo e analiza unha serie de eventos masivos que puideron ter incidencia na propagación do virus en Galicia, dende o entroido ás manifestacións do 8M, pasando por partidos de Celta, Depor, Lugo e Obradoiro, a Feira do Cocido ou mitins do PP.
Galicia sufriu nas últimas semanas varias ducias de incendios de menos de 20 hectáreas, dos que a Xunta non informou
No que levamos de mes a Xunta informou publicamente de só 8 incendios. Colectivos profesionais que traballan nos montes informaron de preto dun cento de incendios dende o 1 de xullo. Entre 2005 e 2009 o Goberno de coalición informaba dúas veces ao día sobre todos os incendios rexistrados, mesmo dos pequenos conatos
A taxa de pobreza e exclusión social aumentou en Galicia nos meses anteriores ao coronavirus e supera o 24%
O indicador medrou no 2019 por segundo ano consecutivo e achégase á media do Estado Español, que leva 5 anos en descenso. A renda media por persoa en Galicia redúcese por primeira vez dende o 2015 e increméntase a porcentaxe de persoas con carencias materiais e dificultadas para facer fronte aos gastos principais
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia reduciu a súa mobilidade por debaixo da media estatal durante o confinamento
A porcentaxe de persoas que nun día calquera saían da súa área pasou en Galicia do 26,3% (valor medido en novembro do pasado ano) a pouco máis do 10% ao longo de marzo, incrementándose progresivamente ao longo do proceso de desescalada e sempre por riba da media española, especialmente na provincia de Pontevedra
Os alugueiros na Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago seguían subindo con forza ata antes da pandemia
Os prezos mantiñan ata abril o ascenso continuado iniciado en 2015, cun encarecemento medio de máis de 100 euros en Vigo e na Coruña e valores medios que superan os 600 euros nos centros destas dúas cidades. Tamén nas grandes vilas os prezos medraron un 13% dende o 2016.
- Mapas interactivos Galegas 2020
- Política
O PP impúxose na maior parte dos barrios das cidades malia ao ascenso do BNG en moitos distritos
Os populares gañaron nas sete urbes, pero a análise dos resultados en cada sección censual revelan grandes diferenzas entre unhas e outras zonas, entre as rúas máis céntricas e os barrios residenciais, onde máis medraron os nacionalistas. Explórao nestes mapas interactivos