- Datos Coronavirus
- Acontece
5 novas mortes polo coronavirus elevan a 29 os falecementos na última semana en Galicia
O Sergas notificou 224 novas infeccións, aínda que o número de persoas hospitalizadas e nas UCI se mantén estable. As áreas sanitarias de Santiago e Lugo reducen o seu número de casos activos, que aumentan en Pontevedra e Vigo.
Usuarios de residencias cualifican de "insulto ás vítimas" a negativa do PP a investigar as mortes pola Covid-19
A plataforma REDE reacciona con dureza ao rexeitamento dos populares a permitir a creación dunha comisión de investigación no Parlamento. "Froito da non investigación, do non recoñecemento de erros e de insistir neles, estamos nunha segunda onda con centos de contaxiados e camiño dos 40 mortos", denuncia
Da anulación do xuízo a Bóveda á reparación do espolio económico franquista: os retos da Lei da Memoria Democrática
O Consello de Ministros aprobou este martes o Anteproxecto de Lei de Memoria Democrática, unha norma que prevé impulsar os procesos de exhumación dos dos restos mortais das vítimas da ditadura e que busca suprimir as homenaxes, distincións e títulos nobiliarios outorgados polo réxime
Queimado sobre queimado: os concellos ourensáns que están a arder foron os máis afectados polo lume nos últimos anos
Cualedro, Vilariño de Conso, Laza, A Gudiña, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Mezquita ou Vilardevós, que sufriron importantes incendios nos últimos días, están entre as localidades nas que máis superficie se queimou entre 2001 e 2014, o mesmo que Viana do Bolo ou Verín, que arderon en xullo.
As fendas no ensino non presencial: máis de 20.000 fogares galegos con estudantes carecen de ordenador
O acceso a Internet, incluíndo o realizado a través do teléfono móbil, supera o 99%, pero o 7% das familias con rapaces e rapazas matriculados no ensino non dispoñen do equipamento mínimo para poder seguir a teledocencia
- Datos Coronavirus
- Acontece
Da Milagrosa á Agra do Orzán: os barrios máis densamente poboados e con menor renda, os que máis sofren o coronavirus
O barrio lucense no que a Xunta endureceu máis as restricións para as reunións sociais ou o acceso a comercios e hostalaría é o que ten a menor renda de toda a cidade, e tamén o máis densamente poboado. Sucede o mesmo na Coruña nos Mallos, Agra, Sagrada Familia e Ventorrillo e en moitas outras urbes de todo o planeta.
A Xunta anuncia novas restricións en Lugo e Arteixo ante o incremento dos contaxios de coronavirus
As reunións sociais estarán limitadas a un máximo de dez persoas en toda a cidade lucense, onde todas as festas quedan suspendidas, os centros de día pechados e restrinxidas as visitas a residencias, ademais de limitar ao 50% a capacidade de locais. No barrio da Milagrosa e no concello de Arteixo as medidas son máis duras, con xuntanzas limitadas a 5 persoas e a prohibición de bares de servir no seu interior
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma máis de 300 novos positivos nun día e multiplica por dez os datos da última semana de xullo
No último día acadouse o maior número de PCR realizadas en Galicia nunha soa xornada, un total de 4.891, triplicando as cifras de hai un mes. A Coruña, Santiago e Lugo seguen a ser as zonas que máis aumentan os seus casos activos. A área lucense multiplicou por 5 os seus datos nos últimos dez días.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra 6 positivos de coronavirus por cada 100 PCR, por riba do 5% fixado pola OMS para o control da enfermidade
A relación entre novos positivos e probas realizadas mantívose por debaixo do 1% entre o 15 de maio e o 15 de xullo, comezando a medrar nese momento e disparándose ao chegar agosto. O dato galego, con todo, sitúase por debaixo da media do Estado.
Todo o alumnado maior de 6 anos deberá levar máscara na clase, cunha distancia de seguridade de 1,5 metros
Goberno central e comunidades autónomas acordaron este xoves unhas pautas e medidas básicas de seguridade para o regreso ás aulas. As recomendacións contradín a distancia mínima de 1 metro aprobada pola Consellaría de Educación e fan fincapé na ventilación de espazos, pero non establecen ratios máximos de alumnado.
- Documento Coronavirus
- Acontece
Sanidade propón corentena para cada clase no caso de aparecer un positivo e limita o peche de centros aos escenarios máis graves
O Ministerio de Sanidade presentou un documento de recomendacións de seguridade para a volta ás clases no que define tres escenarios posibles. A detección de dous casos será considerado un gromo e só se existe transmisión comunitaria non controlada en varios grupos se valorará o peche completo dos centros de ensino
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera o cento de persoas hospitalizadas pola covid-19, con 240 novos diagnósticos de coronavirus
A área sanitaria da Coruña suma 70 das persoas ingresadas e mantén os peores datos de incidencia, seguida de Lugo, Santiago e Ourense. Este xoves hai que sumar dous novos falecementos pola enfermidade, acadando as 635 persoas, 16 dende o inicio desta segunda fase da pandemia