- Documento Coronavirus
- Acontece Lugo
Sanidade pecha os accesos á Mariña para evitar a expansión do brote de coronavirus, que xa afecta a máis de 100 persoas
A medida entrará en vigor na medianoite deste domingo e aplicarase, cando menos, durante cinco días. Ademais, a capacidade de comercios e outros espazos volverá ás limitacións existentes durante o estado de alarma. Nas últimas 24 horas o brote sumou outra vintena de casos.
O PP obtería unha ampla maioría absoluta, segundo as sondaxes publicadas, con PSdeG e BNG pelexando polo segundo posto
As cinco enquisas publicadas este domingo coinciden en outorgar a Núñez Feijóo unha clara vitoria, movéndonse entre os 39 e os 43 escanos. Os socialistas son a segunda forza en todas as sondaxes, co BNG moi preto en catro delas. Galicia en Común obtería entre 2 e 6 escanos.
Os concellos galegos reduciron a súa débeda á metade dende o 2014, mentres a Xunta incrementou a súa
As entidades locais veñen diminuíndo dende o ano 2012 os seus números vermellos, obrigados polas limitacións impostas polo Ministerio de Facenda. Pola contra, a administración autonómica duplicou a súa nunha década. Os Blancos é o concello con máis débeda por habitante, seguido de Miño e Catoira.
ENCE, Alcoa, o porto de Marín ou o zosteral de Sada, entre os espazos máis ameazados do litoral galego
Ecoloxistas en Acción deu a coñecer este martes a edición 2020 do seu informe 'Bandeiras Negras', que denuncia os lugares ou actuacións máis negativas para a costa en materia medioambiental. A praia de Lires (Cee) ou o conxunto da Mariña lucense figuran tamén na relación.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O brote de coronavirus da Mariña dispárase con 26 casos máis e devolve a epidemia en Galicia aos datos de maio
Os positivos detectados nos últimos días da comarca suman xa 85, cunha tendencia á alza que mesmo se está a acelerar. O número de casos rexistrados na última semana en Galicia é semellante ao que se deu no remate da Fase 1 de desconfinamento.
Profesorado de toda Galicia expresa o seu malestar pola falta de directrices e apoio da Xunta para adaptarse ao coronavirus
Claustros de centros de ensino están a aprobar escritos nos que demandan protocolos claros para a súa aplicación no vindeiro curso, reclaman un maior investimento en Educación, formación para as e os docentes e ratios "acorde coa emerxencia sanitaria" e que garantan "a seguridade da comunidade educativa"
- Datos Coronavirus
- Acontece Lugo
O brote de coronavirus na Mariña segue medrando, con 12 novos casos que xa suman 59
Nos últimos nove días realizáronse un milleiro de probas no rastrexo de contactos das persoas infectadas, con 59 positivos e máis de 500 resultados negativos. Todas as persoas que estiveron en contacto coas persoas contaxiadas deben permanecer en corentena.
DomusVi ofrece unha prima económica ao seu persoal que deixa fóra as traballadoras infectadas polo coronavirus
A asociación de traballadoras de residencias TReGa denuncia que as condicións laborais na empresa, que levan anos criticando, regresaron á situación anterior á pandemia e rexeita o complemento ofrecido pola compañía "mentres seguen sen pagarnos festivos e noites de acordo ao convenio". Falamos coa súa voceira, Sonia Jalda, que esixe reforzos de persoal
"En Lugo temos algo único, unha muralla romana completa. Debe deixar de ser unha macro rotonda para os coches"
Falamos con Rubén Arroxo, responsable da área de Mobilidade e Infraestruturas e tenente de Alcaldía do Concello de Lugo, sobre os proxectos postos en marcha na cidade para a peonalización de espazos e o fomento dos medios de transporte sustentables. Liberar de coches a Ronda da Muralla é un dos obxectivos da súa concellería
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
"O coronavirus vainos acompañar moito tempo e depende de nós que non se estenda. Debemos manter as precaucións"
Falamos con Francisco Caamaño Isorna e con Agustín Montes, profesores de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, aos que lles preguntamos sobre os maiores perigos para o contaxio este verán, a posibilidade dunha segunda vaga da enfermidade e a capacidade do sistema sanitario para controlar os brotes que se van ir producindo.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O brote da Mariña levou a triplicar os casos de coronavirus en Lugo na última semana
O Ministerio de Sanidade notifica tres novos diagnósticos novos de Covid-19 nas últimas 24 horas e eleva a 43 os positivos detectados en Galicia na última semana. Os 33 casos detectados xa na Mariña fixeron que o número de persoas infectadas na provincia lucense pasase de 17 a 49 en seis días.
Dona Margarita, propietaria do centro de Galicia, unha carballeira que se converterá nun gran parque público
Hai uns meses o Instituto Xeográfico Nacional confirmou que o 'Quilómetro 0' do país se atopa no lugar de Nugallás (Antas de Ulla), un terreo propiedade dunha mestra xubilada, que vén de vender o predio á Deputación de Lugo, que creará ao seu redor o Parque Central de Galicia.