Os concellos máis envellecidos e que máis poboación perden sofren máis incendios
As localidades máis afectadas polo lume entre 2001 e 2014 tiñan todas unha alta idade media e perderon habitantes nese período. 40 concellos acumularon máis da metade das hectáreas que arderon neses anos en toda Galicia
O xulgado investiga se na viaxe do Fuenlabrada á Coruña houbo delito de lesións ou contra os dereitos dos traballadores
A maxistrada do Xulgado de Instrución nº6 da Coruña, no que recaeron as denuncias presentadas contra a Liga, o seu presidente e o propio club madrileño, abriu xa dilixencias previa. Con todo, entende que no existen indicios de delitos contra a saúde pública ou de desobediencia do Código Penal
- Datos
- Acontece
Só cinco concellos galegos teñen aínda máis nacementos que mortes
O IGE publicou este venres os datos correspondentes a 2019, no que Galicia tivo a menor cifra de nacementos dende que hai rexistros. Unicamente Ames, Arteixo, O Porriño, Salceda de Caselas e Ribadumia presentan un saldo vexetativo positivo, fronte ás 43 localidades que o tiñan no ano 2010.
O grupo británico Liberty House, interesado en mercar todo o complexo de Alcoa en San Cibrao
A compañía, unha multinacional do metal que o pasado ano xa optara a facerse coas plantas da Coruña e Avilés, ten 30.000 traballadores en máis de 30 países, pero a súa opacidade financeira xera dúbidas entre algúns analistas. Segundo o comité de empresa, Alcoa só está interesada en vender a planta de aluminio e coas cubas paradas
O incendio de Cualedro queima 1.000 hectáreas de terreo e obriga a desaloxar vivendas
Iniciouse ao mediodía do mércores e estendeuse con rapidez entre este concello e Monterrei, nunha zona que sufriu o impacto do lume moitas veces nos últimos anos. Aínda non controlado, convértese así no incendio máis grande no que levamos de verán
Rei Zentolo, contra o algoritmo de Google: "as principais ferramentas publicitarias toman o galego como unha errata"
A empresa denuncia que o xigante tecnolóxico non acepta anuncios en galego. Falamos con Isaac González, director de marketing, que alerta de que "o feito de que Google non recoñeza o galego como lingua" afecta de forma moi ampla ao desenvolvemento do idioma na rede.
O incendio de Monterrei arrasou 150 hectáreas de castiñeiros e 15 de viñedo, sumando un total de 720
A Consellaría de Medio Rural deu por controlado este martes o incendio, que se converteu no máis importante dos que levamos este ano. Nos últimos días, o lume queimou 1.075 hectáreas de superficie entre Verín, Monterrei e Viana do Bolo, nunha zona da provincia de Ourense que nas últimas dúas décadas sufriu centos de lumes
Mocidade e persoas con contratos temporais, primeiras vítimas da destrución do emprego provocada pola pandemia
Practicamente non houbo perda de postos de traballo entre as persoas con contratos indefinidos, pero si, e de forma moi importante, nas persoas con contratos temporais. Hostalaría e comercio reduciron 30 mil empregos dende o pasado ano. O número de persoas ocupadas caeu moito entre os menores de 35 anos
O 27% dos mozos de Bueu explican a violencia de xénero polos ciumes ou a infidelidade das mulleres
O Concello de Bueu levou a cabo una completa enquisa entre 459 mozos e mozas dos institutos de secundaria da localidade. O estudo reflite grandes diferenzas no uso do tempo de ocio entre homes e mulleres e nos referentes que cada sexo ten en videoxogos, filmes ou música.
A crise xerada polo coronavirus destrúe outros 33 mil empregos en Galicia
O número de persoas rexistradas como 'paradas' descende en 14 mil, pero a razón é que moitas aparecen como inactivas, pois o confinamento impediulles buscar emprego. O sector servizos -pero tamén o industrial e a construción- e as xeracións máis novas foron os máis afectados.
A produción ecolóxica galega certificada triplicou as súas vendas dende o 2015
Craega presentou este luns a súa Memoria correspondente ao pasado ano, cun aumento do 18% no seu volume de negocio, que xa se achega aos 100 millóns de euros anuais. Leite, carne, ovos e acuicultura e algas son os produtos que máis medran. Autobuses rotulados coa campaña "somos semente" percorreran as sete cidades galegas
A escola unitaria de Luaña reacciona ante o seu peche: "Esta calidade educativa non a imos ter noutro lugar"
Á mestra do colexio, situado no Concello de Brión, foille notificada a supresión da súa praza. As nais e pais lembran que o centro permite manter as medidas de seguridade para previr contaxios de Covid-19, fronte aos riscos de "masificar" outras escolas da contorna.