A Xunta defende a súa xestión nas residencias de maiores, a pesar das críticas de familias e traballadoras
Política Social afirma que "a día de hoxe as residencias de Galicia están máis preparadas para facer fronte a unha enfermidade infectocontaxiosa". Porén, dende agosto 174 usuarios e usuarias das residencias morreron despois de contaxiarse da Covid-19, o 42% de todos os falecementos relacionados coa enfermidade
A Galicia post-Prestige chega á maioría de idade: 18 anos da catástrofe
O 13 de novembro do ano 2002 o Prestige comezou a escorar, dando inicio a unha traxedia medioambiental que provocou tamén a máis importante mobilización social da historia de Galicia. Pasaron xa 18 anos pero algunha das consecuencias daqueles feitos aínda manteñen a súa pegada na sociedade galega
A residencia de Celanova abre a porta á incorporación das familias e do persoal na súa xestión tras un acordo co Concello
A asociación de usuarios de residencias REDE celebra o pioneiro movemento, que facilita que "por vez primeira en Galicia familiares tomen parte de forma directa na xestión dun centro sociosanitario de titularidade público-privada"
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
"Tiveron tempo dende marzo para reforzar as residencias con persoal e non fixeron nada. Isto non tería que estar pasando"
Nos últimos días a asociación de traballadoras de residencias Trega denunciou as malas condicións nas que viven os usuarios e usuarias dun xeriátrico de Salvaterra do Miño intervido pola Xunta, pero a falta de persoal e de medios afectan a moitos outros centros. Falamos con Sonia Jalda, que sinala a responsabilidade do Goberno galego
O límite de 30 km/h en todas as vías urbanas: a medida que naceu en Pontevedra e outras cidades galegas comezaran xa a aplicar
Este martes o Goberno central aprobou a medida, que será obrigatoria no prazo máximo de seis meses. Varias cidades galegas xa comezaran a aprobar actuacións que ían nesta dirección. Pontevedra converteuse no ano 2011 na primeira cidade de todo o Estado que fixou o límite de '30' en todo o espazo urbano, adoptado tamén pola Coruña esta primavera
Atrasos no rastrexo levan a que docentes acudan a clase varios días sabendo que son contactos estreitos dun positivo de COVID
Falamos con Begoña, mestra no IES Menéndez Pidal da Coruña, que non foi autorizada a gardar corentena tras confirmarse un positivo doutra profesora, da que era contacto estreito. Só puido facelo cinco días despois, cando recibiu a chamada dos rastrexadores, que lle indicaron que debería telo feito dende o primeiro momento.
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
Do verde ao vermello: a Galicia urbana entrou nun mes na máxima alerta por COVID dos cuestionados mapas da Xunta
Na actualidade hai 45 concellos en nivel vermello, 28 en nivel laranxa e 42 en nivel amarelo. Porén, o sistema empregado polo Goberno galego non é un bo indicador da situación real en cada concello e corre o risco, ademais, de ser confundido cos niveis de restricións aplicados en cada localidade
Apenas seis de cada cen persoas en risco de pobreza en Galicia reciben rendas mínimas de inclusión
A Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais vén de difundir o seu informe anual, que revela que o alcance e contía da RISGA e outras axudas están por debaixo da media estatal. A entidade reclama ao Goberno central que integre de maneira automática as persoas perceptoras destas rendas no Ingreso Mínimo Vital
- Documento Escola pública
- Acontece
A Xunta recomenda ventilar as aulas uns minutos entre 3 e 6 veces cada hora para previr contaxios de COVID-19
As consellerías de Educación e Sanidade publican un documento de recomendacións que, partindo das guías difundidas pola Universidade de Harvard e o CSIC, aconsella incrementar a ventilación indicada no protocolo, renovando completamente o aire das aulas cada 10 ou 20 minutos e optando preferentemente por ventilación natural e só por ventilación forzada ou purificación do aire como últimos recursos.
- Entrevista | Francisco Cortez
- Política
"A dependencia económica institucional da prensa local galega lévaa a defender o mantemento do statu quo"
Francisco Cortez-Lobão Sineiro vén de defender na Facultade de Xornalismo da USC a súa tese de doutoramento, que analiza a cobertura das eleccións municipais de 2015 realizada por La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso e La Región. Conclúe que a súa dependencia dos poderes locais leva estes medios a ofrecer unha representación da realidade de tipo conservador.
Decenas de milleiros de persoas residen nun concello pero pasan o día noutro e son as máis afectadas polas restricións de mobilidade
Os 60 concellos que a partir deste sábado teñen peches perimetrais rexistran 150.000 movementos diarios de entrada e 120.000 de saída. Os peches permiten os desprazamentos por motivos laborais, de estudos ou sanitarios pero poden levar a atascos de tráfico e atrasos.
O persoal sanitario galego sufriu case 500 contaxios de COVID-19 nos últimos 14 días
Dende o inicio da pandemia, o número total de infeccións entre os traballadoras e traballadores dos centros sanitarios e sociosanitarios de Galicia é de case 3.000, unha cifra que foi moi importante en marzo e abril e que se volveu disparar nas últimas semanas.