Así votou Galicia, barrio a barrio e parroquia a parroquia
Das 2.157 seccións censuais existentes en Galicia, o PP foi a candidatura máis votada en 1.913, o BNG impúxose en 84, o PSdeG en 158 e houbo dous empates. En 133, principalmente nas cidades, a abstención superou o 50%.
Os sindicatos rexeitan o plan da Xunta para a volta ás aulas: sen novos contratos, orzamento nin redución de ratios
O conxunto das organizacións sindicais retiráronse este xoves da mesa sectorial convocada polo Goberno galego, ao que acusan de descargar nos equipos directivos e no profesorado toda a responsabilidade da prevención de contaxios por coronavirus
- Mapa interactivo Galegas 2020
- Política
A Mariña e Verín castigaron o PP, fronte a un BNG que medrou nas áreas metropolitanas
Estes catro mapas amosan os lugares onde as principais candidaturas gañaron ou perderon apoios. Destacan os descensos do PP nas dúas comarcas que viviron conflitos recentes críticos coa xestión da Xunta, os ascensos do BNG nas zonas urbanas e tamén as enormes diferenzas entre os resultados do PSdeG no norte e no sur do país.
- Interactivo Galegas 2020
- Política
A Galicia urbana mobilizouse o 12X moito menos que as zonas rurais, cunha abstención que tamén medrou na Mariña
A abstención na maior parte do litoral superou o 40%, chegando ao 50% en Narón, Arteixo ou Ribeira. Tamén a Mariña, zonas próximas a Verín ou ás Pontes viron descender notablemente a participación. Todas as cidades agás Santiago baixaron do 60% de votantes.
- Interactivo Galegas 2020
- Política
As dúas Galicias, outra volta: o BNG logrou o voto máis novo e o PP asentou o seu dominio no territorio máis envellecido
Ao igual que sucedeu co Bloque en 1997, con AGE en 2012 ou con En Marea en 2016, o ascenso dos nacionalistas asentouse nos seus resultados nos concellos cunha maior poboación nova. En cambio, o PP obtén os seus mellores datos nas localidades cunha maior idade media.
O BNG supera nas cidades o seu resultado de 2005, pero o PP mantense por riba do 40%
O Bloque triplicou os seus votos nas urbes, converténdose na segunda forza en todas agás Vigo. O PP mellorou o seu resultado en todas elas, agás na cidade olívica e Pontevedra, ao contrario do PSdeG, que baixou en Lugo, Santiago e A Coruña
- Datos Galegas 2020
- Política
6 mapas para entender o que pasou no 12X
O PSdeG foi a primeira forza en 9 concellos e o BNG en 6. Pero o Bloque superou aos socialistas en 188 localidades
A participación caeu case 5 puntos, especialmente nas zonas urbanas
A abstención na cidade de Ourense medrou case 8 puntos, case 6 en Vigo e Pontevedra e máis de 5 na Coruña ou Lugo.
O PP gaña con claridade na Mariña, pero perde apoios en Cervo, Xove e Burela no medio dunha grande abstención
O BNG gaña máis de 20 puntos nestas tres localidades, situándose como a segunda forza.
- Datos Galegas 2020
- Política
A Galicia costeira vota máis que a interior nun día de praia e calor
Localidades próximas ao litoral están a incrementar a súa participación en maior medida, mentres que zonas de Lugo e Ourense están a votar menos que hai catro anos. As elevadas temperaturas semellan estar a ter un grande impacto nas horas de votación da poboación.
Canto sabes das eleccións?
Estas 17 preguntas e respostas axudaranche a saber algunha cousa máis sobre a historia política de Galicia nas últimas catro décadas. Veña! A ver cantas acertas!
O barrio de Monte Alto lembra cun roteiro as "mapoulas libertarias" da resistencia antifascista na Coruña
O colectivo Refuxios da Memoria a a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica homenaxean ao grupo de mulleres anarquistas que cumpriu un papel fundamental na loita obreira contra a ditadura coa súa rede de casas-refuxio, asaltada pola Garda Civil o 10 de xullo de 1937.